Distrito Bukedea
Epónimo | Bukedea (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Leste (pt) | ||||
Capital | Bukedea (en) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua adhola Língua nyole (pt) Língua ateso (pt) | ||||
ISO 3166-2 | UG-219 e UG-224 | ||||
Páxina web | bukedea.go.ug |
Bukedea District é un dos distritos da Rexión Oriental de Uganda, chamado así pola súa poboación capital, Bukedea. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de arredor de 122.500 habitantes.
Limita co Distrito Kumi polo oeste e norte, co Distrito Bulambuli polo leste, co Distrito Sironko e o Distrito Mbale polo sueste, e co Distrito Pallisa polo sur.
Foi creado polo parlamento ugandés no 2006 e tornouse operacional o 1 de xullo de 2007. Anteriormente formaba parte do Distrito Kumi. Este distrito, conxuntamente cos de Amuria, Kaberamaido, Katakwi, Kumi e Soroti conforma a subrexión Teso, lar de dous millóns e medio de persoas das etnias iteso e kumam.
A agricultura de subsistencia e a gandaría son os dous piares económicos do distrito.