Saltar ao contido

Annie Leibovitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnnie Leibovitz

Annie Leibovitz fotografada en San Francisco, California, no 2008.
Nome orixinal(en) Anna-Lou Leibovitz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Waterbury, Connecticut, Estados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
RelixiónXudaísmo
EducaciónSan Francisco Art Institute
Northwood High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónFotógrafa
Membro de
Familia
CónxuxeSusan Sontag (1989 - 2004) Editar o valor en Wikidata
ParellaSusan Sontag Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0973425 Facebook: annieleibovitz Twitter: annieleibovitz Instagram: annieleibovitz Musicbrainz: 3cea75eb-4ef8-4b5b-8e54-071ccf7e883d Songkick: 4848553 Discogs: 1906529 Allmusic: mn0001608844 Editar o valor en Wikidata

Anna-Lou "Annie" Leibovitz (/ˈliːbəvɪts/), nada en Waterbury, Connecticut o 2 de outubro de 1949, é unha fotógrafa estadounidense. Foi a primeira muller en expoñer na Washington's National Portrait Gallery,[1] en 1991. Tamén foi a última persoa que fotografou a John Lennon, o día en que foi asasinado.

É a fotógrafa mellor pagada do mundo e traballou para revistas como Vanity Fair, Rolling Stone ou Vogue. En 1984 foi galardoada pola Asociación Estadounidense de Editores de Revistas como Fotógrafa do ano. En maio de 2013 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nada en Connecticut en 1949,[3] Anna-Lou Leibovitz é a terceira dos seis fillos de Marilyn Edith (de solteira Heit) e Samuel Leibovitz.[4] É estadounidense de terceira xeración, pois os seus pais eran xudeus romaneses.[4] A nai era profesora de danza contemporánea de orixe estoniana e o pai foi tenente coronel nas Forzas Aéreas dos Estados Unidos. A familia mudábase frecuentemente polos destinos do pai. As súas primeiras fotografías foron tomadas en Filipinas durante a guerra de Vietnam,[5] dos arredores da base militar e dos veciños da zona.[6] A paixón de Leibovitz pola arte naceu do compromiso da súa nai coa danza, a música e a pintura.[6]

En Northwood High School en Silver Spring, Maryland,[7] comezou a interesarse en varios empeños artísticos e empezou a escribir e tocar música. Asistiu ao San Francisco Art Institute,[7] onde estudou pintura coa idea de facerse profesora de artes.[6] Na escola fixo os primeiros traballos fotográficos e cambiou o seu interese principal á fotografía. Foi inspirada pola obra de Robert Frank e Henri Cartier-Bresson, sobre quen aprendeu na escola.[8] Durante varios anos, continuou a desenvolver a súa habilidade fotográfica mentres realizaba outros traballos, entre eles un voluntariado nun kibbutz de Amir, Israel durante uns meses de 1969.[9]

Cando Leibovitz volveu aos Estados Unidos en 1970, comezou a súa carreira como fotógrafa na revista Rolling Stone. En 1973 o editor Jann Wenner nomeouna fotógrafa xefa da revista, cargo que mantivo durante dez anos. Leibovitz traballou para a revista ata 1983, e as súas fotos íntimas de celebridades axudaron a definir a imaxe de Rolling Stone.[9]

Fotografou os Rolling Stones en San Francisco en 1971 e 1972, e traballou con eles na xira de the Rolling Stones' Tour of the Americas '75. A súa foto favorita da xira é unha de Mick Jagger nun ascensor.[10]

Mentres traballaba en Rolling Stone, descubriu que podía traballar para revistas e á vez crear obras persoais da súa familia, que para ela era máis importante. “Non tes a oportunidade de facer estes traballos íntimos agás con persoas que amas, a xente que te tolerará. É xente que che abre os seus corazóns e as súas almas e as súas vidas. Debes coidalos”.[11]

John Lennon

[editar | editar a fonte]

O 8 de decembro de 1980 fixo unha sesión de fotos con John Lennon para Rolling Stone e prometoulle que estarían na portada.[12][13] Inicialmente intentou facer unha foto con Lennon só, como quería Rolling Stone. Porén, Lennon insistiu en que estivesen tanto el como Yoko Ono na portada. Leibovitz intentou entón recrear a escena do bico da portada de Double Fantasy, imaxe que ela adoraba. Fixo a Lennon espirse e arrecuncharse xunto a Yoko no chan. Leibovitz dixo, "o que é interesante é que ela dixo que quitaría a parte de arriba e eu dixen «deixa todo posto» sen preconcibir a imaxe en absoluto. Entón el arrecunchouse xunto a ela e era moi, moi forte. Creo que foi sorprendente mirar a primeira Polaroid e os dous estaban moi excitados. John dixo «captaches a nosa relación con exactitude. Prométeme que estará na portada». Mireino aos ollos e estivemos de acordo niso".[14] Leibovitz foi a última persoa en fotografar a Lennon, que foi asasinado cinco horas despois.[15]

A imaxe foi recreada en 2009 polo fillo de John e Yoko, Sean Lennon, coa súa moza Kemp Muhl e cos roles cambiados (Sean vestido, Kemp espida),[16][17] e por Henry Bond e Sam Taylor-Wood no seu pastiche October 26, 1993.[18]

Outros proxectos

[editar | editar a fonte]
  • Na década de 1980, o novo estilo de iluminación de Leibovitz e o uso de cores e posturas atrevidas subiron a súa posición en Vanity Fair.[19]
  • Leibovitz fotografou famosos para unha campaña internacional de publicidade de tarxetas de crédito de American Express, a cal gañou un premio Clio en 1987.[20]
  • En 1991 emulou a festa de Margaret Bourke-White. Montou unha gárgola dunha aguia no 61º andar do Chrysler Building de Manhattan e fotografou o bailarín facendo acrobacias sobre unha á. O fotógrafo John Loengard, da revista Life tirou unha fotografía de Leibovitz no clímax do perigo. Precisamente ese día Loengard estaba a fotografar a Leibovitz para The New York Times.[21]
  • En 2007 tivo lugar unha retrospectiva da súa obra no Museo de Brooklyn.[22] A mostra, baseada no seu libro Annie Leibovitz: A Photographer's Life, 1990–2005, incluía moitas das súas fotografías profesionais, ademais de fotografías persoais da súa familia e da súa parella, Susan Sontag. A exposición, que foi aumentada para incluír tres dos retratos oficiais da raíña Isabel II do Reino Unido, foi presentada en sete cidades, entre elas Washington, D.C., San Francisco e Berlín.[23][24] Incluíanse 200 fotografías.[25] Na mostra, Leibovitz mostrou que non tiña dúas vidas, senón unha en que tanto os encargos cono as imaxes persoais son parte da súa obra. A mostra e a súa disertación centrábanse na súa vida e fotografías persoais.[26]
  • En 2007, a BBC malinterpretou a sesión de fotografías á raíña Isabel II en que se había de tirar o retrato oficial para a visita de estado a Virxinia e que foi filmada para o documental A Year with the Queen. Un tráiler mostraba a reacción da raíña á suxestión de Leibovitz ("less dressy", menos formal) de que quitase a tiara, e mais unha escena da raíña baixando por un corredor dicindo a un axudante "Non vou cambiar nada. Tiven bastante vestindo así, moitas grazas".[27][28] A BBC pediu perdón posteriormente. Admitiu que a secuencia de sucesos fora malinterpretada e que a raíña estaba, de feito, camiñando ao sitio na segunda escena.[29] Isto provocou un escándalo na BBC e unha reforma do seu libro de estilo. Porén, un artigo de 2015 en London Times publicado xusto despois de que o reinado de Isabel II superase ao da raíña Vitoria contradí a historia. Afirma que a raíña estaba incrédula, ao ser requirida para quitar a coroa porque "ninguén lle di que facer", mais tamén se sentía insultada, porque só se trataba dunha tiara.[30]
  • En 2007, The Walt Disney Company contratouna para unha serie de fotografías con famosos encarnando personaxes e escenas para Walt Disney Parks and Resorts na campaña "Year of a Million Dreams".[31][32]
  • En 2014, Leibovitz realizou unha sesión de fotos de Kim Kardashian, Kanye West e a súa filla North West para un artigo de Vanity Fair.[33]
  • O mesmo ano, a New-York Historical Society elaborou unha exposición da obra de Leibovitz baseada no seu libro de 2011 Pilgrimages.[34]
  • En 2015, Leibovitz foi a fotógrafa principal do calendario Pirelli de 2016. Realizou un cambio drástico no estilo do calendario, pois centrouse en mulleres admirables e non na sexualidade, e incluía a Amy Schumer, Serena Williams e Patti Smith. Leibovitz xa traballara na edición de 2000.[35]
  • Entre xaneiro de 2016 e febreiro de 2017, "WOMEN: New Portraits", encargada por UBS, que reflectía os cambios de roles das mulleres, foi amosada en dez cidades de todo o mundo.[36]
  • En 2017 anunciou a estrea dunha clase de fotografía online titulada "Annie Leibovitz Teaches Photography".[37]
  • En xaneiro de 2018, a portada de Leibovitz para Vanity Fair foi criticada pola manipulación da imaxe, que parecía mostrar a actriz Reese Witherspoon con tres pernas.[38][39]

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  • "Commandeur de l'Ordre des Arts et des Lettres", outorgado polo goberno francés en 1991.[15]

Fotografías célebres

[editar | editar a fonte]
  1. Somerstein, Rachel (27 de outubro de 2008). "Annie Leibovitz: Life Through a Lens". PBS. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  2. "La fotógrafa estadounidense Annie Leibovitz, Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades". El País (en castelán). 
  3. "Annie Leibovitz Biography: Photographer (1949–)". The Biography Channel (A&E Networks). Consultado o 17 de xuño de 2014. 
  4. 4,0 4,1 Lambert, Angela (3 de marzo de 1994). "Talking pictures with Annie Leibovitz". The Independent (Londres). Consultado o 8 de xullo de 2010. 
  5. Cooke, Rachel (3 de febreiro de 2008). "How I shot my sister Annie ...". The Observer (Londres). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2008. Consultado o 10 de xuño de 2008. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Annie Leibovitz Biography, Art, and Analysis of Works". The Art Story (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  7. 7,0 7,1 "Annie Leibovitz Career Timeline". American Masters (WNET). 3 de xaneiro de 2007. Consultado o 2 de febreiro de 2014. 1964: Attends Northwood High School in Silver Spring, Maryland 
  8. Obrist, Hans-Ulrich. "Life through Annie's lens". Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Annie Leibovitz Biography". bookrags. Consultado o 19 de xullo de 2007. 
  10. Leibovitz, A. (2008).At Work. New York City, NY: Random House. ISBN 978-0-375-50510-2
  11. Scott, Janny (6 de outubro de 2006). "From Annie Leibovitz: Life, and Death, Examined". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  12. "Hours After This Picture Was Taken John Lennon Was Dead". Guardian Unlimited. 8 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 15-03-2009. Consultado o 26 de xullo de 2007. 
  13. "Fascinating Trivia Questions for Adults to Check Their Knowledge". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  14. "Issue #335 (Jan. 22, 1981)". Rolling Stone. 2007. Arquivado dende o orixinal (Audio) o 04 de xullo de 2007. Consultado o 26 de xullo de 2007. 
  15. 15,0 15,1 Yoko Ono (9 de agosto de 2008). Annie Leibovitz - Life Through a Lens (DVD). ICA. a heavy weight fate was waiting for us only...four or five hours later 
  16. "Sean Lennon And Nude Model Recreate John And Yoko (NSFW PHOTO)]". Huffpost. 2 de setembro de 2009. 
  17. "John Lennon, Sean Lennon - Two Versions of Two Virgins". SilencedMajority. 
  18. Corliss, Richard (8 de outubro de 2010). "Nowhere Boy: Lennon and McCartney Before the Beatles". Time. 
  19. T., Edward (2014). "How to Shoot like Annie Leibovitz: Part 1". iLHP. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  20. "ANNIE LEIBOVITZ – Lens Magazine". lensmagazine.net (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  21. "Gaga Over a Gargoyle". Smithsonian (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  22. "Annie Leibovitz: Oct. 2006 – Jan. 2007". Brooklyn Museum. 2007. 
  23. "From 21 February to 24 May 2009 at the". C/O Gallerie. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2009. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  24. "21 de xaneiro de 2009 - Bing". www.bing.com. 
  25. Taknuri, Lubna (21 de outubro de 2007). "Leibovitz exhibition". Associated Press. 
  26. "Brooklyn Museum". www.brooklynmuseum.org. Consultado o 29 de mazo de 2018. 
  27. No orixinal, "I'm not changing anything. I've had enough dressing like this, thank you very much".
  28. Reuters (12 de xullo de 2007). "BBC sorry for misrepresenting Queen". ABC News. Arquivado dende o orixinal o 18/07/2007. Consultado o 19 de xullo de 2007. 
  29. "Broadcaster sorry for queen claim". CNN. Associated Press. 12 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2007. 
  30. Ingrid Seward (1 de setembro de 2015). "Life:Divorce, Kate and her ‘cross’ face: the Queen in her own words". The Times. Consultado o 1 de setembro de 2015. 
  31. "USA Today Photo Gallery". Consultado o 26 de xaneiro de 2011. 
  32. Keck, William (25 de xaneiro de 2007). "Disney's dazzling 'Dreams'". USA Today. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  33. "Annie Leibovitz on 5 Images That Have Shaped Her Career". 
  34. "Annie Leibovitz: Pilgrimage". New-York Historical Society. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  35. "The Pirelli 2016 Calendar Is Here and Unlike Anything You've Seen Before". Elle. Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  36. "WOMEN: New Portraits Annie Leibovitz". www.ubs.com. UBS. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  37. "Photography legend Annie Leibovitz reveals her craft in online 'MasterClass'". EW.com (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  38. "Reese Witherspoon appears to have 3 legs on the cover of 'Vanity Fair'". Mashable. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  39. "The 2018 Vanity Fair Hollywood Portfolio: 12 Extraordinary Stars, One Momentous Year". Vanity Fair. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  40. "Centenary Medal - RPS". www.rps.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  41. Annie Leibovitz. Premios Príncipes de Asturias, 2013[Ligazón morta]
  42. "Annie Leibovitz is the recipient of VAEA's Paez Medal of Art 2015.". VAEA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  43. "RISD Commencement 2017". commencement.risd.edu. Rhode Island School of Design. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  44. "Bruce Springsteen - Tunnel Of Love". 
  45. "Bruce Springsteen.net". Bruce Springsteen.net. 4 de xuño de 1984. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 26 de xaneiro de 2011. 
  46. "at 25: The Covers | Culture". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 26 de xaneiro de 2011. 
  47. Public Broadcasting Service. "American Masters: Annie Leibovitz" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2008. Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  48. BBC Mundo (23 de outubro de 2008). "Annie Leibovitz o el arte de ver". Consultado o 4 de febreiro de 2009. 
  49. National Geographic. "Christo and Jeanne-Claude Unwrapped" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  50. "3.bp". 
  51. "1.bp". 
  52. Postershop-espana.com. "Leibovitz Annie - Keith Haring". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2008. Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  53. El País (3 de agosto de 2007). "Mijail Gorbachov posa ante el Muro de Berlín para una campaña de Louis Vuitton". Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  54. Public Broadcasting Service. "American Masters: Annie Leibovitz" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2008. Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  55. "PBS". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  56. "Thewho.org". 
  57. "Miley Knows Best". Vanity Fair. xuño de 2008. 
  58. "Miley Cyrus topless controversy". The Daily Telegraph. 28 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2008. Consultado o 27 de abril de 2008. 
  59. Lisa Respers France, CNN (1 de xuño de 2015). "No more Bruce: Meet Caitlyn Jenner". CNN. Consultado o 11 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]