Tuenti
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tuenti é unha rede social virtual dirixida á poboación nova española a cal só se podía acceder por invitación ata o 14 de novembro de 2011. En outubro de 2011 tiña 12 millóns de usuarios. Permite ao usuario crear o seu propio perfil, subir fotografías e vídeos e contactar con amigos. Ten outras posibilidades como crear eventos ou etiquetar amigos en fotos. Caracterízase tamén polo seu potente buscador.
Inaugurado en xaneiro de 2006, Tuenti é un dos sitios web máis visitados en España, de acordo con Alexa Internet. Dende o 3 de decembro do 2009 conta cunha versión en galego[1].
O sitio estaba enfocado principalmente á poboación española, ata que o 11 de xullo de 2012 anunciouse unha renovación da rede social na cal o novo Tuenti estaría aberto a toda Europa, Estados Unidos e Latinoamérica, e cunha maior oferta de idiomas.
Historia
[editar | editar a fonte]Tuenti é unha rede social española creada en xaneiro de 2006 por Zaryn Dentzel, un estudante estadounidense da Universidade de Deusto, actualmente residente en Madrid (España). Ao principio ía dirixido para universitarios e só algúns coñecidos puideron probalo. Máis tarde, en vista do seu éxito, permitiron a entrada a máis usuarios, mais só se tiñan invitación. Actualmente calcúlase máis de 7 millóns de usuarios, sobre todo en España[2], a inmensa maioría deles universitarios e escolares.
Equipo
[editar | editar a fonte]Para atopar programadores fíxose unha selección por Internet, incluído Tuenti. De aí fíxose un casting e escolleuse ao equipo actual, que está formado por xente de todo o mundo (norteamericanos, polacos, británicos e españois).
Nome
[editar | editar a fonte]O nome de Tuenti deriva da pronunciación do número 20 en inglés que é twenty, que sona parecido a tuenty, pero co i latino. Segundo unha reportaxe xornalística ao equipo de Tuenti, dixeron que o seu nome viña da pronunciación de 20, xa que esta páxina ía estar dedicada aos mozos de devandita idade.
Segundo Zaryn Denzel, o nome "Tuenti" xurdiu da necesidade de atopar un que incluíse "tú" e "ti". Para poñerlle nome os membros barallaron moitos nomes e ao final decidíronse por Tuenti porque se parece a "tu entidad" e porque soaba ben.
Funcionamento
[editar | editar a fonte]Tuenti é unha rede social de acceso restrinxido á que só se entra mediante a invitación dun membro anteriormente rexistrado. Este mecanismo, segundo a empresa, garante en principio que todo usuario recentemente chegado xa teña unha ligazón con outro membro da rede a partir do cal poida comezar a establecer relacións co resto dos usuarios. Crese que o éxito de Tuenti radica na garantía de privacidade que ofrece.
O meu perfil
[editar | editar a fonte]Cada usuario dispón dentro da rede dunha páxina denominada "O meu perfil", dividida en varios apartados cuxa visibilidade dentro da rede polo resto dos usuarios pode ser regulada de xeito a que só sexa visible polos amigos do usuario, polos amigos dos seus amigos ou por todos os usuarios. Nesta páxina atópase normalmente na columna esquerda unha fotografía do usuario con información persoal tal como o sexo, a idade, o estado actual (a elixir entre "solteiro", "con alguén", "con apaño"), a data de aniversario, a cidade de residencia, o que o usuario busca dentro da rede ("amizade", "mozo/moza", "mozo/moza para apaño") e a data de ingreso. Inclúese ademais nesta mesma columna información sobre os intereses do usuario como as súas afeccións, as súas películas e libros preferidos e os seus grupos de música favoritos, e as súas zonas polas que adoita a saír de noite.
A columna central de "O meu Perfil" está dividida en tres bloques: blog, fotos, e "O meu taboleiro". A sección de blog proporciona ao usuario un espazo onde escribir textos e incluír vídeos a modo de blog, ordenando as entradas por orde cronolóxica inversa. "Fotos" mostra as oito fotografías máis recentes nas que aparece o usuario. Finalmente, "O meu taboleiro" é un espazo onde os demais usuarios da rede poden deixar mensaxes.
Finalmente, a columna dereita mostra unha lista reducida dos amigos do usuario ordenada segundo a data de actualización dos seus perfís.
Tuenti dispón dun buscador interno para localizar a todos os membros da rede polo seu nome real. Para reducir os resultados da procura disponse de varios filtros como o sexo, a idade, o centro de estudos ou traballo e a zona de marcha.
Vantaxes
[editar | editar a fonte]- Ten un sistema privado, é dicir, só entra quen está rexistrado, e éntrase por invitación.
- Pódese definir o nivel de privacidade dos perfís.
- Publicidade non invasiva en forma de eventos patrocinados.
- Avisa do aniversario dos amigos.
- Hai sistemas para atopar xente que hai tempo que non se ve. Introdúcense as características desa persoa (idade, provincia, colexio, universidade, zonas de marcha, sexo etc.) e selecciona a xente que cumpre devanditas características.
- Non está sobrecargado de aplicacións.
Inconvenientes
[editar | editar a fonte]- Ao levar menos tempo que as outras redes sociais e debido ao éxito que está tendo hai problemas de bloqueo na páxina.
- Non se pode entrar como invisible.
- Había moita dificultade para subir fotos, os paróns son frecuentes[cita requirida].
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Sérvense ao redor de 2000 millóns de páxinas ao mes, aínda que a rede está en pleno crecemento. Cada semana rexístranse ao redor de 8000 usuarios novos[3] e calcúlase que cada usuario lle dedica ao sitio dúas horas de uso por sesión[cita requirida] , mentres que noutras redes sociais como Facebook e MySpace non se chega aos 45 minutos.
Aplicación para iPhone
[editar | editar a fonte]O 21 de xaneiro de 2009 lanzouse unha aplicación gratuíta para o iPhone[4] no servizo iTunes, acadando nos seus primeiros catro días 43.500 usuarios[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tuenti en galego, prestixio para a lingua entre a xente nova
- ↑ "Los más adictos a Tuenti". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2010.
- ↑ "¿Crees que conoces Tuenti?". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2010.
- ↑ Tuenti lanza una aplicación gratuita para el iPhone
- ↑ "La aplicación Tuenti para iPhone, todo un éxito". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de inicio de Tuenti Arquivado 23 de setembro de 2008 en Wayback Machine.