Vincent (filme)
Aparencia
Vincent | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Vincent |
Director | Tim Burton |
Produtor | Rick Heinrichs |
Guión | Tim Burton |
Intérpretes | Vincent Price (narrador) |
Música | Ken Hilton |
Fotografía | Victor Abdalov |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | Buena Vista Distribution |
Estrea | 1982 |
Duración | 5:52 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $60.000 |
Na rede | |
Vincent é unha curtametraxe de stop motion escrita, deseñada e dirixida por Tim Burton e Rick Heinrichs que foi estreada en 1982. Curtametraxe de culto narrada por Vincent Price na versión orixinal.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Vincent Malloy soña obsesivamente con ser o actor Vincent Price e as súas desexos provocan a preocupación da súa nai. A súa mente, que non distingue xa o mundo real do mundo das súas fantasías, vive absorta na encarnación dos diversos papeis do seu admirado actor, especialmente aqueles inspirados na obra do escritor Edgar Allan Poe. Todo iso fai nacer nel unha escura concepción da vida, que o converte nun ser solitario e marxinal.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1983: Festival de Ottawa: Premio da audiencia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)