Saltar ao contido

Farmacoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facultade de farmacia da USC.

A farmacoloxía é unha área da química farmacéutica que estuda como afectan certas substancias químicas ó funcionamento celular no organismo.

Ramas da farmacoloxía

[editar | editar a fonte]
  • Farmacocinética: o estudo dos procesos físico-químicos que sofre un fármaco cando se administra ou incorpora a un organismo. Estes procesos serían liberación, absorción, distribución, metabolización e eliminación.
  • Farmacodinámica: ciencia que estuda o mecanismo de acción dos fármacos, é dicir estuda como os procesos bioquímicos e fisiolóxicos dentro do organismo ven afectados pola presenza do fármaco.
  • Biofarmacia: o estudo da biodisponibilidade dos fármacos.
  • Farmacognosia: estudo de plantas medicinais e drogas que delas derívanse.
  • Química farmacéutica: estuda os fármacos desde o punto de vista químico, o que comprende o descubrimento, o deseño, a identificación e preparación de compostos biolóxicamente activos, a interpretación do seu modo de interacción a nivel molecular, a construción da súa relación estrutura-actividade e o estudo do seu metabolismo.
  • Farmacia galénica ou Farmacotecnia: rama encomendada á formulación de fármacos como medicamentos.
  • Posoloxía: o estudo da dosificación dos fármacos.
  • Toxicoloxía: o estudo dos efectos nocivos ou tóxicos dos fármacos.
  • Farmacoloxía clínica: avalía a eficacia e a seguridade da terapéutica por fármacos.
  • Farmacovixilancia: é unha disciplina que permite a vixilancia despois da comercialización dos medicamentos a fin de detectar, previr e notificar reaccións adversas en grupos de pacientes.
  • Cronofarmacoloxía: O estudo da correcta administración de medicamentos conforme ao ciclo circadiano do ser humano, isto co fin de maximizar a eficacia e diminuír os efectos colaterais.