Alice in Wonderland (filme de 2010)
Alicia no país das marabillas | |
---|---|
logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Alice in Wonderland |
Director | Tim Burton |
Produtor | Richard D. Zanuck Joe Roth Suzanne Todd Jennifer Todd |
Guión | Linda Woolverton |
Baseado en | Alicia no País das marabillas e Alicia do outro lado do espello de Lewis Carroll |
Intérpretes | Johnny Depp Anne Hathaway Helena Bonham Carter Crispin Glover Mia Wasikowska |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Dariusz Wolski |
Montaxe | Chris Lebenzon |
Estudio | Roth Films Team Todd Tim Burton Productions The Zanuck Company |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $200 000 000[1] |
Recadación | $1 025 467 110 |
Filme seguinte | Alice Through the Looking Glass |
Na rede | |
http://www2.disney.co.uk/DisneyMovies/alice | |
Alice in Wonderland é un filme estadounidense dirixido por Tim Burton que se estreou no 2010. O filme baséase na novela de 1865 de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas e a súa continuación Alicia do outro lado do espello (Through the looking-glass, and what Alice found there, de 1871).
Sinopse
[editar | editar a fonte]Alicia (Mia Wasikowska), unha rapaza de 19 anos, asiste a unha festa da alta sociedade, chea de xente aburrida, que se celebra nunha mansión vitoriana. Cando se decata de que está a piques de recibir publicamente unha proposta de matrimonio, sae correndo tras un coello branco, ó cal segue a través dun burato e vai a parar ó País das Marabillas, un lugar que xa visitara dez anos antes, aínda que non o lembra. Este país era un reino pacífico ata que a Raíña Vermella (Helena Bonham Carter) derrocou á súa irmá, a Raíña Branca (Anne Hathaway), pero as criaturas que viven nel, están dispostas a rebelarse e agardan contar coa axuda de Alicia. Ó mesmo tempo, axudarán á rapaza a lembrar a súa primeira visita ó fantástico reino. Baseada no popular libro de Lewis Carroll e ambientada dez anos despois dos feitos que nel se relatan.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mia Wasikowska como Alicia
- Johnny Depp como Tarrant Hightopp, o Sombreireiro Tolo.
- Helena Bonham Carter como Iracebeth, a Raíña Vermella.
- Anne Hathaway como Mirana, a Raíña Branca.
- Crispin Glover como Ilosovic Stayne.
- Marton Csokas como Charles Kingsley, pai de Alicia.
- Lindsay Duncan como Helen Kingsley, nai de Alicia.
- Jemma Powell como Margaret, irmá de Alicia.
- Frances de la Tour como Imogene, tío de Alicia.
- John Hopkins como Lowell, marido da irmá de Alicia.
- Tim Piggott-Smith como Lord Ascot
- Geraldine James como Lady Ascot
- Leo Bill como Hamish Ascot, prometido de Alicia.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2010: 2 Oscars: Mellor dirección artística e vestiario. 3 nomeamentos: efectos visuais.
- 2010: Globos de Ouro: 3 nomeamentos, incluíndo Mellor filme comedia ou musical.
- 2010: 2 Premios BAFTA: Mellor vestiario e maquillaxe. 5 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en inglés)