Saltar ao contido

Aelfwald II de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAelfwald II de Northumbria
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morte808 Editar o valor en Wikidata
Rei de Northumbria
844 – 853
← Eanred de NorthumbriaOsberht de Northumbria →
Rei de Northumbria
844 – década de 840
← Raedwulf de NorthumbriaOsberht de Northumbria →
Rei de Northumbria
década de 840 – 844
← Eanred de NorthumbriaRaedwulf de Northumbria →
Rei de Northumbria
806 – 808
← Eardwulf de NorthumbriaEanred de Northumbria →
Rei de Northumbria
806 – 808
← Eardwulf de NorthumbriaEardwulf de Northumbria → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata

Ælfwald II foi rei de Northumbria desde a deposición de Eardwulf en 806 ata quizais o 810.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Esta información só aparece en dous escritos: un libro titulado De primo Saxonum adventu de autor anónimo e na Flores Historiarum de Roger de Wendover; neste último dise que Ælfwald foi o que destronou a Eardwulf[1].

Algúns autores cren que Ælfwald II gobernou por dous anos, ata que Eardwulf volveu e recuperou o poder co apoio do emperador Carlomagno e o papa León III. Outros cren que o fillo de Eardwulf, chamado Eanred, foi quen o sucedeu[2].

Como do reinado de Ælfwald hai só uns documentos con pouca información, o estudo das moedas cuñadas durante o seu reinado é un complemento para o seu estudo. Estas foron cuñadas na cidade de York polo propietario dunha ceca chamado Cuthheard, o mesmo que fixo todas as moedas coñecidas do reinado de Eardwulf.

O escritor W. G. Collingwood foi o autor no 1917 dun libro, que recrea a vida de Ælfwald, titulado The Likeness of King Elfwald. Esta obra está baseada nun longo estudo sobre a historia de Northumbria, un tema que o levou a publicar outro libro, Northumbrian Crosses of the pre-Norman Age en 1919.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]