23 de xaneiro
data
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 23 de xaneiro é o 23º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 342 días para finalizar o ano, 343 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 1197 - Afonso VIII cingue a milicia e ármase cabaleiro na Catedral de Santiago, na presenza de todos os bispos e señores dos seus reinos.[1]
- 1622 - María Soliño é sentenciada a morte por meiga en Cangas.
- 1656 - Blaise Pascal comeza a escribir as súas Lettres provinciales en defensa do xansenista Antoine Arnauld.
- 1677 - Carlos II de España e a raíña nai nomean primeiro ministro a Xoán Xosé de Austria.
- 1719 - Creación do Principado de Liechtenstein
- 1731 - Subscríbese un novo Tratado de Viena, polo que Austria, Inglaterra e España se alían para lograr que Carlos III obteña a sucesión ao trono de Nápoles e Sicilia.
- 1799 - Os republicanos franceses denominan República Partenopea ao antigo reino de Nápoles.
- 1810 - Os franceses avanzan doadamente por Andalucía e neste día apodéranse de Xaén e Córdoba.
- 1822 - Promúlgase en España a Lei de Beneficencia.
- 1855 - O Goberno español anuncia ás Cortes a ruptura de relacións coa Santa Sé.
- 1878 - O rei Afonso XII contrae matrimonio coa infanta María de las Mercedes de Orleáns e Borbón, en Madrid.
- 1896 - Wilhelm Röntgen descobre os raios X.
- 1902 - A explosión en Vigo dunha caldeira do canoneiro Cóndor causa dous mortos e cinco feridos.
- 1910 - Un terremoto causa a morte a máis de 5.000 persoas na provincia iraniana de Leristán.
- 1918 - Con motivo das restricións alimentarias comeza a funcionar en Francia a cartilla de pan, que só dá dereito a 300 g por día.
- 1920 - O Goberno neerlandés négase a conceder a extradición do ex emperador alemán Guillerme II, alegando que non figuraba entre os asinantes do Tratado de Versalles.
- 1920 - Estréase en Barcelona a obra La de san Quintín, de Benito Pérez Galdós.
- 1928 - Rusia e o Xapón asinan un acordo pesqueiro que garante ao país nipón a pesca en augas rusas do océano Pacífico.
- 1931 - Por acordo entre España e Portugal quedan abolidos os pasaportes entrambos países.
- 1932 - Disólvese en España a Compañía de Xesús cuxos bens son expropiados.
- 1933 - Unha declaración do xefe de goberno Molotov subliña a vontade de paz da URSS.
- 1935 - Asínase un tratado entre Xapón e Manchuria sobre a venda a Manchuria do ferrocarril chinés oriental.
- 1943 - Os británicos toman Trípoli (Libia) aos nazis, na segunda guerra mundial
- 1943 - Winston Churchill e Theodore Roosevelt adoptan na Conferencia de Casablanca o principio de "rendición incondicional" e unha serie de accións militares para evitar un futuro rexurdimento militar alemán.
- 1948 - Dwight Eisenhower négase a presentarse como candidato ás eleccións presidenciais de Estados Unidos.
- 1949 - Os conservadores xaponeses conseguen unha maioría parlamentaria absoluta.
- 1950 - Xerusalén é declarada capital do Estado de Israel polo Parlamento Israelí.
- 1952 - Restablécese o corpo de Mossos d'Esquadra da Deputación de Barcelona.
- 1952 - A República Federal de Alemaña e España asinan un acordo social para concertar un intercambio mutuo de produtores.
- 1954 - O escritor estadounidense Ernest Hemingway sobrevive a dous accidentes de aviación, ocorridos en dous días consecutivos.
- 1956 - O primeiro ministro soviético Nikolai Bulganin propón un tratado de amizade, nunha carta dirixida ao presidente Dwight Eisenhower.
- 1958 - En Venezuela, é derrocada a ditadura do xeneral Marcos Pérez Jiménez por medio dun golpe militar.
- 1960 - O físico suízo Jacques Piccard, fillo de Auguste Piccard, acada unha profundidade de 10 970 m na Foxa das Marianas a bordo dunha batisfera, .
- 1961 - Apróbase a Constitución de Venezuela, vixésima sexta dende que se conseguiu a independencia.
- 1971 - Lánzase o satélite orbital Óscar 5.
- 1975 - Mídese por primeira vez o tamaño dun asteroide, Eros.
- 1979 - A ofensiva da Fronte Polisario no Sáhara causou 800 baixas no Exército marroquí.
- 1981 - A sentenza de morte pronunciada contra o xefe da oposición surcoreana, Kim Dae yung, é trocada por cadea perpetua.
- 1983 - O tenista sueco Björn Borg, pentacampeón de Wimbledon, explica as razóns da súa retirada da alta competición.
- 1985 - Por primeira vez en España, militares dos dous exércitos combatentes na Guerra Civil participan conxuntamente nun acto de homenaxe aos soldados españois falecidos en contenda.
- 1986 - Morren 38 persoas no incendio dun hotel de luxo en Nova Delhi (India).
- 1986 - Bradford A. Smith descobre a lúa do planeta Urano, Bianca, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2.
- 1989 - Autorízase en Estados Unidos o primeiro transplante de xenes a humanos para tratar o cancro.
- 1995 - Gregorio Ordóñez, candidato polo PP á alcaldía de Donostia, é asasinado pola banda terrorista ETA en San Sebastián dun tiro na cabeza.
- 2003 - Máis de 5.100 civís e militares traballaron nas praias afectadas pola vertedura do fuel do Prestige.
- 2003 - Un batiscafo intenta pechar a única fuga que non se pechou na proa do Prestige.
- 2003 - A Xunta de Galicia aproba o Plan Galicia, cun investimento de 1.663 millóns de euros para 2003/2006.
Nacementos
editar- 1783 - Stendhal, (Marie Henri Beyle), escritor francés.
- 1832 - Edouard Manet, pintor impresionista francés.
- 1846 - Manuel Mato Vizoso, escritor e historiador galego (m. 1909).
- 1862 - David Hilbert, matemático e filósofo alemán.
- 1870 - William G. Morgan, inventor do voleibol.
- 1876 - Otto Paul Hermann Diels, químico alemán (m. 1954).
- 1895 - Juan Tizón Herreros, escritor e político galego (m. 1945).
- 1898 - Sergei Eisenstein, director de teatro e cinema ruso.
- 1899 - Humphrey Bogart, actor estadounidense.
- 1903 - Jorge Eliécer Gaitán, político colombiano.
- 1907 - Hideki Yukawa, físico xaponés, premio Nobel de Física en 1949.
- 1910 - Django Reinhardt, guitarrista de jazz e compositor belga.
- 1913 - Jean-Michel Atlan, pintor francés.
- 1915 - Arthur Lewis, Premio Nobel de Economía en 1979.
- 1917 - Noël Salomon, historiador francés.
- 1918 - Gertrude Elion, bioquímica estadounidense gañadora do Premio Nobel de Medicina en 1988.(m.1999)
- 1926 - Manuel Cajaraville Pensado, bailarín e coreógrafo galego (m. 1999).
- 1928 - Jeanne Moreau, actriz francesa.
- 1930 - Derek Walcott, escritor antillano.
- 1938 - José Antonio Segurado, empresario e político español.
- 1938 - Georg Baselitz, pintor alemán.
- 1941 - Fernando Barragán, cirurxián español.
- 1944 - Rutger Hauer, actor, coñecido polo papel de replicante en Blade Runner.
- 1946 - Arnoldo Alemán, político e presidente de Nicaragua.
- 1950 - Luís Alberto Spinetta, músico e compositor arxentino.
- 1951 - Victoriano Urgorri, científico galego.
- 1952 - Ángela Carrasco, cantante dominicana.
- 1956 - Ángela Molina, actriz española.
- 1957 - Carolina Grimaldi, princesa de Mónaco.
- 1962 - Elvira Lindo, escritora e xornalista española.
- 1968 - Ricardo Molina Tenor, poeta español.
- 1969 - Ariadna Gil, actriz española.
Mortes
editar- 1516 - Fernando de Aragón, un dos Reis Católicos.
- 1622 - William Baffin, explorador inglés.
- 1648 - Francisco de Rojas Zorrilla, dramaturgo español.
- 1744 - Giambattista Vico, filósofo italiano.
- 1789 - John Cleland, novelista inglés (n. 1709).
- 1792 - Joshua Reynolds, pintor inglés.
- 1806 - William Pitt, o Novo, político británico.
- 1883 - Paul Gustave Dourei, pintor e gravador francés.
- 1889 - Alexandre Cabanel, pintor francés.
- 1889 - Ignacio Domeyko, xeólogo e mineraloxista polaco que viviu a maior parte da súa vida en Chile.
- 1893 - José Zorrilla, dramaturgo español.
- 1928 - María Guerrero, actriz española.
- 1931 - Anna Pavlova, bailarina rusa.
- 1938 - Ismael Enrique Arciniegas, escritor e político colombiano.
- 1944 - Edvard Munch, pintor noruegués.
- 1947 - Pierre Bonnard, pintor francés.
- 1947 - José Calviño Domínguez, avogado e político galego.
- 1956 - Alexander Korda, cineasta e produtor británico de orixe húngara.
- 1976 - Erminio Blotta, escultor arxentino.
- 1977 - Óscar Hurtado, escritor cubano, pai da ciencia ficción cubana.
- 1986 - Joseph Beuys, artista alemán.
- 1989 - Salvador Dalí, pintor catalán.
- 1995 - Gregorio Ordóñez, político vasco (n. 1958).
- 2002 - Pierre Bourdieu, sociólogo francés.
- 2007 - Ryszard Kapuściński, xornalista e escritor polaco (n. 1932).
- 2007 - Francesco Masala, poeta e ensaísta sardo (n. 1916).
Festas e celebracións
editarSantoral
editar- San Ildefonso
Outros
editarNotas
editar- ↑ Rodríguez Sánchez, Francisco (2022). Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV) I. Asociación Socio-Pedagóxica Galega. p. 49. ISBN 978-84-949659-4-4.