Saltar ao contido

Portal:Kirguizistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kirguizistán (en lingua kirguiz: Кыргызстан), tamén coñecido como Quirguicistán ou Quirguistán, e oficialmente como República do Kirguizistán (en kirguiz, Кыргыз Республикасы), é un país montañoso da Asia Central, sen saída ao mar e con fronteiras con Uzbekistán, Taxiquistán, Casaquistán e coa República Popular da China. A súa capital e cidade máis poboada é Bixkek.

A rexión correspondente ao Kirguizistán foi poboada no século XV e século XVI polos kirguiz, un pobo nómade turco orixinalmente situado, hai 2000 anos, no Nordeste de Mongolia e que primeiro se desprazara cara ao sur da Siberia entre o século VI e o século VIII, e logo cara á rexión de Tuva ata o século XIII. O Islam converteuse na relixión principal da rexión contra o século XII; a maior parte de kirguiz son musulmáns sunnitas da escola hanafita.

Artigo destacado

editar

Economía de Kirguizistán

A agricultura e a gandaría foron predominantes na economía do Kirguizistán ata que a industrialización promovida por sucesivos gobernos modificou a estrutura económica en case todos os antigos territorios da Unión Soviética. Malia todo, a agricultura e a gandaría constitúen máis da metade do emprego da poboación activa, e ao redor dun 40 por cento do Produto interno bruto. En todo o país, especialmente nas zonas accidentadas, dáse especialmente a gandaría (ovellas, cabalos e bovinos). Nas zonas máis baixas e planas, existe un forte sector agrícola do algodón, e froitas, resultado dunha irrigación extensiva. Tamén se cultivan tabaco, seda e flor de opio.

Actualmente, máis do 20 por cento do PIB do Kirguizistán provén do sector industrial, especialmente relacionado co gran potencial mineiro das súas terras. A extracción mineira de ouro, carbón, antimonio e uranio, entre outros, supuxo un importante acicate para a rápida industrialización. Existen ademais, depósitos de petróleo e gas natural, descubertos recentemente no val de Fergana, pero non conseguen satisfacer a demanda interna. A industria transformadora do coiro, la e carne é relativamente importante.

Imaxe destacada

editar

Iurtas no distrito de Jeti-Oguz.
Vexa o artigo Nómade.



Sabías que...?

editar

Pico Jengish Chokosu
  • ... Kirguizistán é ás veces referida co nome de Suíza da Asia Central?
  • ... que no ano 2010 o país sufriu unha revolución denominada Revolución dos tulipáns que acabou co derrocamento do agora ex-presidente Kurmanbek Bakiyev, dando lugar á creación dunha nova constitución e á celebración dunhas novas eleccións en 2011?
  • ... o kirguiz e o casaco teñen un 90% de intelixibilidade mutua?
  • ... o punto máis alto é o Pico Jengish Chokusu cunha altura de 7,439 metros e con 4,148 metros de prominencia, é a décimo sexta montaña por prominencia do mundo?
Artigos de calidade e bos

editar Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Categorías
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons