Sitric Cáech
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Morte | 927 |
Rei de Northumbria | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Uí Ímair (pt) |
Cónxuxe | Edith de Polesworth (926 (Gregoriano)–) |
Fillos | Gofraid mac Sitriuc, Aralt mac Sitric, Sitric II de Northumbria, Olaf Cuaran |
Parentes | Ímar, avó |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Sitric Cáech ou Sihtric Cáoch, chamado o Chosco (en irlandés antigo: Sihtric ua Ímair, en nórdico antigo Sigtrygg[1]), finado en 927, foi un líder nórdico-gaélico, monarca viquingo do reino de Dublín e máis tarde tamén de Jorvik (nome do reino de Northumbria so dominación viquinga)
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Sitric foi un dos netos de Ivar de Dublín, por tanto pertencía á dinastía nórdica coñecida como os Uí Ímair, que, xunto cos seus familiares Gofraid ua Ímair e Ragnall ua Ímair, sería moi influente e activa en Irlanda e o norte de Gran Bretaña[2].
Irlanda
[editar | editar a fonte]Os Anais do Ulster amosan a chegada de dúas frotas viquingas a Irlanda en 917, unha liderada por Ragnall e a outra por Sitric, os dous da casa de Ívar[3], que loitaron contra Niall Glúndub, derrotaron as forzas locais e, segundo os anais, Sitric, a continuación, foi a "Ath Cliath", é dicir, Dublín, e debemos asumir polo que indican as fontes documentais, que tomou posesión da cidade[4]. O seu compañeiro, Ragnall ua Ímair, despois de conquistar Waterford, dirixirase cara a Escocia[5], e máis tarde conquistará Jorvik (agora York), onde foi proclamado rei.
Sitric loitou en varias batallas contra Niall Glúndub. Menciónase unha gran guerra nas crónicas de 918, e 919, Niall e moitos outros reis irlandeses morreron nunha gran batalla ás portas de Dublín[6]. Foi, probabelmente, a derrota máis devastadora dos irlandeses inflixida polo exército escandinavo.
Rei de Jorvik
[editar | editar a fonte]O 920 ou 921, Sitric abandonou Dublín. Os cronistas indican que deixou o reino "co poder de Deus"[7], pero o certo é que, tras a morte do seu irmán Ragnall, pasou a ser rei de Jorvik. O seu outro irmán, Gofraid, estaba á fronte de Dublín.
Sitric atacou Mercia desde a fronteira co reino de Jorvik[8], e dirixiu os seus exércitos en Confey e noutras batallas.
Casou no ano 926 coa irmá do rei anglosaxón, Aethelstan, (probabelmente Editha de Polesworth)[9] nun movemento político deseñado polo mesmo Aethelstan, a fin de consolidar a súa influencia no norte do seu reino. Sitric morreu de súpeto, un ano máis tarde, en 927 e Aethelstan asumiu o trono do rei viquingo algúns anos máis tarde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Breeze, Andrew. «The Irish Nickname of Sitric Caoch (d. 927) of York, Saga-book of the Viking Society, 25» (en inglés) pp. 86-87, 1998-2001. [Consulta: 19 febreiro 2013]. Cáech ou Caoch non é un apelido, senón un alcuño que quere dicir 'chosco' en irlandés antigo.
- ↑ Downham, Clare. Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014 (en inglés). Edinburgh: Dunedin, 2007. ISBN 1-903765-89-0.
- ↑ Os dous eran netos do mesmo home, polo tanto podían ser irmáns ou curmáns.
- ↑ do Ulster Anais do Ulster ano 917:3,4,5
- ↑ Anais do Ulster ano 918:4
- ↑ Anais do Ulster 918:6, 919:3
- ↑ Anais do Ulster ano 920.5
- ↑ «Sihtric (Norse King of York)» (en inglés). [Consulta: 18 febreiro 2013].
- ↑ «Who Was St. Editha? Arquivado 19 de outubro de 2012 en Wayback Machine.» (en inglés). [Consulta: 18 febreiro 2013].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailey, Maggie (2001). "Ælfwynn, Second Lady of the Mercians". En N. J. Higham & D. H. Hill. Edward the Elder 899–924. Routledge. ISBN 0-415-21497-1.
- Billings, Anna Hunt (1967). A Guide to the Middle English Metrical Romances Dealing with English and Germanic Legends and with the Cycles of Charlemagne and of Arthur. Russell & Russell.
- Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin Academic Press. ISBN 978-1-903765-89-0.
- Foot, Sarah (2011). Æthelstan: The First King of England. Yale University Press. ISBN 978-0-300-12535-1.
- Hart, Cyril (2004). "Sihtric Cáech (d. 927)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/25543. Consultado o 6 xaneiro 2015. Subscription or UK public library membership Arquivado 29 de abril de 2013 en Wayback Machine. required.
- Hudson, Benjamin T. (2005). Viking Pirates and Christian Princes: Dynasty, Religion, and Empire in the North Atlantic. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-516237-0.
- O Croinin, Daibhi (16 Decembro 2013). Early Medieval Ireland, 400-1200. Routledge. ISBN 978-1-317-90176-1.
- Radner, Joan. "Writing history: Early Irish historiography and the significance of form" (PDF). Celtica 23: 312–325. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 16 de novembro de 2017.
- Robin, Jim; Smith, Sharon; MacDonald, Fiona; Margeson, Susan M.; Edgeworth, Louise. The Vikings. CUP Archive.
- Sawyer, Peter (Xaneiro 2001). The Oxford Illustrated History of the Vikings. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-285434-6.
- Smyth, Alfred P. (1975). Scandinavian York and Dublin: the history and archaeology of two related Viking kingdoms. Templekieran Press.
- Thacker, Alan (2001). "Dynastic Monasteries and Family Cults". En N. J. Higham & D. H. Hill. Edward the Elder 899–924. Routledge. ISBN 0-415-21497-1.