Saltar ao contido

Teofilacto Simocatta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeofilacto Simocatta
Nome orixinal(grc) Θεοφύλακτος Σιμοκάτ(τ)ης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento580 Editar o valor en Wikidata
Exipto Editar o valor en Wikidata
Morte630 (>630) Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Actividade
Ocupaciónhistoriador, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo VI Editar o valor en Wikidata - século VII Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC
Library of the World's Best Literature Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1135026

Theophylaktos Simokatés (ou Simocatta, Simocates, latinizado como Theophylactus Simocatta) foi un historiador bizantino de principios do século VII. O alcume de simokattés (fociño de gato) atribúese xeralmente á súa aparencia física.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Teofilacto, a quen podemos considerar o derradeiro historiador do mundo antigo, era orixinario da provincia romana de Exipto. Xunto a obras menores, no reinado do emperador Heraclio compuxo unha obra historiográfica chamada Historias. Teofilacto, que se cadra exerceu as altas funcións de Prefecto urbano de Constantinopla, inscribiuse na serie dos historiadores do século VI (Procopio de Cesarea, Agatías de Mírina, Menandro o Protector) e relatou o reinado do emperador de Oriente emperador (582–602), en particular das guerras que este último levou contra os persas sasánidas e os eslavos. A obra, como di claramente o seu prefacio, foi composta so o reinado de Heraclio (610-641), e o seu contido permite pensar que estaba totalmente rematada sobre 630: a derradeira guerra do Imperio de Oriente so Heraclio contra os persas (602–628) está aparentemente rematada, mentres que a conquista árabe (que comeza en 634) aínda non empezara, ou polo menos non se fai alusión ningunha a ela[1].

A súa obra

[editar | editar a fonte]

A obra de Teofilacto, malia ser inferior desde o punto de vista da lingua e do estilo ás dos historiadores do Baixo Imperio (especialmente Amiano Marcelino e Procopio de Cesarea), constitúe porén unha fonte de información esencial sobre os persas e os eslavos. Inspírase nos historiadores de finais do século VI como Teófanes de Bizancio e Xoán de Epifanía, cuxas obras están case completamente perdidas. Escribe en grego antigo, pero a súa prosa contén un gran número de formas que anuncian xa o grego medieval. A decadencia da cultura antiga no imperio de Oriente tras as invasións árabes non permitiu un relevo literario de Teofilacto. A tradición dos historiadores da Antigüidade remata nel.

Teofilacto Simocatta é tamén un epistolografista, autor dunha escolma de noventa e cinco cartas ficticias, dividida en tres partes : as cartas morais, as cartas de paisanos, as cartas de cortesás. amén temos del un libro de Quaestiones naturales.

  1. En V, 15, atribúeselles unha predición aos astrólogos caldeos da corte do rei Cosroes II, segundo a cal había haber unha guerra entre os persas e os romanos, os primeiros prevalecerían durante vinte e un anos, os segundos triunfarían despois durante sete anos e logo «o día sen crepúsculo levantaríase, poñendo fin ao mundo das cousas corruptíbeis. Como Heraclio vencera aos persas 628, despois dunha vintena de anos de graves reveses para os romanos, semella que esta predición fose inventada xusto despois, por xente que agardaba a fin do mundo en 635.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Copérnico, Nicolao (1509). Hallers, ed. Theophilacti scolastici Simocatti epistolae morales, rurales et amatoriae. Cracovia. 
  • Theophylaktes Simokates: Geschichte (1985), trad. en alemán das Historias por Peter Schreiner, Stuttgart.
  • (en inglés) John Martindale, The Prosopography of the Later Roman Empire IIIb, Cambridge, 1992, 1311 p.
  • (en inglés) Michael Whitby, The emperor Maurice and his Historian. Theophylact Simocatta on Persian and Balkan Warfare, Oxford, 1988.
  • (en inglés) Michael e Mary Whitby, The History of Theophylact Simocatta., traduction en anglais avec une introduction et des notes, Oxford, 1986.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]