Suso Díaz Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 Suíza |
Morte | 12 de outubro de 2010 (38/39 anos) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema |
Suso Díaz Seoane, nado o 15 de xullo en Suíza en 1971 e finado en Ourense o 12 de outubro de 2010, foi un actor, escenógrafo, iluminador, deseñador gráfico, director e autor teatral galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Suso Díaz estivo vinculado a Sarabela Teatro dende 1988 ata o seu falecemento, e con este grupo de Ourense desempeñou diversos labores teatrais, pero fundamentalmente o de escenógrafo, iluminador, actor e deseñador gráfico. Colaborou tamén como docente na Aula Universitaria de Teatro de Ourense, e contribuía á organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) e a Mostra de Teatro Infantil (MOTI), desenvolvidas por Sarabela Teatro en Ourense.
En 2006 cofundou a compañía La Imagina Machina, coa que dirixiu montaxes como A viaxe de Efi [1] autor Suso Díaz (2006) e Ubú Rei, de Alfred Jarry (2008)[2].
O 10 de novembro de 2011 estréase o SUFESTIVAL[3] no Teatro Principal de Ourense, máis de medio centenar de artistas reuníronse para homenaxear a Suso Díaz un ano despois do seu falecemento.
Montaxes
[editar | editar a fonte]- 1989. Xacobe ou a submisión, de E.Ionesco (actor)
- 1990. Super-tot, de Benet i Jornet (actor)
- 1990. Madame de Sade, de Mishima (actor)
- 1992. Leoncio e Lena, de Büchner. (actor) CDG
- 1993. Xacobe e o seu amo, de Milan Kundera
- 1994. Cama 2 por 2 para 2, de Sergi Belbel (actor)
- 1996. A esmorga de Eduardo Blanco Amor (actor; como Bocas)
- 1997. Afección, de B. Muñoz, A.Cuña Bóveda, C. Couceiro e F. Dacosta (actor)
- 1998. Tics. de B. Muñoz, A.Cuña Bóveda, C. Couceiro e F. Dacosta (actor)
- 1999. Os soños de Caín. de B. Muñoz, A.Cuña Bóveda, C. Couceiro e F. Dacosta (actor)
- 1999. Romance de Micomicón e Adhelala, de Eduardo Blanco Amor (actor; como Micomicón)
- 2000. O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (iluminador, actor; como o doutor Daniel da Barca)
- 2001. Sexismunda, versión de La vida es sueño, de Pedro Calderón de la Barca (actor, escenógrafo, iluminador)
- 2001. A illa amarela, de Paloma Pedrero (escenógrafo)
- 2002. A conxura dos necios, dramaturxia A. Cuña Bóveda
- 2003. Así que pasen cinco anos, de Federico García Lorca (actor, escenógrafo, iluminador)
- 2004. Caricias, de Sergi Belbel (escenógrafo)
- 2004. A gata con botas, adaptación do conto de Charles Perrault (escenógrafo)
- 2005. O heroe, de Manuel Rivas (actor, escenógrafo, iluminador)
- 2006. Macbeth, de William Shakespeare (actor, iluminador)
- 2006. A viaxe de Efi de Suso Díaz (autor, director, escenógrafo, iluminador)
- 2007. Margar no pazo do tempo, de Ánxeles Cuña (actor, escenógrafo, iluminador)
- 2007. Ubú Rei, de Alfred Jarry (director, escenógrafo, iluminador)
- 2008. Dame veleno, de A.Cuña Bóveda
- 2009. A Esmorga, de E. Blanco Amor (actor; como Bocas)
- 2010. Konrad, de A.Cuña Bóveda
- 2010. O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (actor, iluminador; faleceu no transcurso das súas representacións).
Galardóns
[editar | editar a fonte]Obtivo 7 premios María Casares:
- Mellor iluminación pol'O lapis do carpinteiro.
- Mellor iluminación por Sexismunda.
- Mellor iluminación pol'A esmorga.
- Mellor escenografía por Así que pasen cinco anos.
- Mellor escenografía pol'O heroe (dentro do colectivo La Faust und Volk).
- Mellor escenografía pol'A esmorga.
- Mellor iluminación por O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, recibido de forma póstuma en 2011
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Non se fixeron públicas as causas da súa morte[4]. Foi soterrado no camposanto de Pazos de San Clodio, en San Cibrao das Viñas. Instalouse a súa capela ardente no Auditorio de Ourense.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un doble estreno abrió el Festival de Teatro Galego de O Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-09-04. Consultado o 2019-05-04.
- ↑ La Imagina Machina escenifica una farsa sobre los dramas shakesperianos en clave musical, La Voz de Galicia, 10/9/2008
- ↑ "Medio centenar de artistas y técnicos rinden homenaje a Suso Díaz en el Principal". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-11-08. Consultado o 2019-05-04.
- ↑ Achan morto no seu domicilio en Ourense o actor Suso Díaz Arquivado 16 de outubro de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 13/10/2010.