Estradas nacionais de España
As estradas nacionais de España son vías de titularidade estatal, xestionadas polo Ministerio de Fomento, e conforman a rede de estradas do estado.
Nomenclatura
editarEn 1939 o primeiro goberno franquista aprobou o Plan Xeral de Obras Públicas, elaborado baixo dirección do ministro Alfonso Peña Boeuf. O plan incluía unha Instrución de Estradas, que supuxo a primeira normativa técnica de construción de vías adaptada aos requirimentos dos coches. Amais o plan, coñecido como Plan Peña, estableceu a nomenclatura das vías:
- A primeira cifra corresponde ao sector entre estradas nacionais radiais onde nacen. No sentido das agullas do reloxo, é a cifra da estrada radial. Así, as que teñen un 5, nacen entre a N-V e a N-VI, correspondentes ás actuais A-5 e A-6.
- A segunda cifra indica a distancia de Madrid ao orixe da estrada en centenares de quilómetros: de 0 a 99 km = 0, de 100 a 199 km = 1 etc.
- A terceira é o número de orde, tendo en conta que se é par, é unha estrada de circunvalación, e se é impar é radial.
As estradas das illas Baleares levan como primeiro díxito o 7, e as illas Canarias o 8. O segundo díxito varía segundo a illa: 1 para Mallorca, 2 para Menorca, 3 para Eivissa e 4 para Formentera; 1 para Gran Canaria, 2 para Tenerife, 3 para La Palma, 4 para La Gomera, 5 para Lanzarote, 6 para Fuerteventura e 7 para El Hierro. A terceira cifra segue o mesmo criterio cás da península, en función de se é de circunvalación ou radial.
No País Vasco e Navarra as competencias en materia de estradas están transferidas aos gobernos provinciais (agás a AP-68), polo que poden existir excepcións ás regras de matriculación das estradas nacionais (como no caso da N-102 ou a N-104).
Rede de Estradas do Estado
editarAlgunhas destas estradas foron desdobradas, converténdose en autovías e autoestradas, pero mantense o seu percorrido orixinal para unha mellor comprensión. O mesmo ocorre coas estradas con tramos coincidentes, pois tamén se manteñen as estradas nacionais radiais malia que algunhas foron convertidas en autovías.
A bandeira galega indica que unha parte da estrada ou a súa totalidade discorren por Galiza.
(As estradas do País Vasco están transferidas ás Deputacións Forais de Áraba, Guipúscoa e Biscaia; e as de Navarra ao Goberno de Navarra. Algunhas estradas de Cataluña están transferidas á Generalitat de Cataluña.)
Identificador | Itinerario | Imaxe |
---|---|---|
A-2 N-II | Madrid - Zaragoza - Lleida - Barcelona - Xirona - Fronteira francesa | |
N-204 | Sacedón - Almadrones | |
N-211 | Alcolea del Pinar - Monreal - Alcañiz - Caspe - Fraga | |
N-220 | Aeroporto de Valencia - V-30 | |
N-221 | A-7 Puçol - Valencia | |
N-225 | Teruel - Castelló de la Plana - Grau de Castelló (en tramos solápase coa N-340) | |
N-230 | Lleida - Francia | |
N-231 | AP-7 Castelló sur - Castelló de la Plana | |
N-232 | Vinaròs - Alcañiz - Zaragoza - Tudela - Logroño - Pancorbo - Cabañas de Virtus | |
N-234 | Sagunt - Teruel - Burgos | |
N-235 | AP-7 - L'Aldea | |
N-236 | AP-2 - Lleida | |
N-237 | Sagunt - Porto de Sagunt | |
N-238 | AP-7 - Vinaròs | |
N-240 | Tarragona - Lleida - Huesca - Jaca - Pamplona - Altsasu - Gasteiz - Bilbao | |
N-241 | A-7 - Porto de Tarragona | |
N-260 | Portbou - Figueres - Puigcerdà - La Seu d'Urgell - Sort - La Pobla de Segur - Castejón de Sos - Campo - Aínsa - Boltaña - Fiscal - Broto - Biescas - Sabiñánigo |
(Algunhas estradas de Cataluña están transferidas á Generalitat de Cataluña.)
Algunhas estradas de Andalucía están transferidas á Xunta de Andalucía.
Identificador | Itinerario | Imaxe |
---|---|---|
A-4 ( N-IV ) | Madrid - Córdoba - Sevilla - Cádiz | |
N-400 | Toledo - Aranjuez - Ocaña - Santa Cruz de la Zarza - Tarancón - Cuenca | |
N-401 | Burguillos de Toledo - Cidade Real | |
N-403 | Toledo - Maqueda - Ávila - Adanero | |
N-420 | Montoro - Cidade Real - Puerto Lápice - Alcázar de San Juan - Cuenca - Ademuz - Teruel - Montalbán - Valdealgorfa - Reus - Tarragona | |
N-430 | Badaxoz - Mérida - Cidade Real - Albacete - Valencia | |
N-431 | Sevilla - Huelva - Portugal | |
N-432 | Badaxoz - Zafra - Córdoba - Granada | |
N-433 | El Garrobo - Rosal de la Frontera - Portugal | |
N-435 | La Albuera - Jerez de los Caballeros - Fregenal de la Sierra - San Juan del Puerto | |
N-437 | Córdoba - Aeroporto de Córdoba | |
N-441 | Peguerillas - Huelva | |
N-442 | Huelva - Mazagón | |
N-443 | Puerto Real - Cádiz | |
N-444 | A-49 - Cartaya | |
N-445 | A-49 - Lepe | |
N-446 | A-49 - Isla Cristina | |
N-447 | A-49 - Ayamonte |
(Algunhas estradas de Andalucía están transferidas á Xunta de Andalucía).