Saltar ao contido

Walter Hävernick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalter Hävernick
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1905.
Hamburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1983 (78 anos)
Hamburgo.
Alemaña Alemaña
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade de Hamburgo.
Universidade de Frankfurt.
Universidade de Múnic.
Q89547790Director do Museo de Historia de Hamburgo.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Lugar de traballo Hamburgo Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncatedrático, numismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Hamburgo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias en
Obra
DoutorandoPeter Berghaus, Vera Hatz, Gert Hatz.
Premios
(1953): Medalla Huntington (ANS).

Walter Hävernick, nado o 23 de xaneiro de 1905 en Hamburgo e finado o 23 de xaneiro de 1983 na mesma cidade, foi un numismático e folclorista alemán, director do Museo de Historia de Hamburgo entre 1946 e 1973.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Walter Hävernick pertencía a unha familia acomodada de Hamburgo. Era fillo do comerciante Hans Hävernick e de Ella Kulow.[2]

Logo de iniciar en 1924 os seus estudos universitarios de Historia, Antigüidade Alemá, Folclore e Historia da Arte nas universidades de Frankfurt, de Múnic e de Hamburgo, en 1929 graduouse nesta última cunha tese dirixida por Friedrich Keutgen titulada "O pffennig de Colonia nos séculos XII e XIII").[1][2]

Os catro anos seguintes pasounos como colaborador en prácticas no Museo de Historia de Hamburgo e en 1935 ingresou como conservador do gabinete numismático ducal de Gotha, onde se dedicou á catalogación dos tesouros de moeda medieval achados en Turinxia.[1][2]

En 1937, Hävernick acadou a súa habilitación como profesor universitario de Antigüidade e Folclore Alemán, baixo a dirección de Otto Lauffer, daquela director do Museo de Historia de Hamburgo e ao mesmo tempo profesor desa mesma especialidade na Universidade de Hamburgo. En 1943 acadou a habilitación como profesor de Numismática e Historia Monetaria das Idades Media e Moderna na Universidade de Jena, onde tamén exerceu como profesor.

En 1945 regresou a Hamburgo e comezou a ensinar na universidade desa cidade de xeito independente. O ano seguinte encomendóuselle provisionalmente a xestión do Museo de Historia de Hamburgo e a partir do 1 de abril de 1947 tomou o relevo de Lauffer como director do museo e profesor de Folclore na universidade, postos que ocupou ata a súa xubilación en 1973.[1][2]

Nesa mesma época, fundou a revista Hamburger Beiträge zur Numismatik ("Contribucións de Hamburgo á numismática"), que se converteu na principal revista científica desta materia en Alemaña durante varias décadas.

Logo da constitución da República Federal de Alemaña en 1950, xunto con Hans Gebhart e co apoio da Conferencia Permanente de Ministros de Educación, fundou a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, cuxo labor principal era a coordinación das actuacións dos gabinetes numismáticos existentes nos diversos estados federais. Hävernick foi o presidente da Comisión ata 1974.[1]

Tumba de Walter Hävernick no cemiterio de Ohlsdorf

Coa creación da Comisión Numismática, Hävernick logrou restituír os contactos científicos cos países veciños (sinaladamente con Suecia) que se viran interrompidos na etapa nacional socialista, e mesmo, entre 1953 e 1973, o propio Hävernick chegou a ser membro da xunta directiva da Comisión Internacional de Numismática.[3]

Nas décadas de 1960 e 1970, Hävernick foi abandonando progresivamente o mundo numismático nas súas investigacións en favor do folclore e a cultura cotiá, ata a súa xubilación en 1973. O seu libro Schläge als Strafe ("Malleiras como castigo"), de 1970, foi visto como unha defensa do abuso educativo, o que o fixo obxecto de duras críticas en revistas de educación, de psicoloxía e de lexislación.[4][5]

Hävernick finou en Hamburgo en 1983 o día do seu aniversario e foi soterrado xunto coa súa familia no cemiterio de Ohlsdorf, na mesma cidade.[6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das monografías máis representativas da traxectoria académica de Walter Hävernick:[8][9][10]

  • (1930). Der Kölner Pfennig im 12. und 13. Jahrhundert. Periode der territorialen Pfennigmünze. Kohlhammer, Stuttgart.
  • (1935). Die Münzen von Köln. Die königlichen und erzbischöflichen Prägungen der Münzstätte Köln, sowie die Prägungen der Münzstätten des Erzstifts Köln. Vom Beginn der Prägung bis 1304. Neubner, Colonia.
  • (1936). Das hessische Münzwesen. Elwert, Marburgo.
  • (1955). Die mittelalterlichen Münzfunde in Thüringen. Fischer, Jena.
  • (1964). „Schläge“ als Strafe. Ein Bestandteil der heutigen Familiensitte in volkskundlicher Sicht. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo.
  • (1970). Schläge als Strafe : ein Bestandteil der heutigen Familiensitte in volkskundlicher Sicht. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo.
  • (1975). Numismatik - Aufgabe und Erlebnis 1920-1973. Ein persönlicher Abschlußbericht. Hamburger Museumsverein, Hamburgo.

Premio Walter-Hävernick

[editar | editar a fonte]

A Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, creada por Hävernick en 1950, creou en 2012, na súa memoria, o Premio Walter-Hävernick, dotado con 2.000 euros e destinado a científicos menores de 35 anos autores de teses exemplares ou outros traballos monográficos sobre calquera área da numismática, escritos en alemán, en inglés ou en francés. Á parte da dotación económica, os gañadores tamén reciben unha medalla creada en 2015 polo medallista Carsten Theumer.[11]

Estes son os gañadores desde a súa creación:[11][12]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Hatz, G. (2005). Páxina 1.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Prof. Dr. Walter Hävernick Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Hamburger Persönlichkeiten.
  3. Hatz, G. (2005). Páxina 2.
  4. Véxase (1970) en "Publicacións".
  5. Recensión da obra: "Züchtigung durch Mutter". En Der Spiegel. Nº 17. 22 de abril de 1964.
  6. "Familiengrab Hävernick (R24,132)". Fredriks.de
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  8. "Hävernick, Walter 1905-1983". WorldCat Identities.
  9. "Walter Hävernick". Deutsche National Bibliothek.
  10. "Hävernick, Walter". Regesta Imperii.
  11. 11,0 11,1 "Walter-Hävernick-Preis". Sitio web da NKLBD.
  12. "Bernhard Weisser: Laudatio für Angela Berthold, Walter-Hävernick-Preis 2012". Sitio web da NKLBD.
  13. "Die Verleihung des Walter-Hävernick-Preises für Numismatik an Angela Berthold". En MünzenWoche. 10 de xaneiro de 2013.
  14. "Wienand, Johannes". En Coins Weekly. 5 de decembro de 2019.
  15. "Verleihung des Walter-Hävernick-Preises 2013". En NNB 9/13. Páxinas 1-2.
  16. "Alexa Küter erhält den Walter-Hävernick-Preises 2014". En MünzenWoche. 31 de xullo de 2014.
  17. "Walter-Hävernick-Preis 2015 an Stefan Roth verliehen". Sitio web da NKLBD.
  18. "Johannes Nollé: Laudatio zum Walter Hävernick-Preis 2016 für Simone Killen". Sitio web da NKLBD.
  19. "Johannes Hartner wird Nachfolger von Michel Alram". En MünzenWoche. 30 de xullo de 2020.
  20. "Steinbach, Sebastian". In Coins Weekly. 2 de novembro de 2016.
  21. "Walter-Hävernick-Preis 2018". Muenzen-online.com
  22. "Ein alter Münz-Schatz in der Michaelskirche: Johannes Peter untersucht Fuldaer Brakteaten". En Fuldaer Zeitung. 26 de xullo de 2020.
  23. "Laudatio für den Walter-Hävernick-Preis". Numismatische-kommission.de
  24. "Gutachten für den Walter-Hävernick-Preis 2022 der Nachwuchsstiftung der Numismatischen Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland e. V. Ehsan Shavarebi". Numismatische-kommission.de
  25. "Walter-Hävernick-Preis 2023 Masterarbeit von Samuel Oer de Almeida". Numismatische-kommission.de
  26. "David Wigg-Wolf: Laudatio auf Rahel Otte, Walter-Hävernick-Preisträgerin 2023". Numismatische-kommission.de

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]