Distrito Abim
Epónimo | Abim (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Norte (pt) | ||||
Capital | Abim (en) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Ruuli (en) Kumam (en) Língua langu (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.353,3 km² | ||||
ISO 3166-2 | UG-314 e UG-317 | ||||
Páxina web | abim.go.ug |
Abim District é un distrito da Rexión Setentrional de Uganda. O seu nome provén de Abim, a súa poboación capital.
Limita co Distrito Kotido polo norte e leste, co Distrito Napak polo sueste e sur, co Distrito Otuke polo suroeste e co Distrito Pader polo oeste. Abim, a capital, atópase aproximadamente a 140 km ao noroeste de Moroto, a maior poboación da rexión.
O Distrito Abim entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2006. Anteriormente, era coñecido como Labwor County dentro do Distrito Kotido. O distrito componse de (5) sub-condados e un concello, Abim Town Council. Posúe unha área de 2.337 km2. O distrito forma parte da rexión de Karamoja, lar dun millón de karimojong. Esta rexión componse dos seguintes distritos:
- Distrito Abim
- Distrito Amudat
- Distrito Kaabong
- Distrito Kotido
- Distrito Moroto
- Distrito Nakapiripirit
- Distrito Napak
Abim posúe unha terra de sabana, caracterizada por unha estación quente (moi quente) que vai de decembro a febreiro.[1]
Segundo o censo do ano 2002 o distrito tería unha poboación estimada de 58.600 habitantes. No ano 2009, a poboación do distrito estimábase en 83.700 habitantes.[2] Usando estes datos, o crecemento anual de poboación no distrito é do 5.2%, o que dá o que segue:
Poboación do Distrito Abim | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A agricultura de subsistencia, así como a gandaría, son as principais ocupacións da poboación do distrito. Tamén se practica a caza.