Saltar ao contido

Islandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIslandia
Ísland (is) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoLofsöngur Editar o valor en Wikidata

Epónimoxeo Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 65°N 19°O / 65, -19
CapitalReiquiavik Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación364.260 (2019) Editar o valor en Wikidata (3,54 hab./km²)
Lingua oficiallingua islandesa Editar o valor en Wikidata
Relixiónluteranismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie103.004 km² Editar o valor en Wikidata
Auga2,7 % Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHvannadalshnúkur (pt) Traducir (2.109 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 17 de xuño de 1944:  (Founding of the Republic of Iceland (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataHalla Tómasdóttir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Iceland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataBjarni Benediktsson (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAlþingi , (Escano: 63) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupremo Tribunal da Islândia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal27.841.648.044 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa islandesa Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.is Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+354 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísIS Editar o valor en Wikidata
Código NUTSIS Editar o valor en Wikidata

Sitio webiceland.is Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451947

Islandia[1] (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.

Debido á súa localización na Dorsal mesoatlántica, Islandia é unha illa xeoloxicamente activa e con moita actividade volcánica; esta localización é a causante da paisaxe característica islandesa. A paisaxe do interior da illa caracterízase pola presenza de grandes chairas, montañas e glaciares. Grazas á Corrente do Golfo, Islandia posúe un clima menos rigoroso que o que lle correspondería pola súa latitude, e por iso pode desenvolverse a vida na illa.

Islandia está habitada dende o ano 874 cando, segundo o Landnámabók, o xefe noruegués Ingólfur Arnarson converteuse no primeiro habitante permanente da illa. Co paso dos séculos a illa poboouse con xentes de orixe nórdica e céltica. Entre 1262 e 1944 a illa pertenceu ás monarquías norueguesa e dinamarquesa. Até o século XX, a poboación islandesa adicouse principalmente actividades relacionadas coa pesca e a agricultura, non foi até finais deste século cando a economía islandesa comezou a desenvolverse e a virar cara a outras actividades.

Hoxe en día Islandia é un país desenvolvido, o quinto país do mundo en canto a Produto Interior Bruto per cápita e o primeiro, xunto con Noruega, en canto a desenvolvemento humano. Islandia posúe unha economía de libre mercado, baseada nos servizos, nas finanzas, na pesca e nalgunhas industrias principalmente. O turismo é un sector importante no país, xa que moita xente é atraída pola súa exótica paisaxe. A illa é membro da Organización das Nacións Unidas, da Organización do Tratado do Atlántico Norte, do Consello de Europa, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e do Consello Nórdico.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Nórdicos desembarcando en Islandia – unha reprentación do século XIX obra de Oscar Wergeland.

Ísland é un vocablo que provén da lingua nórdica antiga, que significa "terra de xeo". Con todo, de acordo coas sagas de islandeses o primeiro nome do país foi Snæland ("terra de neve"), cuñado polo mariñeiro viquingo Naddoddr, un noruegués que foi un dos primeiros poboadores das Illas Feroe, e que se converteu no primeiro nórdico en chegar á illa. Posteriormente Gardar Svavarsson, un dos primeiros islandeses, rebatizou a illa como Garðarshólma ("illotes de Gardar")[2]>[3]

O nome definitivo "Ísland" tería sido dado por Flóki Vilgerðarson, en alusión ás paisaxes de inverno do actual territorio islandés.[2] A filla de Flóki afogárase na viaxe, logo o seu gando morreu. As sagas din que abatido Flóki subiu unha montaña e viu un fiorde (Arnarfjörður), cheo de icebergs, o que o levou a darlle á illa o seu nome actual.[4] A lenda de que os poboadores viquingos escolleron este nome para disuadir a colonización da súa verde illa é un mito.[4]

Outras teorías falan de nomes recibidos antes do descubrimento noruegués da illa, como por exemplo que proveña do nome da deusa exipcia Isis. Unha última teoría conta que o nome procede dunha lingua celta, segundo teorías que din que a illa xa fora habitada antes da chegada dos viquingos, neste caso por unha tribo que se chamarían os "Iceni" que, despois de enfrontarse aos romanos contra o século I, emigrarían das illas Británicas cara ao norte chegando a Islandia, co que a orixe do nome viría de "Ice-leanbh" ou "os fillos de Iceni".[5]

A pesar de que nalgúns documentos oficiais indícase Lýðveldið Ísland (República da Islandia) como o nome oficial do país, a constitución actual do país defíneo simplemente como "Ísland" (Islandia), sen a anteposición do termo "república".[6]

Harald I recibindo o Reino de Noruega.

Aínda que existen evidencias da presenza de monxes irlandeses na illa, xeralmente considérase que Islandia foi fundada e poboada por exploradores noruegueses. O primeiro destes foi Ingólfur Arnarson, quen construíu o seu fogar en Reiquiavik, capital actual da Islandia. Ingólfur foi seguido por outros poboadores, principalmente homes noruegueses e os seus escravos irlandeses. No ano 930 fundouse o primeiro estado libre islandés, co Alþingi como principal órgano político, lexislativo e xudicial. No ano 1000 a illa adoptou o Cristianismo como relixión oficial.

O estado libre islandés durou até 1262, cando o sistema político elaborado polos primeiros poboadores sucumbiu ante o aumento do poder dos xefes islandeses. Os problemas internos e civís sucedéronse no período máis sanguento da historia da Islandia, coñecido como Sturlungaöld (narrado na Saga Sturlunga), o que levou á sinatura do Gamli sáttmáli, acordo polo que Islandia pasaba a estar baixo o dominio da coroa norueguesa. No século XIV Islandia pasou ás mans do Reino de Dinamarca e Noruega e máis tarde á Unión de Kalmar tras a unión do Reino Dano-noruegués con Suecia. Nos séculos vindeiros Islandia converteuse nun dos países máis pobres da Europa debido ás erupcións volcánicas e ao duro clima, que facían moi difícil a vida nunha sociedade que vivía exclusivamente da agricultura e da pesca.

A mediados do século XVI, o rei Christian III de Dinamarca comezou a impoñer o luteranismo en todo os seus dominios. O último bispo católico en Islandia foi decapitado en 1550, e foi despois disto cando toda a poboación se converteu ao luteranismo, a denominación cristiá predominante no país desde entón.

En 1814, no curso das Guerras napoleónicas, a unión de Dinamarca e Noruega rompeu en dous reinos separados mediante o Tratado de Kiel. Islandia, porén, seguiu dependendo de Dinamarca. A situación do país empeorou durante o século XIX, levando a que houbese emigracións masivas a América do Norte, sobre todo ao Canadá. Mentres xurdiu un novo movemento de independencia baixo o liderado de Jón Sigurðsson, inspirado polas ideoloxías románticas e nacionalistas da Europa Continental.

Reino de Islandia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Reino de Islandia.

En 1874 Dinamarca outorgoulle a Islandia a autonomía política, que foi ampliada en 1904. O Acto de Unión, un tratado con Dinamarca asinado o 1 de decembro de 1918, recoñeceu a Islandia como un Estado soberano independente unido con Dinamarca baixo a coroa dun mesmo rei. Durante a segunda guerra mundial, a ocupación alemá de Dinamarca o 9 de abril de 1940 rompeu as comunicacións entre Islandia e Dinamarca. Un mes despois, as forzas militares británicas navegaron até o porto de Reiquiavik, comezando a invasión e ocupación de Islandia polas forzas aliadas que aguantarían ao longo de toda a guerra. No verán de 1941 os británicos abandonaron a illa e a ocupación foi asumida polos Estados Unidos. Coa axuda americana, e segundo un plebiscito, Islandia volveuse formalmente unha República Independente o 17 de xuño de 1944. Fixéronse dous referendos, un sobre a independencia política de Dinamarca e outro sobre o establecemento dunha república. O referendo sobre a independencia acadou uns resultados do 97% a favor e o referendo sobre a república tivo arredor do 95% de votos a favor. As forzas de ocupación marcharon en 1946. O 5 de maio de 1951, dous anos despois de que Islandia se unise á OTAN, asinouse un acordo de defensa cos Estados Unidos e as tropas americanas volveron e quedaron como parte do tratado de defensa até o outono do 2006.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Islandia vista dende un satélite espacial
Mapa da illa de Islandia
Lago volcánico de Grímsvötn no glaciar de Vatnajökull
Dettifoss, a maior fervenza da Europa, atópase no nordeste de Islandia
O volcán Eyjafjallajökull en erupción.
(10-5-2010).

Topografía e localización

[editar | editar a fonte]

Islandia atópase no Atlántico norte ao sur do Círculo polar ártico, situada ao mesmo nivel que a illa islandesa de Grímsey no norte da costa islandesa. Ao contrario que a súa veciña Groenlandia, Islandia considérase parte da Europa, e non do continente americano, aínda que xeoloxicamente a illa pertence a ambos os dous continentes. Debido á súa cultura, economía e semellanzas lingüísticas, Islandia adoita incluírse na Escandinavia. A illa é a décimo oitava illa maior do mundo e a segunda maior de Europa, só detrás da Gran Bretaña.

Aproximadamente o 11 % da illa atópase baixo os glaciares,[7] incluído o maior de Europa, o Vatnajökull, cuns 8400 km² e un grosor medio duns 900 m.[8] A illa posúe unha costa de 4970 km, onde se sitúan a maioría das vilas, xa que o interior é practicamente inhabitábel. As vilas principais do país son Reiquiavik, Keflavík, onde se atopa o aeroporto principal, e Akureyri. A illa de Grímsey no Círculo polar ártico posúe o núcleo de poboación máis setentrional de Islandia.[9]

O único mamífero terrestre nativo que había na illa cando chegaron os primeiros humanos era o raposo ártico (Vulpes lagopus L.). O raposo chegou á illa ao rematar a idade do xeo, camiñando sobre o mar conxelado. Na illa non existen nin réptiles nin anfibios nativos. En Islandia hai arredor de 1300 especies coñecidas de insectos, unha cifra bastante baixa en comparación coa doutros países (existen arredor de 925 000 especies coñecidas no mundo). Durante a derradeira idade do xeo todo o país quedou cuberto permanentemente de neve e xeo glaciar, o que explica o pequeno número de especies que viven en Islandia.

Cando os humanos chegaron, os bosques de bidueiros cubrían aproximadamente entre o 25 e o 40 % do territorio islandés, máis en canto chegaron os primeiros habitantes, estes bosques foron tallados para a construción dos novos poboados. Durante o século XX os bosques islandeses chegaron a un mínimo histórico, chegando case a desaparecer. Dende aquela, a plantación de novos bosques fixo medrar a superficie arborada da illa, aínda que non é comparábel coa superficie que tiveron os bosques orixinarios.

Superficie

[editar | editar a fonte]
  • Total: 103 000 km²
  • Vexetación: 23 805 km²
  • Lagos: 2 757 km²
  • Glaciares: 11 922 km²
  • Ermo: 64 538 km²[10]

Actividade xeolóxica e volcánica

[editar | editar a fonte]

Un terreo xeoloxicamente novo, Islandia atópase nun punto xeolóxico quente, que se cre foi causado por unha columna de fume, na Dorsal mesoatlántica, que pasa xusto polo medio da illa. Esta situación significa, xeoloxicamente, que a illa posúe unha actividade moi forte, e ten varios volcáns activos, destacando o Hekla, o Eldgjá e o Eldfell. A erupción do Laki entre 1783 e 1784 causou unha famenta que matou preto dun cuarto da poboación da illa; a erupción causou nubes de po e unha especie de néboa que permaneceu sobre a maior parte de Europa e partes de Asia e África durante algúns meses.

Na illa tamén existen multitude de geysers (palabra derivada do nome dun dos moitos existentes en Islandia, Geysir). Grazas á dispoñibilidade da enerxía xeotérmica, e aos numerosos ríos e fervenzas que se aproveitan para enerxía hidráulica, os habitantes da maioría das poboacións teñen auga quente e calefacción a baixo prezo. A illa en si mesma está composta principalmente de basalto, unha rocha ultrabásica (moi baixa en dióxido de silicio) asociada co vulcanismo ao igual que en Hawai. Hai, porén, unha variedade de tipos de volcáns en Islandia que producen lavas máis evolucionadas, que forman rochas como a riolita e a andesita.

Islandia posúe unha das illas máis novas do mundo, a illa de Surtsey, xurdida do océano debido a unha erupción volcánica entre o 8 de novembro de 1963 e o 5 de xuño de 1968.

Lista dos maiores lagos da Islandia

[editar | editar a fonte]
  • Þórisvatn: 83–88 km²
  • Þingvallavatn: 82 km²
  • Lögurinn: 53 km²
  • Mývatn: 37 km²
  • Hvítárvatn: 30 km²
  • Hóp: 30 km²
  • Langisjór: 11,6 km²[10]

Lista dos lagos máis profundos

[editar | editar a fonte]
Strokkur, géyser no proceso de erupción. Atopada no medio da Dorsal mesoatlántica, Islandia é unha das zonas xeoloxicamente máis activas da terra.
  • Öskjuvatn: 220 m
  • Hvalvatn: 160 m
  • Jökulsárlón: 150 m
  • Þingvallavatn: 114 m
  • Þórisvatn: 113 m
  • Lögurinn: 112 m
  • Kleifarvatn: 97 m
  • Hvítárvatn: 84 m
  • Langisjór: 75 m[10]

Distancia aos países e illas máis próximas

[editar | editar a fonte]
Niños de garruchos e de araos dos cons.

O clima da costa de Islandia é oceánico frío. A quente Corrente do Golfo proporciona á zona maiores temperaturas que as que teñen outras zonas na mesma latitude no mundo. Os invernos adoitan seren benignos e ventosos, mentres que os veráns normalmente son húmidos e frescos. No mundo pódense encontrar outras rexións con climas semellantes, como as Illas Aleutianas, a península de Alasca e a Terra do Fogo (Chile/Arxentina). Existen algunhas diferenzas respecto ao clima segundo as zonas da illa. A costa sur é máis quente, húmida e ventosa que a norte. A neves son tamén máis comúns no norte que no sur. As Terras altas centrais constitúen a parte máis fría do país.

A maior temperatura rexistrada na illa foi de 30,5 C o 22 de xuño de 1939 en Teigarhorn, na costa sueste. A temperatura máis fría rexistrada foi de -38 °C o 22 de xaneiro 1918 en Grímsstaðir e Möðrudalur no interior e nordeste. O rexistro de temperatura máxima en Reiquiavik foi de 24,8 °C o 11 de agosto do 2004, e -24,5 °C o 21 de xaneiro de 1918.

Media das temperaturas máxima e mínima (°C) (1961–1990)[11]
Localización Xan Feb Mar Abr Maio Xun Xul Agost Set Out Nov Dec Media
Reiquiavik[12] 1,9 2,8 3,2 5,7 9,4 11,7 13,3 13,0 10,1 6,8 3,4 2,2 Alta 7,0
-3,0 -2,1 -2,0 0,4 3,6 6,7 8,3 7,9 5,0 2,2 -1,3 -2,8 Baixa 1,9
Akureyri[13] 0,9 1,7 2,1 5,4 9,5 13,2 14,5 13,9 9,9 5,9 2,6 1,3 Alta 6,7
-5,5 -4,7 -4,2 -1,5 2,3 6,0 7,5 7,1 3,5 0,4 -3,5 -5,1 Baixa 0,2

Vida vexetal e animal

[editar | editar a fonte]
Arao romeiro xunto a araos dos cons.

Islandia é unha illa con poucos recursos minerais e agrícolas. O curto período de tempo dende a derradeira Idade do xeo, arredor dos 10.000 anos, provocou que as plantas e os animais tivesen pouco tempo para emigraren á illa, desenvolverse e evolucionar. Aproximadamente 3 cuartos da illa atópanse baleiros de vexetación. A maior parte da vexetación consiste nas praderías, as cales constitúen o principal alimento para o gando. A única árbore nativa de Islandia é o bidueiro (Betula pubescens Ehrh.). O poboamento permanente da illa causou un grande impacto no ecosistema, no solo volcánico e na limitada biodiversidade. Os bosques foron sistematicamente tallados durante séculos para a obtención de madeira e de leña. A deforestación deu lugar á erosión e á perda de solo, o que fixo que os bosques tivesen maior dificultade para rexenerarse. Na actualidade, só se poden atopar pequenos bosques de bidueiro nalgúns lugares illados.

Os animais de Islandia son principalmente os domésticos, destacando a ovella islandesa, as vacas, e o cabalo islandés. Nas augas oceánicas que arrodean o país viven multidude de especies de peixes o que fai que a pesca, sexa un dos grandes contribuíntes á economía islandesa, constituíndo o peixe a metade das exportacións do país. Entre os mamíferos salvaxes destacan o raposo ártico, o visón, o rato, a rata, o coello e o reno. Antes do século XIX, os osos polares adoitaban visitar a illa, ao viaxaren en anacos de xeo dende Groenlandia. As aves forman a comunidade animal máis abondosa da illa. A maioría destas son aves mariñas. Destacan os araos dos cons, os arao pequenos, os araos papagaios, os araos romeiros, as aguias peixeiras e as garruchos as cales aniñan nos cantís da illa.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]
Alþingi, o parlamento nacional de Islandia, en Reiquiavik.
Colexio electoral durante as eleccións de 2009.
Os primeiros ministros dos países nórdicos, coa primeira ministra islandesa, Jóhanna Sigurðardóttir, no centro (2010).

Islandia é unha república democrática representativa parlamentaria, segundo o cal o Primeiro ministro de Islandia é o xefe de goberno. O poder executivo é exercido polo goberno. O poder lexislativo é exercido polo goberno e o parlamento, o Alþingi e o poder xudicial é independente do resto de poderes. Islandia formalizou en xullo de 2009 a súa candidatura á Unión Europea.[14] No caso de que as negociacións sigan un curso normal realizarase un referendo para que a adhesión sexa efectiva. A primeira ministra Jóhanna Sigurðardóttir é unha das principais voces favorables á integración na UE.

Poder executivo

[editar | editar a fonte]

O Presidente de Islandia, elixido por un mandato de catro anos, ten poderes limitados, sendo o primeiro ministro e o seu gabinete os que exercen as funcións executivas. O presidente exerce funcións máis cerimoniais, servindo coma diplomático, representante do país e xefe de Estado. O xefe de goberno é o primeiro ministro que, xuntamente co seu gabinete, coida da parte executiva do goberno. O gabinete é nomeado polo presidente despois de eleccións xerais para o Alþingi; con todo, este proceso é xeralmente conducido polos líderes dos partidos políticos, que deciden entre si. Só cando os líderes dos partidos son incapaces de chegaren a unha conclusión por si mesmos nun prazo razoable é o presidente quen exerce ese poder e nomea o propio gabinete, aínda que iso nunca aconteceu até o momento dende a República, fundada en 1944, mais en 1942 o rexente do país, Sveinn Björnsson, fixo nomear un parlamento non-gobernamental. O rexente tiña, para todos os efectos prácticos, a posición dun presidente, e Björnsson, de feito, tornouse no primeiro presidente do país en 1944. Os Gobernos de Islandia foron case sempre coalicións de dúas ou máis forzas debido ao feito de que ningún partido político recibiu nunca unha maioría de escanos no Alþingi durante o período da república.

A extensión dos poderes políticos do presidente son contestados por estudosos legais en Islandia; diversas disposicións da Constitución parecen dar algúns poderes importantes ao presidente, mais outras disposicións, e as tradicións, suxiren outra cousa distinta. O presidente é elixido cada catro anos, ao igual que o gabinete gobernamental e os consellos municipais.

Poder lexislativo

[editar | editar a fonte]

O parlamento moderno, chamado "Alþingi", foi fundado en 1845 como un órgano consultivo do rei danés, visto como o restabelecemento dunha asemblea fundada en 930, no período da Mancomunidade e suspensa en 1799. O Alþingi está composto por 63 membros, elixidos cada catro anos, excepto se fose disolto máis cedo. Existe sufraxio universal nas eleccións presidenciais e a idade mínima para presentar unha candidatura é de 18 anos. Os membros do Alþingi son elixidos con base á representación proporcional dos seis círculos electorais. Até 1991 o Alþingi estivo dividido entre unha cámara alta e unha baixa, pero isto foi modificado para constituír un pleno sistema unicameral.

Poder xudicial

[editar | editar a fonte]

O sistema xudicial consiste no Tribunal Supremo ou Hæstiréttur, en que os conselleiros son nomeados polo presidente de por vida, e nos tribunais comarcais. A Constitución di que o poder xudicial está separado dos restantes, neste caso, lexislativo e executivo.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Islandia divídese en rexións, circunscricións, condados e concellos.

Divisións de Islandia

As rexións son oito divisións territoriais usadas principalmente para fins estatísticos, aínda que tamén seguen esta división as xurisdicións dos tribunais de distrito e o sistema de código postal, este último con algunhas excepcións. Até o ano 2003 tamén representaban circunscricións electorais para o Alþingi, cando foron modificadas ás actuais seis: Reiquiavik norte, Reiquiavik sur, Nordés, Noroeste, Sur e Suroeste. O cambio fíxose para harmonizar o peso de cada distrito, xa que anteriormente un voto emitido nalgunha das zonas escasamente poboadas de Islandia influía máis que un voto da cidade de Reiquiavik. Aínda que este problema reduciuse co novo sistema, aínda existe.

A primeira forma de organización divide o país en oito rexións, que son empregadas principalmente para fins estatísticos; as cortes de distrito empregan unha versión máis antiga desta división para definir as súas xurisdicións.[15] Ata 2003, as circunscricións para as eleccións parlamentarias definíanse polas rexións, mais cambiaron a só seis. O cambio nesta división realizouse para equilibrar o peso das diferentes circunscricións do país, xa que anteriormente un voto nunha das áreas escasamente poboadas tiña maior influencia que un voto emitido dentro da área da capital. Este desequilibrio reduciuse co cambio de circunscricións, mais aínda persiste.[15]

Os vinte e tres condados son, para a maioría, divisións históricas. Actualmente, o país divídese en 26 maxistrados (sýslumenn, singular sýslumaður) que corresponden aos gobernos locais. Entre as súas funcións encóntranse a recadación de impostos, o rexistro civil, etc. Logo dunha reorganización das forzas de seguridade en 2007, a cal combinou os corpos policiais de múltiples condados nun só, cerca da metade dos condados quedaron a cargo deste corpo policial unido e sen un goberno local.[15]

Hai 64 municipios en Islandia, os cales regulan asuntos do goberno local, como as escolas, o transporte e o uso do solo. Os municipios son o segundo nivel administrativo de Islandia, xa que os distritos electorais non teñen relevancia máis que con fins estatísticos e electorais. Reiquiavik é, con moito, o municipio islandés máis poboado, con cerca de catro veces a poboación de Kópavogur, o segundo máis poboado.[15]

Cidades independentes

[editar | editar a fonte]

En islandés kaupstaðir, en singular kaupstaður:

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Islandia.
Xeración de enerxía xeotérmica en Islandia, enerxía que se manifesta por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, geyseres e fontes termais.

A economía tipo escandinava de Islandia é basicamente capitalista, mais cunha ampla asistencia social, baixo desemprego e unha extraordinaria equidade na distribución de ingresos. Na ausencia de recursos naturais (excepto pola abundante enerxía hidroeléctrica e xeotérmica), a economía depende principalmente da industria pesqueira, que dá lugar ao 70% das ganancias por exportacións e emprega ao 12 % da forza laboral.

A economía non só é moi sensíbel ás diminucións na cantidade de peixe senón tamén ás baixas nos prezos mundiais dos seus principais produtos de exportación: o peixe e os produtos relacionados coa enerxía: aluminio e ferrosilicio. O goberno de centro-dereita ten plans de continuar coa súa política de reducir o orzamento e o déficit por conta corrente, ao limitar os préstamos estranxeiros, conter a inflación, revisar as políticas de pesca e agricultura, diversificar a economía e privatizar as industrias estatais.

A economía islandesa estívose diversificando durante os últimos anos nas industrias manufactureiras e nos servizos. Novos desenvolvementos na produción de software, biotecnoloxía e servizos financeiros tamén están a crecer. O sector turístico tamén se está expandindo coas recentes tendencias en ecoturismo e observación de baleas. O crecemento foi bastante estábel durante o período 1996-2001 cun crecemento que roldou do 3% a 5% anual. En 2002, con todo, houbo un declive nun ambiente de recesión xeneralizado. En 2003 o crecemento volveu a repuntar e a inflación caeu do 5% ao 2%.

Crise económica de 2008/2011

[editar | editar a fonte]
Manifestación de protesta por mor da crise económica en Austurvöllur o 15 de novembro de 2008.

A crise económica de 2008 foi a maior do país, incluíndo o colapso da moeda nacional, que perdeu un 50% do seu valor fronte ao euro entre xaneiro e outubro de 2008. O 8 de outubro de 2008, o Banco Central de Islandia abandonou a súa tentativa de manter unha taxa de cambio fixa en 131 coroas por euro e o 9 de outubro, a coroa islandesa cotizábase a 340 por euro.

Ademais da moeda sucederon problemas cos principais bancos do país e houbo amplas dificultades no refinanciamento da débeda. A finais de setembro de 2008, anunciouse que o banco Glitnir sería nacionalizado, e unha semana despois o control do Landsbanki e do Glitnir foron cedidos á Autoridade Supervisora Financeira de Islandia. Esa mesma organización tomou o control do Kaupthing. O 20 de novembro de 2008 o consello de administración do Fondo Monetario Internacional aprobou un préstamo de 2 100 millóns de dólares a Islandia.[16]

Unha das causas desta crise foi que o país, ao ser unha illa moi afastada de Europa, tiña un sistema financeiro e económico máis ou menos equilibrado, e o efecto da globalización contribuíu a facilitar tanto unhas fortes entradas de diñeiro externo, como moitas facilidades aos bancos islandeses a financiarse no exterior. Este efecto, xunto ao exceso de ambición dos tres bancos privados islandeses e dalgúns novos empresarios, leváronlles a endebedarse e investir parte deste diñeiro na propia Islandia provocando fortes alzas na bolsa e no mercado inmobiliario.[17] Así, en xaneiro, o Partido Conservador viuse obrigado de deixar o poder despois de 18 anos.

A insistencia por parte do novo goberno socialdemócrata en asumir as débedas dos bancos nacionalizados polo erario público, premido polo FMI, Países Baixos e Gran Bretaña, provocou unha nova vaga de protestas que forzou ao goberno a convocar un referendo sobre o asunto. Os resultados do plebiscito foron tallantes: o 93% dos votantes rexeitaron facerse cargo das débedas bancarias. A consecuencia inmediata foi unha crise política de grandes dimensións que desembocou na creación dunha comisión de cidadáns comúns encargados de redactaren unha nova Constitución[18].

Transporte

[editar | editar a fonte]
Mapa da Hringvegur, a estrada de circunvalación.

As principais comunicacións en Islandia son por estrada. A Estrada nº 1 ou de circunvalación, coñecida en lingua islandesa como Hringvegur, enlaza as cidades máis habitadas rodeando por completo a illa, e as estradas secundarias conectan con cidades menos importantes e aldeas. Hai en total 13.028 quilómetros de vías, 4.343 delas pavimentados e 8.685 sen pavimentar.

A navegación ao longo da illa está reservada ao transporte de mercadorías, aínda que este medio de transporte tende a ser suplantado polo transporte en camións. Voos con liñas regulares conectan o Aeroporto de Reiquivik co resto de cidades importantes do país, e hai que destacar que non hai vías férreas. A pesar do seu illamento xeográfico, a compañía aérea de baixos prezos Icelandair ten operativos voos dende o aeroporto Internacional de Keflavík e o de Reiquiavik a América do Norte e cidades Europeas como Londres e Copenhaguen. O outro aeroporto da illa é de Akureyri. Tamén está comunicada co resto de Europa a través de ferrys regulares, destacando os portos para o transporte mariño de Akureyri, Hornafjörður, Ísafjörður, Keflavík, Raufarhöfn, Reiquiavik, Seyðisfjörður, Straumsvík, Vestmannaeyjar.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía de Islandia.

O 1 de decembro do ano 2008 Islandia tiña unha poboación de 319.756 habitantes. A esperanza de vida era de 81,5 anos (a cuarta máis alta do mundo). O 99,9 % da poboación estaba alfabetizada e a media de fillos por muller era de 1,91. A natureza illada de Islandia supuxo unha taxa de inmigración e unha diversidade xenética moi limitadas ao longo de centos de anos. A similitude xenética dos islandeses é, hoxe en día, motivo de estudo.

Listaxe Municipio Rexión Pob.

Reiquiavik

Kópavogur

Hafnarfjörður
1 Reiquiavik Höfuðborgarsvæði 120.165
2 Kópavogur Höfuðborgarsvæði 30.401
3 Hafnarfjörður Höfuðborgarsvæði 26.031
4 Akureyri Norðurland Eystra 17.481
5 Reykjanesbær Höfuðborgarsvæði 14.099
6 Garðabær Höfuðborgarsvæði 10.584
7 Mosfellsbær Suðurnes 8.517
8 Árborg Suðurnes 7.928
9 Akranes Vesturland 6.630
10 Fjarðabyggð Suðurnes 4.736
Censo 2009

Os islandeses falan islandés, unha lingua xermánica pertencente ao subgrupo de linguas escandinavas e, na súa gran maioría, son luteranos. A composición étnica actual é a seguinte[19]

A minoría étnica máis grande é a minoría polaca, que conta con máis de 8.000 habitantes, incluso algunhas páxinas web islandesas inclúen tamén unha versión polaca.[20]

Artigo principal: Lingua islandesa.
As runas islandesas fóronse modificando para adaptarse ao alfabeto latino.

A lingua oficial de Islandia é o islandés, unha lingua nórdica que descende do nórdico antigo. De feito, é a lingua que mudou menos dende que evolucionou do nórdico antigo, xa que ten preservado moitas flexións de verbos e substantivos. Ademais, boa parte do vocabulario islandés que se foi creando a través do tempo baséase máis nas raíces nativas das palabras que en empréstitos tomados doutras linguas. Tamén é a única lingua viva que aínda emprega a letra rúnica Þ. A lingua viva máis próxima ao islandés é o feroés.[21] Na educación, o emprego e ensinanza da lingua de sinais islandesa encóntrase regulada polo Plan de Estudos Nacional.

O inglés é amplamente empregado como a segunda lingua, do mesmo xeito que o dinamarqués. Estudar ambas linguas é obrigatorio.[22] Outras linguas comunmente faladas son o alemán, o noruegués e o sueco. A maioría aprende o dinamarqués de xeito que sexa comprensible para as persoas de fala norueguesa e sueca; frecuentemente esta lingua é denominada skandinavíska («escandinavo») polos islandeses.[23]

No canto de empregar apelidos como en toda Europa continental, os islandeses empregan patronímicos. Este sitúase detrás do nome dado á persoa, por exemplo: Ólafur Jónsson («Ólafur, fillo de Jón») ou Katrín Karlsdóttir («Katrín, filla de Karl»). Como consecuencia, as guías telefónicas ordénanse alfabeticamente segundo o primeiro nome, non o patronímico.[24]

Relixión

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Relixión en Islandia.
Igrexa no noroeste de Islandia.

Os islandeses teñen asegurada a liberdade de culto pola Constitución, aínda que a Igrexa Nacional de Islandia, pertencente ao luteranismo, é a relixión de estado. En 2023, ao redor do 58,61 % dos islandeses pertencían a esta institución. Das outras relixións, o 4,5 % eran membros da Igrexa Luterana Libre de Reiquiavik e Hafnarfjörður, o 7,7 % eran agnósticos ou ateos, o 3,83 % católicos e o resto pertecían a outras relixiónes.[25]

Dentro deste último grupo inclúense entre 20 e 25 denominacións cristiás. A relixión non cristiá máis estendida no país é a Ásatrúarfélagið, unha relixión neopagana inspirada en diversas formas de relixiosidade politeísta anteriores ao cristianismo.[26] Islandia foi o primeiro país do mundo en recoñecer unha relixión neopagá como relixión legal.[27]

Vestimentas tradicionais.

As mostras máis antigas que se coñecen son tallas en madeira que representan motivos das lendas viquingas, esculturas de temas cristiáns e algúns manuscritos miniados. Entre os séculos XVI e XVIII cobrou grande importancia a arte popular, que se enriqueceu coa elaboración de pezas de ourivaría, a confección de teas e a realización de gravados. No século XIX experimentouse un renacer artístico coa penetración das correntes vindas de Europa. Houbo un desenvolvemento da pintura de paisaxe, representada por Ásgrímur Jónsson (1876-1958) e Jóhannes Kjarval (1885-1972), e da escultura, con Ásmundur Sveinsson e Einar Jónsson, o artista máis significativo e xenial da historia moderna de Islandia.

No século XX introducíronse as correntes da arte abstracta, o surrealismo etc. Unha das figuras máis importantes da arte islandés contemporáneo é Erró, quen produciu unha obra caracterizada por unha figuración de ton crítico. En canto á música os islandeses máis internacionais son Björk e o grupo Sigur Rós.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]
O típico Þorramatur.
Björk, cantante, compositora e actriz, quizais unha das islandesas máis coñecidas a nivel mundial.
Ólafur Stefánsson coa selección de balonmán islandesa.
Eiður Guðjohnsen, o máis coñecido futbolista islandés.

A gastronomía de Islandia é unha cociña que conta con dúas vertentes principais, por unha banda a adoración polo peixe e doutra banda o gusto polas carnes (especialmente o cordeiro). Gran parte dos métodos de cociña son tradicionais, pero pode notarse unha influencia da cociña norueguesa nalgúns dos pratos. Un dos pratos máis populares é o Þorramatur.

Educación

[editar | editar a fonte]

O sistema educativo islandés é un dos máis reputados do mundo, grazas á súa cobertura e alto nivel de formación. Case o 100 % da poboación esta alfabetizada. A escolarización xeralizouse desde finais do século XVIII.

En 1907 a asistencia a clase fíxose obrigatoria para todos os nenos dos 10 aos 14 anos; antes dos 10 eran instruídos nos seus fogares. En 1946 a educación obrigatoria estendeuse dende os 6 até os 15 anos. En 1993 existían 205 escolas de ciclo completo ademais de 36 colexios secundarios e 12 establecementos para educación terciaria.

Aqueles que desexen continuar a súa educación poden asistir tamén a colexios especializados ou a escolas de linguas. A educación académica propiamente dita non comezou até 1847 coa formación do Seminario Teolóxico, seguido en 1876 pola Facultade de Medicina e en 1908 pola Facultade de Dereito.

Estas tres institucións fusionáronse en 1911 cando a Universidade de Islandia se estableceu no Centenario do nacemento de Jón Sigurdsson, e unha cuarta facultade, a de Filosofía, foi agregada, fundamentalmente relacionada con filoloxía, historia e literatura.

Á facultade de Medicina agregáronse os departamentos de cirurxía dental e farmacia en 1941 e 1957 respectivamente. Economía, con énfase en administración de empresas, foi agregada á Facultade de Dereito en 1941, mais é agora unha facultade independente. No mesmo ano foi inaugurada a Facultade de Enxeñaría e Ciencias, a cal agora confire o grao B.S. (Bacharel en Ciencias) en enxeñaría, matemáticas e ciencias naturais. Dentro da Facultade de Filosofía é posible obter o grao B.A. (Bacharel en Artes) en materias tales como inglés, francés, alemán, latín, grego, todas as linguas nórdicas, física, matemáticas, química etc.

Toda a educación en Islandia é gratuíta. Varios centros de investigación e institucións experimentais traballan en cooperación coa Universidade. A Biblioteca Universitaria é a segunda en importancia do país, despois da Biblioteca Nacional.

En 1967 foi fundado o Instituto do Manuscrito despois dun acordo alcanzado entre as autoridades danesas e islandesas asegurando o retorno dun gran número de preciosos manuscritos islandeses, preservados en Copenhaguen desde o século XVIII e comezos do XVIII. A colección inclúe a maioría dos manuscritos existentes da antiga literatura islandesa.

Artigo principal: Islandia nos Xogos Olímpicos.

O balonmán é un dos deportes máis destacados, deporte no que a selección nacional conseguiu a medalla de prata, único metal obtido nos Xogos Olímpicos de Beijing en 2008, e que supuxo o cuarto en toda a historia do país logo da prata de Vilhjálmur Einarsson en 1956 e os bronces de Bjarni Friðriksson (1984) e Vala Flosadóttir (2000).

Algúns dos deportistas máis destacados na historia de Islandia foron Jón Páll Sigmarsson e Magnús Ver Magnússon, gañadores da competición do home máis forte do mundo catro veces cada un, o xogador de fútbol Eiður Guðjohnsen ou os xogadores de balonmán Alexander Petersson, nacionalizado letón, e Ólafur Stefánsson. Con todo, o deportista islandés máis coñecido mundialmente, aínda que de orixe estadounidense, sexa o famoso xadrecista Bobby Fischer.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para islandés.
  2. 2,0 2,1 "Ingólfur Arnarson á að hafa fundið Ísland en hafði enginn komið til Íslands áður?". Vísindavefurinn (en islandés). Consultado o 2023-08-26. 
  3. "Garðarshólmi – 'The Isle of Garðar'" (en inglés). North Sailing.is. 13 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 Evans, Andre (30 de xuño de 2016). "Is Iceland Really Green and Greenland Really Icy?" (en inglés). National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de xuño de 2023. 
  5. De onde ven Islandia?
  6. "Hvert er formlegt heiti landsins okkar?". Vísindavefurinn (en islandés). Consultado o 26 de agosto de 2023. 
  7. "Icelandic glaciers". Consultado o 30 de novembro de 2006. 
  8. "Cloud-free Iceland". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-29. 
  9. "CIA - The World Factbook -- Iceland". Geography. United States Government. July 20, 2006. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2006. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "National Land Survey of Iceland". www.statice.is. Unknown Publish Date. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2004. Consultado o 6 de agosto de 2006. 
  11. Icelandic Climatic Data (English introduction), Veđurstofa Íslands (Icelandic Meteorological Office)
  12. Reykjavík weather station (#1) climactic means chart from above site
  13. Akureyi weather station (#422) climactic means chart Arquivado 19 de maio de 2006 en Wayback Machine. from above site
  14. "Iceland". www.consilium.europa.eu (en castelán). Consultado o 2022-12-10. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 (CIA 2010)
  16. O FMI aproba conceder a Islandia un préstamo de máis de 1.600 millóns
  17. Islandia o paraíso turístico, a crise económica total
  18. Los islandeses se han rebelado contra su gobierno, exigiendo que no se pague la deuda de los bancos (Rebelion.org)
  19. Statice Islandia
  20. Por exemplo www.dv.is
  21. "Las islas Feroe" (en castelán). Eik.fo. Arquivado dende o orixinal o 9 de agosto de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  22. "Icelandic Language" (en inglés). IcelandExport.is. 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2006. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  23. "Heimur – Útgáfufyrirtækið" (en islandés). Heimur.is. 2005. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  24. Ministerio de Justicia y Derechos Humanos, ed. (2002). "Information on Icelandic surnames" (en inglés). DomsmalaRaduneyti.is. Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  25. "Populations by religious and life stance organizations" (en inglés). Statistics Iceland. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  26. "Religious organisations" (en inglés). Statice.is. 2008. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  27. Fox, William B. (1993). "Allsherjargoði - Sveinbjörn Beinteinsson Remembered" (en inglés). AM First books.com. Consultado o 11 de xullo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]