Premio María Casares á mellor escenografía
Aparencia
Os Premios de Teatro María Casares á mellor escenografía outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior.
En 2023 Espazo escénico.
Os galardóns
[editar | editar a fonte]Os Premios María Casares galardoaron na categoría de mellor escenografía os seguintes profesionais:
- 1997. Baltasar Patiño por Zeppelin nº 7 (Matarile Teatro) e Paco Conesa por Noite de Reis (Teatro do Noroeste)
- 1998. Baltasar Patiño por Negro é negro (Matarile Teatro)
- 1999. Suso Costa e Pablo Otero por Tics (Sarabela Teatro)
- 2000. Peter Botazzi por Si o vello Simbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego)
- 2001. Suso Costa por O lapis do carpinteiro (Sarabela Teatro)
- 2002. Paco Conesa por A cacatúa verde (Centro Dramático Galego)
- 2003. Carlos Alonso por Río Bravo'02 (Grupo Chévere)
- 2004. Suso Díaz Seoane por Así que pasen cinco anos (Sarabela Teatro)
- 2005. Baltasar Patiño por O ano do cometa (Centro Dramático Galego)
- 2006. La Faust und Volk por O heroe (Sarabela Teatro)
- 2007. Paco Conesa por Imperial Café Cantante (Teatro do Noroeste)
- 2008. Baltasar Patiño por Noite de reis. Ou o que queirades (Centro Dramático Galego)
- 2009. Carlos Alonso por Unha primavera para Aldara (Teatro do Atlántico).
- 2010. Suso Díaz Seoane por A esmorga, (Sarabela Teatro).
- 2011. Marcelino de Santiago, Kukas por Un cranio furado, (Producións Teatráis Excéntricas)[1].
- 2012. Paco Conesa por Piratas (Teatro do Noroeste)
- 2013. Marta Pazos por Tokio 3 (Voadora)
- 2014. Chévere e Javier Domingo Ballestín por Eurozone (Chévere)
- 2015. Carolo Losada Soto por Kassa (Elefante Elegante)
- 2016. Carlos Alonso por Xardín Suspenso (Centro Dramático Galego)
- 2017. Dani Trillo por Foucellas (Talía Teatro)
- 2018. Laura Iturralde e Montse Piñeiro por Resaca (ilMaquinario Teatro)
- 2019. Suso Montero por Divinas Palabras Revolution (Chévere e CDG)
- 2020. Marta Pazos por Neorretrato e posmorriña (Centro Dramático Galego)
- 2021. Beatriz Vega por 32 m2 (Butacazero)
- 2022. Dani Trillo, por Cigarreiras de Contraproducións e Teatre Romea
- 2023. Blanca Añón por Ás oito da tarde, cando morren as nais do CDG
As profesionais máis premiadas
[editar | editar a fonte]Os escenógrafos que máis veces conseguiron o galardón foron Baltasar Patiño e Paco Conesa, que o fixeron en catro ocasións, mentres que Carlos Alonso o recibiu tres veces e Suso Díaz Seoane e Suso Costa en dúas ocasións cada un.