Saltar ao contido

Thomas Stewart Traill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Stewart Traill

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1781 Editar o valor en Wikidata
Kirkwall, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 1862 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Regius Professor of Forensic Medicine (en) Traducir
1832 – 1862
← Robert Christison (en) TraducirDouglas Maclagan (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina forense e farmacoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, xeólogo, patólogo, zoólogo, meteorólogo, químico, legista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Traill-58


Thomas Stewart Traill, nado en Kirkwall, capital das illas Órcadas, (Escocia) o 29 de outubro de 1781 e finado en Edimburgo o 30 de xullo de 1862, foi un físico, químico, mineraloxista, meteorólogo, zoólogo e profesor de medicina legal escocés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou medicina na Universidade de Edimburgo, disciplina na que se doutorou en 1802.[1] Practicou o exercicio da medicina durante 30 anos en Liverpool, onde foi un dos fundadores da Royal Institution of Liverpool, a Liverpool Mechanics' Institution e a Literary and Philosophical Society of Liverpool.

Fíxose moi coñecido como explorador do Ártico acompañando a William Scoresby nas súas viaxes, e a el se debe unha lista de animais observados nas costas orientais de Groenlandia publicada no Journal of a Voyage to the Northern Whale Fishery de Scoresby (1823). Scoresby bautizou a illa de Traill, en Groenlandia, na súa honra.

Cando John James Audubon chegou a Liverpool en xullo de 1826, Traill axudouno a encontrar un editor para a súa obra The Birds of America. Audubon denominou como Taill's flycatcher, a unha especie que se corresponde coas actuais Empidonax traillii e Empidonax alnorum.

Traill volveu á universidade de Edimburgo en 1833 como profesor de medicina legal. Foi editor da 8ª edición da Encyclopædia Britannica (1852–61), que concluíu un ano antes da súa morte.

Faleceu en Edimburgo o 30 de xullo de 1862, e está soterrado no cemiterio de St Cuthbert's.[1]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Traill emprégase para recoñecer a Thomas Stewart Traill como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. 1,0 1,1 Waterston, Charles D. e Macmillan Shearer, A. (2006): Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783-2002: Biographical Index. Vol 2. Edinburgh: The Royal Society of Edinburgh. ISBN 978-0-902198-84-5.