Prisco de Panio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 410 Panion, Turquía (en) |
Morte | 471 (60/61 anos) |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, orador, historiador, escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século V ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Prisco (en latín, Priscus, e en grego Πρίσκος) nado en Panium, Tracia, arredor de 410[1][2] e finado despois de 472,[2] foi un político, sofista e historiador bizantino do século V.[1][2] É autor dunha Historia bizantina en sete libros que resulta especialmente interesante pola información sobre os hunos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Acompañou a Maximino o embaixador de Teodosio II á corte de Atila en 448.[1][2] Durante o reinado de Marciano (450-457) tamén formou parte de misións a Arabia e Exipto.
Prisco foi o autor dunha obra histórica en oito libros (Ιστορία Βιζαντικὴ καὶ κατὰ ̓Αττήλαι; coñecida como a Historia Bizantina), probabelmente desde a entronización de Atila á de Zenón (433-474). Só quedan fragmentos da súa obra, en gran parte preservados na Getica de Xordanes, pero a descrición de Atila e a súa corte e o informe da recepción dos embaixadores romanos é unha valiosa peza de historia contemporánea, os seus escritos son imparciais e obxectivos, cousa pouco usual. Consérvanse fragmentos extensos por apareceren citados por Constantino Porfiroxéneta e outros autores.
Na Suídas indícase que tamén escribiu Μελεταὶ ̔Ρητορικαί (Declamationes Rhetoricae e Epistolae), unha obra xa perdida.
Tanto Xordanes como Xuvenco aproveitaron moita información da obra de Prisco.
Os restos das súas obras, consérvanse en tres coleccións principais:
- Ludwig Dindorf: Historici Graeci Minores (Leipzig, B.G. Teubner, 1870) (en grego)
- C.D. Gordon: The Age of Atila: Fifth-century Byzantium and the Barbarians (Ann Arbor, University of Michigan Press, 1960) (en inglés con comentario e notas).
- Blockley, R.C.: The Fragmentary Classicising Historians of the Later Roman Empire, vol. II (ISBN 0-905205-15-4) (inclúe fragmentos doutros historiadores, incluído Olimpiodoro de Tebas)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prisco de Panio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Priscus". Encyclopædia Britannica (en inglés) 22 (11ª ed.). Cambridge: Cambridge University Press.
- Kazhdan, Alexander Petrovich , ed. (1991). The Oxford Dictionary of Byzantium (en inglés). Oxford / Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prisco na corte de Atila, tradución de J.B. Bury