Saltar ao contido

Guernsey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGuernsey
Imaxe

HimnoGod Save the King Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°27′N 2°35′O / 49.45, -2.58
CapitalSaint Peter Port Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación63.026 (2016) Editar o valor en Wikidata (808,03 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie78 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porCanal da Mancha Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoLe Moulin (en) Traducir (114 m) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1204 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
maio de 1372 (Gregoriano)Siege of Guernesey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
• Chief Minister of Guernsey (en) Traducir Editar o valor en WikidataGavin St Pier (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoStates of Guernsey (en) Traducir , (Escano: 45) Editar o valor en Wikidata
Moedalibra esterlina Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gg Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+44 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e 999 Editar o valor en Wikidata
Código de paísGG Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgov.gg Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5289013

Guernsey é unha illa na canle da Mancha parte do arquipélago das Illas da Canle. É unha posesión da coroa británica. Ten unha poboación de 58.870 persoas e a capital é Saint Peter Port. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moita da súa terra no continente europeo pero conservou as súas illas na Canle da Mancha, incluíndo Guernesey.

Ademais da illa de Guernsey, a Bailía de Guernsey (en francés Bailliage de Guernesey, en inglés Bailiwick of Guernsey) inclúe as illas veciñas de Alderney (poboación 2.400) e de Sark (poboación 610), e algunhas outras illas moi pequenas. A lexislatura elixida do territorio chámase Os Estados de Deliberación. O xefe de goberno é un administrador elixido chamado o Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado pola raíña.

Como a da veciña illa de Jersey, a economía de Guernsey baséase nos servizos financeiros como paraiso fiscal, o turismo e a agricultura. Un servizo de transbordador conecta as illas con Gran Bretaña e Francia.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Guernsey provén do [[nórdico antigo] Guerns ten unha etimoloxía incerta, posiblemente significando 'verde, corno' ou procedente dalgún nome persoal. Pola súa banda, ey significa 'illa' en nórdico antigo.[1]

Historia de Guernsey

[editar | editar a fonte]

Foi cara ao ano 6000 a.C. cando o ascenso mundial do nivel do mar transformou os ata entón promontorios do continente europeo nas actuais Illas da Canle. Neste tempo, agricultores Neolíticos poboaron as costas e construíron os dolmens e menhires. A illa de Guernsey contén tres menhires esculpidos de grande interese arqueolóxico; o dolmen coñecido como L'Autel du Dehus tamén contén unha deidad de dolmen.

Durante a súa migración a Bretaña empuxados polo asentamento en Gran Bretaña dos saxons, os Británicos ocuparon as Illas Lenur (o antigo nome das Illas Anglonormandas) incluíndo Lisia (Guernesey) e Angia (Jersey). Anteriormente pensábase que o nome orixinal da Illa era Sarnia, pero a investigación recente mostra que era o nome latino para a illa de Sark. Vindo do reino de Gwent, Santo Sansón (o abade de Dólar, na Bretaña) é acreditado coa introdución de cristianismo a Guernesey.

En 933 as illas pasaron a depender directamente do Ducado de Normandía ao anexionarse este ao Ducado da Bretaña. A illa de Guernesey e outras Illas Anglonormandas representan os últimos remanentes do Ducado medieval de Normandía. Nas illas, o soberano de Inglaterra ostenta o título de duque de Normandía.

Guernesey foi ocupado por tropas alemás na segunda guerra mundial. Antes da ocupación, moitos nenos do Guernesey foron evacuados a Inglaterra para vivir con parentes ou forasteiros durante a guerra. Algúns nenos nunca foron reunidos coas súas familias. Durante a ocupación, moitas persoas de Guernesey foron deportadas polos Alemáns a campos no suroeste de Alemaña, notablemente a Biberach un der Riss e internadas no Campo Lindele.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Guernsey#Xeografía.
Illas e illotes pertencentes á Bailía de Guernsey, que aparecen dentro das Illas da Canle

Situadas ao redor de, Alderney, Guernsey, Herm, Sark e algunhas outras illas máis pequenas teñen xuntas unha superficie total de 78 km² e costas duns 50 km. A elevación varía desde o nivel do mar ata 114 m. en Le Moulin en Sark.

Hai moitas illas, illotes, rochas e arrecifes máis pequenos na Bailía. Combinado cun rango de marea de 10 m e con correntes rápidas de ata 12 nós, isto fai que a navegación en augas locais sexa perigosa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Guernsey". Online Etymology Dictionary. Consultado o 31 de maio de 2011.