Figueres é un concello e cidade do nordés de Cataluña, capital da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. En 2018 vivían no seu concello 46.381 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaFigueres
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°16′N 2°57′L / 42.27, 2.95
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Ámbito funcional territorialComarques Gironines
ComarcaAlt Empordà Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalFigueres (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación47.879 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.480,78 hab./km²)
Número de fogares218 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie19,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porrío Manol Editar o valor en Wikidata
Altitude39 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
19 de agosto de 1811Siege of Figueras (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJordi Masquef Creus (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17600 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico972 Editar o valor en Wikidata
Código INE17066 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT170669 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webca.figueres.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450980

Xeografía

editar

Está situada a 39 m sobre o nivel do mar, na chaira altempordanesa, nas proximidades dos Pireneos e da fronteira con Francia. A 36 km da capital provincial, Xirona; a 136 de Barcelona e a 65 de Perpiñán, en Francia.

Historia breve

editar

O nome actual deriva do latín ficarias "figueiras", que era indicado como Ficaris no latín deturpado da Alta Idade Media. O conde de Empúries, Hugo IV, incendiou a vila, e anos máis tarde o rei Xaime I de Aragón, concedeulle unha carta foral en 1267. Dada a súa proximidade á fronteira francesa a vila foi fortificada, xogando un importante papel como praza forte durante a Idade Moderna e nos anos iniciais do século XIX. De feito o castelo de Sant Ferran foi mandado construír polo rei Filipe V, que encargou as trazas ao célebre enxeñeiro francés Vauban.

Arte e arquitectura

editar
 
Igrexa de Sant Pere
 
Teatro-Museo Dalí

Da antiga muralla apenas fica a torre Gorgot, integrada hoxe no Teatro-Museo Dalí. Deben salientarse ademais os monumentos seguintes:

Tradicións e cultura

editar

Figueres está considerado como o berce da sardana. As festas de Figueres son as da Santa Cruz, celebradas cada 3 de maio. O 29 de xuño celebra a festa do patrón, san Pedro.