Friedrich Imhoof-Blumer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1838 Winterthur, Suíza |
Morte | 26 de abril de 1920 Winterthur Cantón de Zürich Suíza |
Lugar de sepultura | Rosenberg cemetery (en) , 204.822 |
País de nacionalidade | Suíza |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Influencias en | |
Familia | |
Parentes | Richard Biedermann-Imhoof, sobriño |
Premios | |
- (1888): Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Friedrich Imhoof-Blumer, nado o 11 de maio de 1838 en Winterthur, no Cantón de Zürich, e finado o 26 de abril de 1920 na mesma cidade, foi un numismático suízo.[1][2][3][4]
A partir do seu matrimonio en 1862 con Elisabeth Blumer, cambiou o seu apelido orixinal "Imhoof" polo composto "Imhoof-Blumer".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Friedrich Imhoof-Blumer era fillo do empresario Friedrich Ludwig Imhoof e da súa esposa Sophie Hotze, naturais de Glaris. Logo da súa formación inicial cursou estudos de comercio en Winterthur e uniuse á empresa familiar.[1]
O seu interese polo coleccionismo de moedas manifestouse xa de neno, e en 1862 adquiriu a primeira peza da súa colección. Grazas aos negocios de importación e exportación do seu pai, Imhoof-Blumer puido establecer contactos con Grecia, Turquía e Oriente Medio, que aproveitou para facer numerosas adquisicións de pezas. As súas clases de linguas e de historia co profesor Hermann Hitzig (1843-1918) servíronlle para dotar a súa colección dunha sólida dimensión científica, que se manifestou nas súas publicacións.[3]
A súa colección experimentou un notable avance en 1866, aos seus 28 anos, cando puido adquirir unha extensa colección de moeda suíza aos herdeiros do conselleiro do Goberno de Berna Carl Friedrich Ludwig Lohner.[3] En 1870, cando tiña 32 anos, retirouse definitivamente dos negocios da súa familia e pasou a ocuparse en exclusiva do coleccionismo de moedas e o seu estudo ata o final da súa vida.[1][3]
Finalmente, Imhoof-Blumer acabou por vender en 1900 a súa nutrida colección ao Gabinete Numismático de Winterthur (Münzkabinett und Antikensammlung der Stadt Winterthur), naquel momento ao abeiro da biblioteca da cidade, da que el fora director desde 1861. Con esta operación, que contou con Theodor Mommsen como mediador, o Münzkabinett incrementou os seus fondos en arredor de 21.000 pezas e pasou a posuír a mellor colección de moeda suíza de todo o país. Pola súa banda, Imhoof-Blumer empregou o diñeiro recadado en establecer unha fundación coa que financiar, mediante bolsas, a formación de novos numismáticos, entre os destacan, entre outros, algúns da relevancia de Kurt Regling ou Behrendt Pick.[3]
Nesa época, Imhoof-Blumer comezou a conformar a súa segunda colección numismática, que tras a súa morte pasou ás mans do seu xenro, o doutor Oscar Bernhard (1861-1939). En 1927, Kurt Regling puido adquirir arredor de 2.000 destas moedas e doarllas ao Gabinete Numismático de Berlín.[3]
Paralelamente á súa colección de moedas, Imhoof-Blumer foi elaborando unha colección de moldes en cera de moedas da Antiga Grecia que ía conseguindo facer durante as súas viaxes. A partir destes moldes, a súa neta, Lily Sulzer, foi elaborando ao longo dos anos arredor de 100.000 xogos de reproducións en xeso destas moedas, que aínda son na actualidade unha ferramenta de referencia para o estudo da moeda grega.[3]
Imhoof-Blumer foi quen de complementar a súa dedicación ao coleccionismo numismático co afondamento noutros temas relacionados, como a mitoloxía grega, a filoloxía e a arqueoloxía, e das súas publicacións xurdiron novos métodos de investigación que aínda permanecen vixentes.[3]
Foi membro correspondente das academias de Ciencias de Prusia, Baviera, os Países Baixos[5] e Austria.[3] Tamén foi membro correspondente estranxeiro da Académie des inscriptions et belles-Lettres de París.[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1870): Doutor Honoris Causa pola Universidade de Zürich.[3]
- (1888): Medalla da Royal Numismatic Society.[7]
- (1895): Condecoración Pour le Mérite das Ciencias e as Artes.[3]
- Membro de honra da Sociedade de Promoción dos Estudos Helénicos.
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- (1871): "Zur Münzkunde und Palaeographie Boeotiens". En Numismatische Zeitschrift. Nº. 3. Viena. Páxinas 321-387.
- (1878): "Die Münzen Akarnaniens". En Numismatische Zeitschrift. Nº 10. Viena. Páxinas 1-180.
- (1879): Porträtköpfe auf römischen Münzen der Republik und der Kaiserzeit. Für den Schulgebrauch. Teubner, Leipzig 1879 (2ª edición, aumentada, en 1892).
- (1883): Monnaies Grecques. Müller, Ámsterdam.
- (1884): Die Münzen der Dynastie von Pergamo. Berlín.
- (1885): Porträtköpfe auf antiken Münzen hellenischer und hellenisierter Völker. Teubner, Leipzig.
- (1887): A numismatic commentary on Pausanias (con Percy Gardner). Londres.
- (1889): Tier- und Pflanzenbilder auf Münzen und Gemmen des klassischen Alterums (con Otto Keller). Leipzig.
- (1897): Lydische Stadtmünzen. Leipzig.
- (1901): Kleinasiatische Münzen. I. Viena.
- (1902): Kleinasiatische Münzen. II. Viena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Friedrich Imhoof-Blumer". En Dictionnaire historique et biographique de la Suisse. T. IV. Neuchâtel. 1928. Páxinas 207-208.
- ↑ Zäch, B. (2007) Arquivado 12 de maio de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 Bloesch, H. (1974).
- ↑ "Friedrich Imhoof-Blumer (1838-1920), Numismatiker Arquivado 29 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Stadtliebe.ch
- ↑ "F. Imhoof Blumer (1838 - 1920)". KNAW Past Members.
- ↑ "Imhoof-Blumer Friedrich". Comité des travaux historiques et scientifiques. École nationale des chartes.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Babelon, E. (1922). "Fr. Imhoof-Blumer". En Revue numismatique. 25. Société français de numismatique. Páxinas 89-94.
- Bloesch, H. (1974). "Imhoof, Friedrich". En Neue deutsche Biographie. T. X. Berlin. Páxinas 156-157. ISBN ISBN 3-428-00191-5
- Diehl, C. (1920). "Éloge funèbre de M. Imhoof-Blumer". En Comptes-rendus de l’Académie des inscriptions et belles-lettres (CRAI). Páxinas 165-167.
- Engeli, A. (1924). "Friedrich Imhoof-Blumer, 1838-1920". En Neujahrsblatt der Stadtbibliothek Winterthur. 258.
- O. W (1918). "Zum 80. Geburtstag von Friedrich Imhoof-Blumer". En Die Schweiz. Nº 22. Páxinas 217-220.
- Regling, K. (1922). "Nachruf auf Friedrich Imhoof-Blumer". En Zeitschrift für Numismatik. Nº. 33. Páxinas 134-139.
- Schazmann, J. (1920). "Fr. Imhoof-Blumer". En Revue suisse de numismatique. 22. Schweizerische Numismatische Gesellschaft. Páxinas 145-151.
- Von Kaenel, H-M. (1990). "Friedrich Imhoof-Blumer (1838–1920) – ein bedeutender Winterthurer Gelehrter, Sammler und Mäzen". En Winterthurer Jahrbuch. Nº 37. Páxinas 81-95. ISSN 1422-0725.
- Von Kaenel, H-M. (2012). "Imhoof-Blumer, Friedrich". En Kuhlmann, P.; Schneider, H. Geschichte der Altertumswissenschaften. Biographisches Lexikon (= Der Neue Pauly. Supplemente. Nº 6). Metzler, Stuttgart. ISBN 978-3-476-02033-8
- Zäch, B. (2007). "Friedrich Imhoof-Blumer (1838-1920)". En Compte rendu 54. International Numismatic Council. Páxinas 30-36.