Salvador Dalí

pintor, escultor, gravador, escenógrafo e escritor catalán, un dos principais representantes do surrealismo.

Salvador Felipe Jacinto Dalí i Domènech[1], nado en Figueres o 11 de maio de 1904 e finado na mesma vila o 23 de xaneiro de 1989, foi un pintor, escultor, gravador, escenógrafo e escritor catalán, un dos principais representantes do surrealismo.

Modelo:BiografíaSalvador Dalí
Nome orixinal(ca) Salvador Dalí i Domènech Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Salvador Domingo Felipe Jacinto Dalí i Domènech Editar o valor en Wikidata
11 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
Figueres, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Figueres, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTeatro-Museo Dalí Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFigueres
Nova York Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando (1922–1926) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, escultura, montaxe e Xoiaría Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo España (1948–1989)
Estados Unidos de América (1934–1948)
París (1926–1927)
Madrid (1922–1926)
Francia
Singapur
Manhattan
Prinsenhof de Delft
Tel Aviv
Delft
Mauritshuis
A Haia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, escenógrafo, actor de cinema, ilustrador, deseñador de xoias, artista gráfico, fotógrafo, director de cinema, escultor, guionista, escritor, actor, holographer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1922 Editar o valor en Wikidata - 1988 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNatureza morta, pintura de xénero, retrato, Arte de paisaxes, alegoría e arte sacra Editar o valor en Wikidata
MovementoSurrealismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoCatalogue Raisonné of Salvador Dalí Paintings (en) Traducir (2019) Editar o valor en Wikidata
AlumnosInternational Chrysis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioDali, Salvador
Dalí Domènech, Salvador Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society e Didier Ltd (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalPierre Sterlé (pt) Traducir
Louise Bourgeois: Salvador Dalí & Louise Bourgeois (en) Traducir
Fulco di Verdura (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
9 de xuño de 2012dOCUMENTA (13)
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
De Calder à Koons, Bijoux d'Artistes, La Collection Idéale de Diane Venet (pt) Traducir
Jewelry by Contemporary Painters and Sculptors (en) Traducir
Scultura Aurea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloMarquess of Dalí of Púbol (en) Traducir (1982–1989) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGala Éluard Dalí (1958–1982) Editar o valor en Wikidata
ParellaAmanda Lear (–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosJose Van Roy Dalí
 () Editar o valor en Wikidata
PaisSalvador Dalí i Cusí Editar o valor en Wikidata  e Felipa Domènech i Ferrés Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnna Maria Dalí Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20 de xullo de 2017exhumación Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дали Сальвадор)
Enciclopedia Larousse en liña
UbuWeb Editar o valor en Wikidata
Sitio websalvador-dali.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0198557 Allocine: 36156 Allmovie: p86598
Facebook: SalvadorDaliPage BNE: XX895429 Dialnet: 1012413 Musicbrainz: efe67e58-8f70-4c1b-9db5-0bcec92c2cef Discogs: 195296 WikiTree: Dali-1 Find a Grave: 1989 Editar o valor en Wikidata

Aínda que o seu principal medio de expresión foi a pintura, tamén fixo incursións no cinema, a escultura, a xoiería e o teatro, e tamén traballou como deseñador de vestiario e escenógrafo, e escribiu algúns libros, entre os que destaca Diario de un genio (1965). Dalí é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas. As súas habilidades pictóricas adóitanse atribuír á influencia e admiración pola arte renacentista. Dalí tivo a habilidade de forxar un estilo persoal e recoñecible. Unha das súas obras máis importantes é A persistencia da memoria, tamén chamada Reloxos brandos, que data do ano 1931. Tamén foi un experto debuxante.[2][3]

Como artista extremadamente imaxinativo, manifestou unha notable tendencia ao narcisismo e a megalomanía, cuxo obxecto era atraer a atención pública. Esta conduta irritaba a quen apreciaban a súa arte e xustificaba aos seus críticos, que rexeitaban as súas condutas excéntricas como un reclamo publicitario ocasionalmente máis rechamante que a súa produción artística.[4] Dalí atribuía o seu «amor por todo o que é dourado e resulta excesivo, a súa paixón polo luxo e o seu amor pola moda oriental» a un autoproclamado «liñaxe arábigo»,[5] que remontaba as súas raíces aos tempos da dominación árabe da Península Ibérica.

«...que non coñeza o significado da miña arte, non significa que non a teña...»
«A única diferenza entre un tolo e eu, é que eu non estou tolo».[6]
Salvador Dalí

Biografía

editar

Infancia

editar
 
A familia Dalí en 1910: dende a esquerda, a súa tía María Teresa, os seus pais, a súa tía Catalina (segunda esposa do seu pai), a súa irmá Ana María e a súa avoa Ana.

Salvador Dalí naceu ás 8:45 horas do 11 de maio de 1904,[7] no número 20 da rúa Monturiol, en Figueres, Xirona,[8] na comarca catalá do Empordán, preto da fronteira con Francia.[9] O irmán máis vello de Dalí, tamén chamado Salvador (nado o 12 de outubro de 1901 e bautizado como Salvador Galo Anselmo),[1] morrera dun "arrefrío gastroenterítico infeccioso" uns nove meses antes (o 1 de agosto de 1903). Isto marcou moito ó artista posteriormente, e chegou a ter unha crise de personalidade ó crer que el era a copia do seu irmán morto.[10] O seu pai, Salvador Dalí i Cusí, era avogado de clase media e notario, de carácter estrito suavizado pola súa muller Felipa Domènech i Ferrés, quen alentaba os intereses artísticos de Salvador.[11][12] Con cinco anos, os seus pais levárono á tumba do seu irmán e dixéronlle que el era a súa reencarnación, unha idea que el chegou a crer.[13][14] Dalí dixo do seu irmán:

...pareciámonos como dúas pingas de auga, pero dábamos reflexos diferentes... O meu irmán era probablemente unha primeira visión de min mesmo, pero segundo unha concepción demasiado absoluta.[15]

Dalí tamén tivo unha irmá, Ana María, catro anos máis nova ca el.[16] En 1949 ela publicou un libro sobre o seu irmán, titulado Dalí visto por su hermana.[17] Na súa infancia, Dalí trabou amizade con futuros xogadores do F.C. Barcelona, como Emilio Sagi Liñán ou Josep Samitier. En época de vacacións, no florecente Cadaqués, o trío pasaba moito tempo xogando ó fútbol.

En 1916 descubriu a pintura contemporánea durante unha visita familiar a Cadaqués, onde coñeceu á familia de Ramón Pichot, un artista local que viaxaba regularmente a París, a capital da arte do momento.[11] Seguindo os consellos de Pichot, o seu pai enviouno a clases de pintura co mestre Juan Núñez. Ó ano seguinte, o seu pai organizou unha exposición dos seus debuxos na casa familiar. En 1919, con catorce anos, Dalí participou nunha exposición colectiva de artistas locais no teatro municipal de Figueres e noutra en Barcelona, auspiciada pola Universidade, na que recibiu o premio Reitor da Universidade.

En 1919, cando cursaba sexto de bacharelato no instituto Ramón Muntaner, el e varios amigos editaron a revista mensual Studium, na que había ilustracións, textos poéticos e unha serie de artigos sobre pintores coma Goya, Velázquez ou Leonardo da Vinci.[18]

En febreiro de 1921 a súa nai morreu a consecuencia dun cancro de útero, cando Dalí tiña 16 anos. Sobre a morte da súa nai diría máis tarde que foi «o golpe máis forte que recibín na miña vida. Adorábaa. Non podía resignarme á perda do ser con quen contaba para facer invisibles as inevitables manchas da miña alma...».[19] Trala súa morte, o pai de Dalí contraeu matrimonio coa irmá da súa esposa falecida. Dalí nunca aprobou este feito.[11]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Gal Dalí i Viñas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Salvador Dalí i Cusí
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Teresa Cusí i Marcó
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Salvador Dalí i Domènech
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Anselm Domènech i Serra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Felipa Domènech i Ferrés
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Maria Anna Ferrés i Sadurní
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Xuventude en Madrid e París

editar
Dalí tivo dúas posibles influencias para o bigote que lucía: á esquerda, Josep Margarit, un militar catalán cuxo retrato penduraba na sala de estar da casa paterna do artista; á dereita, Diego Velázquez, o mestre pintor andaluz admirado polo xenio catalán.

En 1922 Dalí aloxouse na célebre Residencia de Estudiantes de Madrid para comezar os seus estudos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.[11] Enseguida atraeu a atención polo seu carácter de excéntrico dandi. Lucía unha longa melena con patillas, gabardina, medias e polainas ó estilo dos artistas vitorianos. Porén, foron as súas pinturas, nas que Dalí probaba o cubismo, as que chamaron a atención dos seus compañeiros de residencia, entre os que se incluían futuras figuras da arte española, como Federico García Lorca, Pepín Bello ou Luis Buñuel. Daquela, é posible que Dalí non entendese completamente os principios cubistas: as súas únicas fontes eran artigos publicados na prensa e un catálogo que lle dera Pichot, posto que no Madrid daquela época non había pintores cubistas.

En 1924 un aínda descoñecido Salvador Dalí ilustrou un libro por primeira vez. Era unha publicación do poema en catalán Les Bruixes de Llers ("As meigas de Llers"), dun dos seus amigos da residencia, o poeta Carles Fages de Climent. Dalí axiña se familiarizou co dadaísmo, influencia que o marcou polo resto da súa vida. Na residencia tamén trabou unha apaixonada relación co mozo Lorca, pero Dalí rematou rexeitando os amorosos reclamos do poeta.[20][21]

Dalí foi expulsado da Academia en 1926, pouco antes dos seus exames finais, por afirmar que non había ninguén en condicións de examinalo.[22] A mestría dos seus recursos pictóricos reflectiuse no seu impecablemente realista Cesta de pan, pintada en 1926.[23] Ese mesmo ano, visitou París por primeira vez, onde coñeceu a Pablo Picasso, a quen o mozo Dalí admiraría profundamente. Picasso xa recibira algúns comentarios eloxiosos sobre Dalí de parte de Joan Miró. Co paso do tempo e o desenvolvemento dun estilo propio, Dalí converteuse á súa vez nunha referencia e nun factor influente na pintura destes.

Algunhas das características da pintura de Dalí daquela época convertéronse en distintivas para toda a súa obra posterior. Dalí absorbía as influencias de moitos estilos artísticos, dende o academicismo clásico ás vangardas máis rompedoras.[24] As súas influencias clásicas pasaban por Rafael, Agnolo Bronzino, Francisco de Zurbarán, Vermeer e, por suposto, Velázquez.[25] Alternaba técnicas tradicionais con sistemas contemporáneos, ás veces nunha mesma obra. As exposicións da súa obra realizadas en Barcelona naquela época atraeron grande atención, na que se mesturaban as loanzas e os debates suscitados por unha crítica dividida.

Dalí deixou crecer un vistoso mostacho que imitaba o do célebre pintor Diego Velázquez, e que se convertería nun dos seus distintivos persoais no resto da súa vida.

De 1929 á segunda guerra mundial

editar
 
As olladas alucinadas de Dalí (esquerda) e o seu camarada no surrealismo, Man Ray, en París, o 16 de xuño de 1934, segundo fotografía de Carl Van Vechten.

En 1929 Dalí colaborou co director de cine Luis Buñuel, amigo da residencia de estudantes, na elaboración da polémica curtametraxe Un chien andalou ("Un can andaluz"), na que se amosaban escenas propias do imaxinario surrealista. Dalí afirmou que desempeñara un papel esencial na rodaxe do filme, sen que este extremo se vise confirmado pola historiografía da arte contemporánea.[26] En agosto dese mesmo ano coñeceu á súa musa e futura esposa Gala.[27] Nada co nome de Elena Ivanovna Diakonova, era unha inmigrante rusa, once anos maior ca el, daquela casada co poeta francés Paul Éluard. Ese mesmo ano, Dalí continuou expoñendo regularmente, xa como profesional, e uniuse oficialmente ó grupo surrealista residente no barrio parisiense de Montparnasse. Durante os dous anos seguintes, o seu traballo influíu enormemente no rumbo do surrealismo, que o aclamou como creador do método paranoico-crítico, o cal, segundo se dicía, axudaba a acceder ó subconsciente, liberando enerxías artísticas creadoras.[11][12]

No ámbito doméstico, a relación de Dalí co seu pai estaba próxima á ruptura. Salvador Dalí i Cusí opoñíase ó romance do artista con Gala, e condenaba a súa relación cos artistas do surrealismo por consideralos —como boa parte da opinión pública— elementos tendentes á dexeneración moral. A tensión foi en aumento ata culminar nun enfrontamento persoal por mor dunha nova sobre Dalí publicada na prensa na que se refería que un debuxo dun Sagrado Corazón de Xesucristo exposto en París polo mozo amosaba unha inscrición na que se lía: «En ocasións, cuspo no retrato da miña nai para me entreter». Ultraxado, o seu pai demandou unha satisfacción pública. Dalí negouse, quizais por temor a ser expulsado do grupo surrealista, e foi botado violentamente da súa casa o 28 de decembro de 1929. O seu pai desherdouno e prohibiulle regresar xamais a Cadaqués. Posteriormente, Dalí describiu como no curso deste episodio presentoulle ó seu pai un preservativo usado contendo o seu propio esperma, coas palabras: «Toma. Xa non che debo nada!». O verán seguinte, Dalí e Gala alugaron a pequena cabana dun pescador nunha baía preto de Portlligat. Despois mercou o terreo, e ó longo dos anos foi ampliándoa ata convertela na súa fastuosa vila xunto ó mar, hoxe reconvertida en casa-museo. Gala e Dalí casaron en 1934 nunha cerimonia civil, e o volverían facer polo rito católico en 1958.[28]

En 1931 Dalí pintou unha das súas obras máis célebres, A persistencia da memoria (Os reloxos brandos), na que segundo algunhas teorías ilustrou o seu rexeitamento do tempo como unha entidade ríxida ou determinista.[29] Esta idea vese apoiada por outras imaxes da obra, coma a extensa paisaxe, ou algúns reloxos de peto devorados por insectos.[30] Os insectos, por outra parte, formarían parte do imaxinario daliniano como unha entidade destrutora natural que, tal como explicou nas súas memorias, viña determinada por unha lembranza da infancia.

Dalí chegou ós Estados Unidos de América grazas ó marchante Julien Levy en 1934. A exposición dalgunhas obras de Dalí —incluída a célebre A persistencia da memoria— levantou unha enorme expectación en Nova York. Organizouse un baile na súa honra, o Dalí Ball, no que compareceu levando unha caixa de cristal pendurada sobre o peito cun apertador dentro.[31] Ese mesmo ano, Dalí e Gala ofreceron un baile de máscaras en Nova York, cortesía da herdeira Caresse Crosby. Foron disfrazados do bebé Lindbergh e o seu secuestrador. O escándalo levantado na prensa foi tan notable que Dalí pediu desculpas publicamente. Cando regresou a París, debeu explicarse ante os surrealistas que non entenderon por que se desculpara por un acto considerado surrealista.[32]

Aínda que a maior parte do surrealismo se adscribira a ideas políticas de esquerda, Dalí mantiña unha posición que se xulgaba ambigua na cuestión das relacións entre arte e activismo político. Os líderes do movemento, principalmente André Breton, acusárono de defender o "novo" e "irracional" do fenómeno hitleriano, acusación que Dalí refutou afirmando que «non son un hitleriano nin de feito nin de intención».[33] Dalí insistía en que o surrealismo podía existir nun contexto apolítico, e negouse a denunciar publicamente o réxime fascista alemán. Este e outros factores fixéronlle perder o seu prestixio entre os seus camaradas artistas, e a finais de 1934 Dalí foi sometido a un "xuízo surrealista" do cal resultou a súa expulsión do movemento.[27] A isto, Dalí respondeu coa súa célebre réplica, «Eu son o surrealismo».[22]

Porén, en 1936, Dalí volveu participar nunha exposición surrealista, esta vez de índole internacional, celebrada en Londres. A súa conferencia, titulada Fantômes paranoïaques authentiques ("Pantasmas paranoicas auténticas"), impartiuna cun traxe de mergullador, casco incluído.[34] Chegou á conferencia cun taco de billar e un par de sabuxos rusos, e no seu transcurso tivo que retirar o casco para poder tomar aire. Comentou ó respecto que «simplemente quería amosar que estaba mergullándose profundamente na mente humana».[35]

Daquela, o mecenas de Dalí era o adiñeirado Edward James, que colaborara xenerosamente no ascenso do artista comprándolle numerosas obras e prestándolle cartos durante dous anos. Convertéronse en bos amigos, tanto é así que James aparece na pintura de Dalí Cisnes reflectindo elefantes. Colaboraron igualmente na creación de dúas das obras máis representativas do movemento: o "teléfono-lagosta" e o sofá dos beizos de Mae West. En 1939 André Breton acuñou o anagrama despectivo «Avida Dollars» (en latín, "ávido de dólares") para criticar a súa paixón polos cartos.[36] Esta sarcástica referencia ó seu puxante negocio da arte tamén pretendía acusalo de cultivar a megalomanía mediante a fama e o diñeiro. Algúns dos surrealistas comezaron mesmo a falar de Dalí en pretérito perfecto, como se xa finara. Algúns grupos surrealistas, e membros adscritos posteriormente, coma Ted Joans, mantiveron contra Dalí unha exacerbada polémica que continuou ata o día da súa morte.

Estancia en Nova York

editar

En 1940, coa segunda guerra mundial arrasando Europa, Dalí e Gala fuxiron ós Estados Unidos, onde viviron durante oito anos. Despois da mudanza, Dalí retomou o seu antigo catolicismo. «Durante ese período», informan Robert e Nicholas Descharnes, «Dalí nunca deixou de escribir».[37]

En 1941 Dalí entregou un guión cinematográfico a Jean Gabin, titulado Moontide ("Marea lunar"). En 1942 publicou a súa autobiografía, La vida secreta de Salvador Dalí. Escribía regularmente para os catálogos das súas exposicións, coma a organizada na Knoedler Gallery de Nova York en 1943. Nese artigo expoñía que

O surrealismo servirá polo menos para dar unha proba experimental de que a total esterilidade dos intentos por automatizar chegaron demasiado lonxe e levaron a un sistema totalitario... A pereza contemporánea, e a total falta de técnica, acadaron o seu paroxismo na significación psicolóxica do uso actual da institución universitaria.

Tamén escribiu unha novela, publicada en 1944, sobre un salón de moda para automóbiles. De aí xurdiu unha caricatura de Erdwin Cox, do Miami Herald, que presentaba a Dalí lucindo un automóbil como vestido de festa.[37]

 
Exposición sobre Dalí en Londres. En primeiro termo hai unha escultura dun elefante de patas alongadas cunha pirámide no lombo, idéntico a un dos que aparecen no cadro. Ó fondo atópase o London Eye.

Un frade italiano chamado Gabriele Maria Berardi anunciou que lle realizara un exorcismo a Dalí nunha visita deste a Francia en 1947.[38] No 2005 foi inaugurada unha escultura do Cristo na cruz na cidade do frade. Comentouse que Dalí entregara esta obra ó frade como prenda de gratitude,[38] e dous expertos españois sobre Dalí consideraron que hai motivos abondos para pensar que a obra fose realmente súa.[38]

Aceptou a decoración dun escaparate dos almacenes Bonwit-Tellerle na Quinta Avenida de Nova York. Fixo unha polémica composición dedicada ó día e á noite: nun lado un manequín con perruca vermella nunha bañeira de astracán e no outro, unha figura deitada nunha cama con baldaquino negro sobre cuxa almofada ardían carbóns. Pero realizáronse modificacións sen permiso do autor, e Dalí en protesta acabou lanzando a bañeira contra o vidro do escaparate. Foi detido e debeu pagar os danos. O xulgado absolveuno, pois el argumentou que defendía a súa obra, e esta protesta foi entendida como unha defensa dos dereitos de autor.[39]

Neses anos, Dalí deseñou ilustracións para edicións traducidas ó inglés de clásicos coma o Quixote, a autobiografía de Benvenuto Cellini e os Ensaios de Michel de Montaigne. Tamén proporcionou decorados para o filme Spellbound de Alfred Hitchcock, e emprendeu con Walt Disney a realización dunha curtametraxe de debuxos animados, Destino, que quedou inconclusa e foi montada en 2003, moito despois do pasamento de ambos.[40]

Esta foi unha das épocas máis frutíferas da súa vida, pero tamén discutida por certos críticos, que vían que Dalí esvaía a fronteira entre arte e bens de consumo ó acantoar a pintura para centrarse máis no deseño e os artigos comerciais.

Derradeiros anos en Cataluña

editar

Dende 1949 Dalí viviu en Cataluña. O feito de que elixise España para vivir en tempos da ditadura fixo que algúns dos seus antigos colegas, así como sectores progresistas, o fixeran branco de novas críticas.[41] Isto suxire que o descrédito con que Dalí era considerado entre surrealistas e críticos de arte se debese, polo menos en parte, a motivacións políticas máis que ó valor intrínseco das súas obras de arte. En 1959 Breton organizou unha exposición antolóxica titulada Homage to Surrealism ("Homenaxe ó surrealismo"), que reunía obras xurdidas nas catro décadas do movemento. A exposición recuperaba pezas de Dalí, Joan Miró, Enrique Tábara e Eugenio Granell. Ó ano seguinte, Breton opúxose enerxicamente á inclusión da Madonna Sixtina de Dalí na Exposición Internacional Surrealista de Nova York.[42]

 
Salvador Dali, The Rainbow (1972), Centro M. T. Abraham de Artes Visuales.

Ó final da súa carreira Dalí non se limitou á pintura e desenvolveu novos procesos e medios experimentais: creou un boletín[43] e converteuse nun dos pioneiros da holografía artística,[44] cousa pouco estraña considerando a súa longa exploración artística de xogos visuais. Xa durante os seus derradeiros anos, artistas coma Andy Warhol proclamaron ó catalán como unha das influencias máis notábeis do pop art.[45] Dalí tamén amosou dende sempre un acusado interese polas ciencias naturais e as matemáticas. Así se observa en moitas das súas obras —sobre todo as creadas na década de 1950— nas que chegou a compoñer retratos individuais a partir de cornos de rinoceronte. Segundo o artista, o corno de rinoceronte significaba a xeometría divina, posto que crece nunha progresión espiral logarítmica. Tamén relacionou o concepto cos temas da castidade e a santidade da Virxe María.[46] Outro dos intereses de Dalí era o ADN, e o hipercubo (un cubo de catro dimensións) que chegou a plasmar despregado na súa Crucifixión (Corpus Hypercubus).

 
A baía de Portlligat, a paisaxe que cativou ó artista en Cadaqués, coa súa casa, hoxe museo. Está formada por un conxunto de barracas de pescadores que foron adquiridas polo pintor e a súa muller, Gala. Aberta ó público en 1997, no seu interior exhíbense recordos do pintor, o seu taller, a biblioteca, as súas habitacións e o xardín.

A posguerra abriu para Dalí unha nova etapa artística, caracterizada polo virtuosismo técnico e o recurso a ilusións ópticas, así como ó imaxinario da ciencia ou a relixión. A súa aproximación ó catolicismo foise facendo máis marcada, influída quizais pola conmoción causada pola bomba de Hiroshima e o amencer da era nuclear. O mesmo Dalí denominou esta etapa da súa arte como o período místico-nuclear. A súa intención parecía ser a síntese da iconografía cristiá con imaxes en descomposición relacionadas coa física nuclear,[47] como se desprende de obras coma Crucifixión (Corpus Hypercubus). Baixo a clasificación de "misticismo nuclear" inclúense tamén A estación de Perpiñán (1965) e O toureiro alucinóxeno (1968-1970). En 1960 Dalí empezou a traballar nun teatro e museo persoal, erguidos sobre a súa casa natal en Figueres; foi o maior dos seus proxectos individuais, e dedicaríalle boa parte das súas enerxías ata 1974. Mesmo máis adiante, a mediados da década de 1980, realizou algunhas reformas menores no edificio.

 
Salvador Dalí en 1972.

Na súa madurez, o artista tamén se implicou noutras actividades "extra-artísticas" que daban unha medida da súa enorme popularidade como personaxe público. En 1968 Dalí gravou un anuncio televisivo para a marca de chocolate Lanvin,[48] e en 1969 deseñou o logotipo de Chupa Chups. Nese mesmo ano traballou como responsable creativo da campaña publicitaria de Eurovisión, e creou unha grande escultura metálica que foi instalada no escenario do Teatro Real de Madrid. No programa Dirty Dali: A Private View ("Dalí o sucio: Unha visión íntima"), emitido polo Channel 4 do Reino Unido en 2007, o crítico Brian Sewell describía como a finais da década de 1960 foi requirido polo artista para posar sen pantalóns en posición fetal baixo a axila dunha figura de Xesucristo, mentres Dalí o fotografaba e finxía furgar baixo o pantalón.[49][50]

En 1980, a saúde de Dalí deteriorouse seriamente. Coa súa muller, Gala —que xa manifestaba síntomas de senilidade—, consumiu presuntamente un cóctel de fármacos que danou seriamente o seu sistema nervioso, coa consecuencia de incapacitalo practicamente para a creación artística. Con 76 anos, o estado de Dalí era lamentable, e a súa man sufría constantes tremores que evidenciaban o progreso da enfermidade de Parkinson.[51][52]

En 1982, o rei Xoán Carlos I concedeulle a Dalí o título de marqués de Púbol, que o artista agradeceu cun debuxo, titulado Cabeza de Europa, que resultou ser o seu derradeiro debuxo, e que lle entregou trala visita real ó seu leito de morte.

 
A igrexa de Sant Pere en Figueres, onde Dalí recibiu o bautismo, a primeira comuñón, e onde se celebrou o seu funeral.
 
Teatro-Museo Dalí en Figueres. Cando o alcalde invitou ó artista a agasallar unha pintura para o museo local, Dalí respondeu estar disposto a doar un museo enteiro e suxeriu como sede o teatro entón abandonado. Neste teatro expuxera as súas dúas primeiras obras en 1918.

Gala morreu o 10 de xuño de 1982 e trala súa morte, Dalí perdeu o seu entusiasmo por vivir. Deliberadamente, deshidratouse seriamente —como consecuencia dun intento de suicidio—, aínda que xustificou a súa acción como un método de entrar nun estado de animación suspendida, do mesmo modo que poden facer algunhas bacterias. Mudouse de Figueres ó castelo de Púbol, que lle comprara a Gala, e onde ela finou. En 1984, declarouse un incendio de causas descoñecidas no seu dormitorio.[53] De novo sospeitouse dun intento de suicidio, aínda que quizais se debese a neglixencia do persoal doméstico.[22] De todos os xeitos, Dalí foi rescatado e regresou ó seu domicilio en Figueres, onde un grupo de artistas, mecenas e colegas artistas se encargaron do seu benestar ata os seus últimos anos.

Denunciouse que Dalí foi obrigado por algúns dos seus "coidadores" a asinar lenzos en branco que serían vendidos trala súa morte como orixinais.[54] Estes rumores fixeron que o mercado da arte fose escéptico coas obras atribuídas a Dalí durante a súa última época.

En novembro de 1988 Dalí foi ingresado por mor dun serio fallo cardíaco, e o 5 de decembro de 1988 foi visitado polo rei Xoán Carlos I, quen lle confesou que sempre foi un fiel admirador da súa obra.[55] O 23 de xaneiro de 1989, escoitando o seu disco favorito —Tristán e Isolda, de Richard Wagner— morreu a causa dunha parada cardiorrespiratoria en Figueres, con 84 anos, e cerrando o círculo foi enterrado na cripta de Figueres, situada na súa casa-museo (ver imaxe). A súa cripta atópase ó outro lado da igrexa de Sant Pere, onde fora bautizado, recibira a súa primeira comuñón e onde repousa dende entón; tres bloques máis aló da súa casa natal.[56]Para evitar tensións entre o goberno central e autonómico, Dalí testou en 1982 a favor do estado español como herdeiro universal da súa obra.[57]

A Fundación Gala-Salvador Dalí encárgase na actualidade da xestión do seu legado.[58] Nos Estados Unidos, o responsable legal da súa representación é a Artist Rights Society.[59] En 2002 esta sociedade saíu nas noticias por requirir de Google que retirase un logotipo da firma deseñado a semellanza da obra de Dalí, e que fora especialmente creado para conmemorar o aniversario do seu nacemento, alegando dereitos de copyright. Google accedeu a retirar o logotipo —cuxo uso, teoricamente, era dun só día— pero negouse a admitir a violación dos dereitos de autor.

Traxectoria

editar

Logo da morte da súa nai en 1921, Dalí marchou a estudar a Madrid, alí ingresa na Residencia de Estudiantes en 1922 e entra en contacto con outros grandes artistas da época como Luis Buñuel ou Federico García Lorca ao tempo que estuda na Escola de Belas Artes de San Fernando. En 1926 realiza a súa primeira visita a París, onde coñece a Picasso, colabora con Buñuel na realización do filme Un chien andalou, que estrean en París en 1929, nese mesmo ano coñece a Gala, que se convertería na súa musa ata a súa morte. Coa chegada ao poder de Francisco Franco, Dalí entrou en conflito co resto dos membros do surrealismo por motivos políticos, e mesmo chegan a expulsalo do movemento, ao que Dalí responde: o surrealismo son eu. En 1940 pola guerra en Europa marcha a vivir aos Estados Unidos, onde ficará até 1948 e que se converterá no período máis produtivo da súa vida.

Como pintor, Dalí non tivo un único estilo ou técnica. O mellor da súa produción desenvolveuse dentro do surrealismo e os seus cadros, dun gran detalle e meticulosidade no debuxo e con cores brillantes e luminosos, caracterízanse por composicións sorprendentes e insospeitadas de obxectos cotidiáns e imaxes oníricas. Pintou arredor de 1.500 cadros na súa vida.

  1. 1,0 1,1 Gibson, Ian (2004). Anagrama, ed. La vida desaforada de Salvador Dalí (en castelán). Barcelona. p. 55. ISBN 84-339-6754-1. 
  2. Phelan, Joseph, The Salvador Dalí Show Arquivado 13 de marzo de 2014 en Wayback Machine..
  3. Dalí, Salvador (2000). Dalí: 16 Art Stickers, Courier Dover Publications. ISBN 0-486-41074-9.
  4. Saladyga, Stephen Francis (verán do 2006. Revisado o 22 de xullo de 2006). (Niagara University), ed. ""The Mindset of Salvador Dalí"". lamplighter (en inglés) 1 (3). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2009. Consultado o 29 de decembro do 2015. 
  5. Ian Gibson (1997). The Shameful Life of Salvador Dalí. W. W. Norton & Company. . Gibson descubriu que «Dalí», con algunhas variantes, é un apelido extremadamente común en países árabes, como Marrocos, Tunisia, Alxeria ou Exipto. Por outra banda, os Domènech, a rama materna da familia Dalí, tiña raíces xudías.
  6. Segundo recolle Robert Clarke en Supercerebros de los superdotados a los genios, p. 165.
  7. Certificado de nacemento e "Dali Biography". Dali Museum. Dali Museum. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008. Consultado o 24 de agosto de 2008. 
  8. Dalí, La vida secreta de Salvador Dali, 1948, Londres: Vision Press, p.33
  9. Dalí, The Secret Life of Salvador Dalí, 1948, London: Vision Press, p. 33.
  10. Llongueras (2004), p. 83.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Llongueras, Lluís (2004). Dalí, Ediciones B — México. ISBN 84-666-1343-9.
  12. 12,0 12,1 Rojas, Carlos. Salvador Dalí, Or the Art of Spitting on Your Mother's Portrait, Penn State Press (1993). ISBN 0-271-00842-3.
  13. Salvador Dalí. SINA.com. Revisado o 31 de xullo de 2006.
  14. Salvador Dalí biography on astrodatabank.com. (Revisado o 30 de setembro de 2006; en inglés).
  15. Dalí, Vida secreta de Salvador Dalí (1993), p. 2.
  16. Llongueras (2004), p. 361.
  17. "Dalí Biography 1904–1989 — Part Two". artelino.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2006. Consultado o 30 de setembro de 2006. 
  18. "Reediten la revista Studium en què va col·laborar Dalí amb 15 anys" [Reeditan a revista Studium na que colaborou Dalí ós 15 anos]. VilaWEb. Figueres (en catalán). 30 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 13 de maio de 2013. 
  19. Dalí, Secret Life, pp. 152–153.
  20. Para máis información sobre a relación entre ambos artistas, véxase Lorca-Dalí: o amor que non puido ser e The Shameful Life of Salvador Dalí, ambos por Ian Gibson.
  21. Bosquet, Alain, Conversations with Dalí, 1969. pp. 19-20 (formato PDF) (sobre García Lorca) «S.D.: Era homosexual, iso sábeo todo o mundo, e estaba tolamente namorado de min. Intentou learse comigo un par de veces... e eu estaba extremadamente molesto, porque non era homosexual, e non estaba disposto a ceder. Ademais, iso doe. Así que iso quedou en nada. Pero sentinme terriblemente afagado polo prestixio das súas atencións. No máis profundo de min, sentía que el era un gran poeta e débolle un minúsculo anaco do cu do Divino Dalí».
  22. 22,0 22,1 22,2 Salvador Dalí: Olga's Gallery Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine.. Revisado o 22 de xullo de 2006.
  23. Paintings Gallery #5 Arquivado 27 de agosto de 2010 en Wayback Machine..
  24. Hodge, Nicola, and Libby Anson. The A–Z of Art: The World's Greatest and Most Popular Artists and Their Works. California: Thunder Bay Press, 1996. Online citation Arquivado 21 de setembro de 2006 en Wayback Machine..
  25. Phelan, Joseph Arquivado 13 de marzo de 2014 en Wayback Machine. — Artcyclopedia.
  26. Koller, Michael. Un Chien Andalou Arquivado 25 de decembro de 2010 en Wayback Machine.. Senses of cinema January 2001. Revisado o 26 de xuño de 2006, en inglés.
  27. 27,0 27,1 Shelley, Landry. "Dalí Wows Crowd in Philadelphia". Unbound (The College of New Jersey), Spring 2005. Revisado o 22 de xullo de 2006.
  28. Carré d'Art, Jean-Pierre Thiollet, Anagramme, 2008, p.213
  29. Clocking in with Salvador Dalí: Salvador Dalí's Melting Watches (PDF) from the Salvador Dalí Museum. Revisado o 19 de agosto de 2006; en inglés.
  30. Salvador Dalí, La Conquête de l’irrationnel (París: Éditions surréalistes, 1935), p. 25.
  31. Current Biography 1940, pp. 219-220.
  32. Luis Buñuel, My Last Sigh: The Autobiography of Luis Buñuel, Vintage 1984. ISBN 0-8166-4387-3
  33. Robin Adèle Greeley, Surrealism and the Spanish Civil War, Yale University Press, 2006, p. 81. ISBN 0-300-11295-5.
  34. Jackaman, Rob (1989). Course of English Surrealist Poetry Since the 1930s, Edwin Mellen Press. ISBN 0-88946-932-6.
  35. Current Biography 1940, p. 219.
  36. Artcyclopedia: Salvador Dalí. (Revisado o 4 de setembro de 2006; en inglés).
  37. 37,0 37,1 Descharnes, Robert and Nicolas. Salvador Dalí. New York: Konecky & Konecky, 1993. p. 35.
  38. 38,0 38,1 38,2 Dalí's gift to exorcist uncovered Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Catholic News 14 de outubro de 2005
  39. Dalí, visionario da defensa da propiedade intelectual Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
  40. "www.animationartconservation.com". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2009. Consultado o 13 de maio de 2013. 
  41. Navarro, Vicente, Ph.D. "The Jackboot of Dada: Salvador Dalí, Fascist" Arquivado 11 de abril de 2008 en Wayback Machine.. Counterpunch. December 6, 2003. (Revisado o 22 de xullo de 2006; en inglés).
  42. López, Ignacio Javier. The Old Age of William Tell (A study of Buñuel's Tristana). MLN 116 (2001): 295–314.
  43. The Phantasmagoric Universe—Espace Dalí À Montmartre Arquivado 28 de maio de 2006 en Wayback Machine..Bonjour Paris. (Revisado o 22 de agosto de 2006; en inglés).
  44. The History and Development of Holography. Holophile. (Revisado o 22 de agosto de 2006; en inglés).
  45. Hello, Dalí Arquivado 27 de setembro de 2006 en Wayback Machine.. Carnegie Magazine. (Revisado o 22 de agosto de 2006; en inglés).
  46. Elliott H. King in Dawn Ades (ed.), Dalí, Bompiani Arte, Milán, 2004, p. 456.
  47. Salvador Dalí Bio, Art on 5th Arquivado 04 de maio de 2006 en Wayback Machine.. (Revisado o 22 de xullo de 2006; en inglés).
  48. Salvador Dalí at Le Meurice Paris and St Regis in New York Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Andreas Augustin, ehotelier.com, 2007
  49. Scotsman review of Dirty Dalí
  50. The Dali I knew Arquivado 07 de xullo de 2007 en Wayback Machine. By Brian Sewell, thisislondon.co.uk (en inglés).
  51. Ian Gibson (1997). The Shameful Life of Salvador Dalí. W. W. Norton & Company.
  52. Recentemente se descubriron algúns debuxos, cos que o artista "pagou" os servizos médicos prestados por un recoñecido oncólogo estadounidense.
  53. "Dalí Resting at Castle After Injury in Fire". The New York Times. 1 de setembro de 1984. (Revisado o 22 de xullo de 2006; en inglés).
  54. Mark Rogerson (1989). The Dalí Scandal: An Investigation. Victor Gollancz. ISBN 0575037865. 
  55. Etherington-Smith, Meredith (1995). The persistence of memory: a biography of Dalí (1st Da Capo Press ed ed.). New York: Da Capo Press. p. 411. ISBN 978-0-306-80662-9. 
  56. Etherington-Smith, Meredith (1995). The persistence of memory: a biography of Dalí (1st Da Capo Press ed ed.). New York: Da Capo Press. pp. pp. xxiv, 411–412. ISBN 978-0-306-80662-9. 
  57. http://www.elpais.com/articulo/cultura/DALI/_SALVADOR/CATALUNA/MINISTERIO_DE_EDUCACION_Y_CIENCIA/PODER_EJECUTIVO/_GOBIERNO_PSOE_/1986-1989/Gobierno/recibio/ayer/testamento/Dali/1982/nombra/Estado/heredero/universal/elpepicul/19890131elpepicul_4/Tes
  58. http://www.salvador-dali.org/en_index.html Arquivado 25 de xuño de 2014 en Wayback Machine. | The Gala-Salvador Dalí Foundation website
  59. http://arsny.com/requested.html Arquivado 06 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. | Most frequently requested artists list of the Artists Rights Society

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar