Saltar ao contido

Family Dog (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Family Dog
FormatoComedia
Creado porBrad Bird
Desenvolvido por
Dirixido porChris Buck
Intérpretes
Tema de aperturaDanny Elfman
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Canadá
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios10
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Duraciónminutos
Distribuidor
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Primeiro episodio23 de xuño de 1993
Derradeiro episodio28 de xullo de 1993
Na rede
IMDB: tt0105996 Filmaffinity: 509782 Allocine: 7060 Metacritic: tv/family-dog TV.com: shows/family-dog Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Family Dog é unha serie de televisión animada estadounidense creada por Brad Bird que se emitiu orixinalmente dende o 23 de xuño até o 28 de xullo de 1993 a través de CBS. Conta a historia dunha familia suburbana, os Binsfords, a través dos ollos do seu can chamado Jonah.[1][2] A serie foi a primeira colaboración entre os produtores executivos Steven Spielberg e Tim Burton.

Atrasado durante anos e mal recibido pola crítica, este programa foi cualificado como "un dos maiores fiascos na historia da animación televisiva, tanto a nivel creativo como comercial, a pesar (e en moitos sentidos como consecuencia) do talento detrás do proxecto".[3] Un crítico observou que o principal problema coa serie era que "a familia Binford era tan repulsivamente egoísta que o interese da audiencia nas súas aventuras era nulo".[4]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Martin Mull como Skip Binsford, o pai
  • Molly Cheek como Bev Binsford, a nai
  • Danny Mann como Jonah, o can da familia
  • Zak Huxtable Epstein como Billy Binsford, o fillo
  • Cassie Cole como Buffy Binsford, a filla
  1. Scott Blakey (27 de xaneiro de 1994). "Spielberg-burton Collaboration A Weary, Predictable Dog". Chicago Tribune (Tribune Publishing). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  2. Daniel Cerone (9 de xullo de 1991). "Cbs Is Still Trying To Fix 'Family Dog'". Orlando Sentinel (Tribune Publishing). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2010. 
  3. Perlmutter, David (2018). The Encyclopedia of American Animated Television Shows. Rowman & Littlefield. p. 189. ISBN 978-1538103739. 
  4. Erickson, Hal (2005). Television Cartoon Shows: An Illustrated Encyclopedia, 1949 Through 2003 (2nd ed.). McFarland & Co. pp. 313–314. ISBN 978-1476665993. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]