Distrito Moroto
Epónimo | Moroto Town (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Norte (pt) | ||||
Capital | Moroto Town (en) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Tepes (en) Língua langu (pt) Língua Karamajong (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.537,6 km² | ||||
ISO 3166-2 | UG-308 | ||||
Páxina web | moroto.go.ug |
Moroto District é un distrito da Rexión Setentrional de Uganda. Como moitos outros distritos ugandeses, o seu nome provén da súa cabeceira, Moroto.
Limita co Distrito Kaabong polo norte, coa República de Kenya polo leste, co Distrito Amudat polo sur, co Distrito Nakapiripirit polo suroeste, co Distrito Napak polo oeste e co Distrito Kotido polo noroeste. Atópase ao pé do Monte Moroto. A capital de Moroto atópase aproximadamente a 210 km, por estrada, ao nordeste de Mbale, a maior cidade máis próxima.[1]
O distrito forma parte da subrexión Karamoja canda: Distrito Abim, Distrito Amudat, Distrito Kaabong, Distrito Kotido, Distrito Nakapiripirit e Distrito Napak.[2] No ano 2002, a poboación da rexión de Karamoja estimábase en 800.000 persoas.
O distrito consiste nunha chaira cuberta por unha sabana con algúns outeiros rochosos. Componse de tres condados: Bokora, Matheniko e Moroto. Está habitado polos karimojong, un grupo étnico distintivo e vivo, que vive habitualmente as súas tradicións.
A agricultura e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito. [3] Recentemente, o cultivo de Jatropha está en voga, empregándose a súa semente para producir biocombustible. A apicultura é outra actividade económica que está gañando popularidade.
O distrito é un centro de recursos minerais aínda por explotar. Hai sobre cincuenta minerais, así como pedras preciosas, diferentes na rexión de Karamoja. Destes, Moroto ten ouro, prata, cobre, ferro, titanio, manganeso, niobio, tantalita e cromo. Tamén hai mármore, mica, granate, pedra calcaria e asbestos.[4]
A poboación segundo o censo do ano 2002 estimábase, segundo se constituíu en xullo de 2010, en 77.250 persoas. Estímase que a poboación do ano 2010 é de 97.900, segundo segue a táboa.
Poboación do Distrito Moroto | ||||||||||||||||||||
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|