Saltar ao contido

Eduard Holzmair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduard Holzmair
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1902
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte23 de decembro de 1971 (69 anos)
Viena.
Austria Austria.
Lugar de sepulturaCemiterio de Dornbacher. 
País de nacionalidadeAustríaca
Educación Universidade de Viena
Actividade
Campo de traballoNumismática, historia e museoloxía.
Ocupaciónprofesor universitario, numismático, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Premios
(1967): Medalla Eckhel (ÖNG).

Eduard Holzmair, nado en Viena o 4 de outubro de 1902 e finado na mesma cidade o 23 de decembro de 1971, foi un numismático e historiador económico austríaco, director do Gabinete Numismático de Viena.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eduard Holzmair naceu en Viena o 4 de outubro de 1902 e alí cursou a súa educación primaria e secundaria.[1][2]

Logo dun breve período traballando no Banco Anglo-Austríaco (Anglo-Österreichischer Bank), Holzmair iniciou en 1926 os seus estudos superiores de Lingua e Literatura Alemás, Historia, Ciencias Históricas Auxiliares e Arte na Universidade de Viena. Entre 1929 e 1931 ingresou no Instituto de Investigación Histórica de Austria, da mesma universidade, e durante ese curso preparou a súa tese titulada Eckehart und Tauler. Ein Vergleich ("Eckehart e Tauler. Unha comparación", coa que acadou o doutoramento en 1931.[1][2]

A carreira profesional de Hiolzmair estivo moi vinculada ao Gabinete Numismático de Viena, no que traballou desde 1929 como voluntario e desde 1931 como conservador axudante. Finalmente, en 1949 sucedeu a August Loehr na dirección do Gabinete, posto que desempeñou ata a súa xubilación en 1967.[1][3] Ese último ano asumiu tamén, efemeramente, o cargo de director do Museo de Historia da Arte de Viena (Kunsthistorisches Museum), que alberga o gabinete numismático.[2][4]

Paralelamente á súa actividade no Gabinete Numismático de Viena, Holzmair foi desde 1949 profesor a título particular e a partir de 1959 profesor asociado de Numismática e Historia do Diñeiro na Universidade de Viena.[1][2][3]

Entre outras entidades asociativas, Holzmar pertenceu á xunta directiva da Sociedade Numismática Austríaca, en condición de vicepresidente, entre 1950 e 1968.[1][2][3]

Eduard Holzmair finou en Viena o 23 de decembro de 1971 e foi soterrado no cemiterio de Dornbacher.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos dos publicados por Eduard Holzmair ao longo da súa carreira:[6][7]

  • (1937). Medicina in nummis: Sammlung Dr. Josef Brettauer (con J. Brettauer). Autoedición, Viena.
  • (1946). Münzgeschichte der österreichischen Neufürsten. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena.
  • (1948). Münzkunst in Österreich. Wolfrum, Viena.
  • (1948). Österreichische Münzprägungen, 1519-1938 (con A. Loehr e V. von Miller). 2 volumes. Verein der Museumsfreunde, Viena.
  • (1958). Bundessammlung von Medaillen: Münzen und Geldzeichen. Kunsthistorisches Museum, Viena.
  • (1959). Münzfunde 1946-1950 und 1951-1955. F. Berger, Viena.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Löscher, M. (2020).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Koch, B. (1972).
  3. 3,0 3,1 3,2 Hävernik, W. (1971).
  4. Holzmair, E. (1972). "Meine Tätigkeit in der Bundessammlung von Medaillen, Münzen und Geldzeichen in den Jahren 1929-1967". En Numismatische Zeitschrift. ÖNG. Nº 78/88. Páxinas 8-15.
  5. "Die Eckhel Medaille". Sitio web da ÖENG.
  6. "Holzmair, Eduard 1902-1971 Arquivado 25 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  7. "Holzmair, Eduard". WorldCat Identities.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]