Saltar ao contido

The Forest (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Forest
Logo do videoxogo
Desenvolvedor(es)Endnight Games
Distribuidora(s)Endnight Games
Compositor(es)Gabe Castro
MotorUnity
Lanzamento30 de maio de 2014 (Alpha)
XéneroMundo aberto, horror e supervivencia
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Windows
Na rede
https://endnightgames.com/games/the-forest
Youtube: UCx7BtHlBhPPZwdOzn6lby2g Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Forest é un videoxogo de supervivencia e terror en primeira persoa desenvolvido por Endnight Games para Windows. A versión en alpha do xogo lanzouse o 30 de maio de 2014.[1]

En The Forest, o xogador debe sobrevivir nunha illa arbolada despois de converterse no único supervivente dun accidente de avión. Para logralo deberá crear construcións, armas e outros útiles de supervivencia. Os habitantes da illa son unha tribo de mutantes caníbales nocturnos, que viven nas cavernas da illa. Mentres que non son sempre hostís co xogador, o seu comportamento habitual é agresivo.[2] Porén, os creadores do xogo quixeron que o propio xogador se preguntase se a tribo caníbal é a inimiga do xogador, ou vice versa.[2]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

The Forest inspirouse en filmes de culto como The Descent e Cannibal Holocaust e en videoxogos como Minecraft e Don't Starve,[3][4] e foi aceptado como parte do Steam Greenlight en 2013.[5] Os desenvolvedores de Endnight Games comentaron que Disney foi unha inspiración para o xogo, xa que non querían que fose completamente "escuro e deprimente".[3] O xogo está a ser adaptado para que sexa compatible co dispositivo de realidade virtual Oculus Rift.[6] O equipo está a considerar un modo de multixogador.[3]

  1. Maiberg, Emanuel (19 de marzo de 2014). "The Forest early access coming May 22, new trailer scarier than ever". PC Gamer. Consultado o 26 de marzo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Savage, Phil (28 de maio de 2013). "The Forest interview: survival, horror and the VR wilderness". PC Gamer. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Robertson, John (29 de xaneiro de 2014). "The Forest: survival, horror and the guilt of killing – interview". VG247. Consultado o 2 de marzo de 2014. 
  4. Matulef, Jeffrey (8 de maio de 2013). "First-person open-world survival horror game The Forest looks brilliant". Eurogamer. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  5. Savage, Phil (11 de novembro de 2013). "The Forest trailer shows continued survival, panicked combat and questionable effigies". PC Gamer. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  6. Hinkle, David (24 de xaneiro de 2014). "Explore virtual reality horror game The Forest in new screens". Joystiq. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]