N-640
estrada nacional española, entre Castropol e Vilagarcía de Arousa
A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).
N-640 Estrada Vegadeo - Porto de Vilagarcía de Arousa | |
---|---|
Igrexa e Casa do Concello de Monterroso, ao pé da N-640 | |
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 228 km |
Localización | |
Inicio | Barres (Castropol, Asturias) |
Fin | Vilagarcía de Arousa |
Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).
Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.