Saltar ao contido

Tépalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemerocallis fulva, onde o perianto non é diferenciado entre pétalos e sépalos - desígnanse, entón, como tépalos.

O tépalo é o segmento ou unidade dos periantos nos que non están claramente diferenciados a corola e o cáliz, como no tulipán ou a cebola.

Máis especificamente, un tépalo é a parte floral da planta na familia das magnolias, Magnoliaceae e doutras plantas florais primitivas como a Amborellaceae. Corresponde aos sépalos e pétalos nas flores doutras plantas con periantos dobres ou compostos pero, a diferenza destas, todos os tépalos son da mesma forma e cor, non habendo case diferenza, sen sépalos que sirvan de protección ao brote en desenvolvemento, nin pétalos máis grandes que atraian aos insectos.