Saltar ao contido

Karl Pink

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Científico

Karl Pink, nado o 18 de xuño en Viena e finado o 15 de agosto de 1965 na mesma cidade, foi un numismático austríaco especializado na moeda imperial romana e na moeda celta.[1][2]

Traxectoria

Karl Pink cursou o seu ensino secundario no distrito vienés de Meidling e, entre 1905 e 1909, fixo na Universidade de Viena os seus estudos superiores de Filoloxía Clásica. En 1914 acadou o seu doutoramento coa tese titulada De Lactanti epitome divinarum institutionum.[1][2][3]

En 1910 ingresou na Orde do Císter na abadía Wilhering (co nome de Severin), estudou teoloxía católica e foi ordenado sacerdote en 1914. Máis tarde foi profesor de latín e de grego no instituto de Wilhering e en 1922 foi nomeado párroco de Penzing. En 1924 acadou tamén o doutoramento en Teoloxía.[1][2]

Logo da súa secularización regresou a Viena, onde inicialmente exerceu como catequista e como profesor de relixión en escolas de ensino primario e secundario. En 1928 traballou como conservador no Gabinete Numismático (Münzkabinett) do Kunsthistorisches Museum de Viena, baixo a dirección de Fritz Dworschak. Neste gabinete reorganizou as coleccións antigas de moedas baseándose en principios modernos, e tamén a súa importante biblioteca, que distribuíu por temas.[1][2]

En 1933, Pink acadou a súa habilitación docente en numismática na Universidade de Viena, co seu traballo Die Münzprägung der Ostkelten und ihrer Nachbarn ("As cuñaxes dos celtas orientais e dos seus veciños").[1] Inicialmente exerceu como profesor privado e despois ingresou no corpo docente da universidade.[2]

E 1938, logo do Anschluss, Karl Pink foi expulsado da universidade e do Münzkabinett por non ser de pura raza aria e por motivos ideolóxicos. Xa o 12 de marzo dese ano, algúns colegas seus con uniforme marrón impedíronlle a entrada no Kunsthistorisches Museum e a partir do segundo semestre impedíuselle tamén o seu exercicio na Universidade de Viena. A partir dese momento dedicouse de cheo durante un tempo á vida relixiosa.[2]

Logo da segunda guerra mundial, desde 1945 ata a súa xubilación en 1946 reingresou no Kunsthistorisches Museum como conservador das moedas antigas. A partir de 1946 retomou a docencia como profesor titular de Numismática na universidade ata 1954.[2]

O seu campo principal de investigación foi a moeda do Imperio Romano, sinaladamente a do século III, e as emisións dos pobos celtas.[2]

Karl Pink faleceu en Viena o 15 de agosto de 1965 e foi soterrado no cemiterio municipal Meidlinger Friedhof, de Meidling, en Viena.[4]

Recoñecementos

Publicacións

A revista Numismatische Zeitschrift publicou en 1965 unha listaxe dos artigos publicados por Karl Pink ao longo da súa carreira.[7][8][9]

Monografías

  • (1930). Die Silberprägung der Diocletianischen Tetrarchie. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena.
  • (1931). Die Goldprägung des Diocletianus und seiner Mitregenten. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena.
  • (1936). Neue forschungen und wege in der römischen numismatik. Carl Georgi, Bonn.
  • (1937). Keltisches Silbergeld in Noricum. Ferdinand Berger, Viena.
  • (1938). Römische und byzantinische Gewichte in österreichischen Sammlungen. Rohrer, Baden bei Wien.
  • (1939). L'impero di Roma nelle monete del Norico nelle raccolte e negli studi numismatici austriaci. Istituto di studi romani, Roma.
  • (1939). Die Münzprägung der Ostkelten unter ihrer Nachbarn. Klinkhardt & Biermann, Braunschweig.
  • (1952). The triumviri monetales and the structure of the coinage of the Roman Republic. American Numismatic Society. Nova York.
  • (1960). Einführung in die keltische Münzkunde, mit besonderer Berücksichtigung des österreichischen Raumes. F. Deuticke. Viena.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Karl Pink". En Nachlässe in Österreich - Personenlexikon.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Dembski, G. (2003).
  3. "Archivinformationssystem: Pink, Karl Severin". Universität Wien. Universitätsarchiv.
  4. Localización da tumba de Karl Pink Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Wien, Meidlinger Friedhof, Abteilung 4, Gruppe 7, Nr. 127.
  5. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  6. "Die Eckhel Medaille". Sitio web da OENG.
  7. "Karl Pink (1884-1965): Schriftenverzeichnis". En Numismatische Zeitschrift. 81. 1965. Páxinas 77-78
  8. "Pink, Karl". WorldCat Identities.
  9. "Pink, Karl 1884-1965". Digital Library Numis.

Véxase tamén

Bibliografía