Saltar ao contido

polbo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «polbo».
  • Pronuncia: [ˈpɔl.β̞ʊ] (AFI)
Polbo, Octopus vulgaris Cuv., no Acuarium Finisterrae da Coruña.
Ración de Polbo á feira servido no seu típico prato de madeira de bidueiro.
O famoso polbo Paul, o polbo oráculo, no momento de decidirse pola urna coa bandeira de España, que prognosticaba a súa vitoria na Final do Mundial de Fútbol de 2010, no Sea Life Center de Oberhausen, Alemaña.

Substantivo masculino

polbo (sg: polbo; pl: polbos)

  1. (Zooloxía, alimentación) Molusco cefalópodo octópodo, Octopus vulgaris Cuvier, da familia dos octopódidos, caracterizado pola súa masa visceral globosa, recuberta polo manto (coñecida popularmente como "cabeza"), da que saen oito grandes tentáculos ("patas", "brazos" ou raxos) con dúas ringleiras de ventosas; de tamaño grande (a "cabeza" mide até o 25 cm de lonxitude, e os "brazos" até 1 m, acadando os adultos até os 8 kg de peso); habita en todos os mares e abunda no Atlántico oriental, desde a costa sur de Inglaterra até o Senegal, así como nos Azores, Canarias e Cabo Verde. Comestíbel, a súa carne é moi apreciada, especialmente en Galicia, onde constitúe un dos seus "pratos nacionais".
  2. (Zooloxía, alimentación) Por extensión, nome que se lles a calquera dos membros da familia dos octopódidos, que agrupa a maior parte das especies da orde dos octópodos. Entre eles podemos citar, por estar presente nas augas galegas, a Eledone cirrhosa (Lamarck), o polbo branco ou cabezudo.

Termos relacionados

Traducións