Serbia Branca
A Serbia Branca ou Bojka (en serbio Белa Србиja; arcaico Бојка, en grego antigo Boĩki), é o mítico fogar dos devanceiros dos serbios, dos serbios brancos (en serbio Бели Срби, Beli Srbi).[1][2]
Unha zona adxacente á Serbia Branca coñécese como Croacia Branca, na que os croatas tamén din teren a súa orixe.
A Serbia Branca e os seus habitantes poden interpretarse con cualificativos como serbios "non bautizados" ou "pagáns" (precristiáns), de acordo co De Administrando Imperio.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo Serbia Branca (Bela Srbija) está relacionado con Беларусь Belarús (ou Rusia Branca), neste caso pode referirse a que sexa unha terra "sen bautizar", en relación cos serbios dos Balcáns que eran cristiáns.[Cómpre referencia]
Bojka, (Boĩki, usado en grego antigo, derivado do protoeslavo *bojь = batalla, guerra, loita) pode relacionarse co grupo étnico ucraíno, os Boyko, e coa tribo celta dos Boii, que vivían no século II a.C. na conca danubiana.[Cómpre referencia]
Situación
[editar | editar a fonte]A localización da Serbia Branca é controvertida. Foi descrita como situada en:
- O norte do Danubio e os Cárpatos[3]
- A moderna República Checa.[4]
- Entre os ríos Elba e Saale.[6][7]
- En Polonia.[8]
- En Rutenia.[9]
- En Rügen, illas Svantevit no norte de Alemaña.[9]
- En Lusacia, triángulo entre Alemaña, a Repúlica Checa e Polonia.
Historia
[editar | editar a fonte]Os serbios brancos eran unha tribo de polabios eslavos[10] que vivían en Europa Central, ao lado da Croacia Branca.
A tribo era gobernada por un arconte, que foi sucedido por dous fillos, un deles, o chamado Arconte Descoñecido, levou a unha parte da súa tribo en armas contra terras bizantinas durante o goberno do emperador Heraclio (610-641). Mentres Heraclio loitaba contra os persas os ávaros convertéronse nunha gran ameaza nas fronteiras do Imperio bizantino, tomando cidades como Singidunum (Belgrado), Viminacium (Kostolac), Naissus (Niš), Sardica (Sofía) e ocasionando a destrución de Salona en 614.
Neste momento os serbios entraran en contacto co emperador. Os serbios brancos recibiron do emperador Heraclio, en primeiro lugar, a zona de Serbia grega (en grego Σέρβια, Serbia) na provincia de Tesalónica como un agasallo tras a súa vitoria contra os ávaros de Dalmacia.
Os serbios brancos estableceron pronto contacto co stratego bizantino de Singidunum (a moderna Belgrado) e establecéronse nas terras serbias, hoxe Bosnia e Hercegovina, Croacia, Montenegro e Serbia Central, administraddsas mediante as župas de Pagania, Rascia, Travunia, Doclea, Bosnia e Zachlumia, territorios incorporados todos eles, no século XIV, ao Imperio serbio.
Os descendentes dos serbios brancos (ou protoserbios) son os serbios actuais e os sorbios de Lusacia (que en lingua soraba é Serbja).[11][12]
Os serbios en Lusacia (Sorbios)
[editar | editar a fonte]Fredegario, cronista do Imperio carolinxio, meciona a Dervano ( Dervanus) na súa crónica como "dux gente Surbiorum que ex genere Sclavinorum ("gobernador do pobo dos serbios, da nación dos eslavos (esclavenos)"[13]
Este é o primeiro gobernante da tribo que aparece mencionado polo seu nome en toda a historia. Fredegario di que fora un subordinado dos francos durante moito tempo. Despois da derrota do rei franco Dagoberto I polo rei eslavo Samo cerca de Wogastisburgo en 631-632 Dervano declarou a súa independencia dos francos e "el e o seu pobo pasaron ao Imperio de Samo".
Dervano uniuse a Samo nas súas posteriores guerras contra os francos. Novos informes de Fredegario indican que Dervano e a súa xente vivían ao leste do saxón Saale. A referencia a Dervano en 631/632 tamén é a primeira confirmación escrita da presenza dos eslavos ao norte de Erzgebirge.
Dervano loitou contra os Thuringii (turinxios) en 631-634, e foi finalmente derrotado polo duque Randulf, gobernador de Turinxia no 636.
A seguinte mención dos sorbios é o Estado de Miliduch e o seu duque Nussito, que liberou os sorbios do Imperio franco, pero posteriormente foi asasinado durante as campañas dos francos en 806 por Carlos o Novo.
Presonaxes
[editar | editar a fonte]- Un Rei innominado
- Arconte descoñecido, ca. 610-641 (fillo do Rei)
- Dervano, ca. 631-636 (de xenealoxía descoñecida)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 De Administrando Imperio, Constantino Porfiroxénito
- ↑ Petar Vlahovic, Projekat Rastko Cetinje, "The Serbian Origin of the Montenegrins" (A orixe serbia dos montenegrinos) Arquivado 01 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 25/1/2012.
- ↑ Linus, C. (1878): The conquest of Turkey, or The decline and fall of the Ottoman Empire, 1877-8. Hubbard Bros.
- ↑ Noel Malcolm. Noel (1996): Bosnia: a short history. New York University Press.
- ↑ Andreas Nikolaou Stratos, Andreas (1968): Byzantium in the seventh century, Volume 1. Adolf M. Hakkert
- ↑ Heymann, Frederick Gotthold (1966): Poland & Czechoslovakia. Prentice-Hall.
- ↑ Ćirković, Sima M. (2004): "The Epochs os Serbian Developmernt" inThe Serbs. Blackwell Publishing. ISBN 0-631-20471-7
- ↑ Conte, Francis (1995): The Slavs. East European Monographs.
- ↑ 9,0 9,1 The Royal Anthropological Institute (1879): Journal of the Anthropological Institute.
- ↑ Howorth, W. W.: "The Spread of the Slaves" in The Journal of the Anthropological Institute of Graeat Britain and Ireland, 9, 1990, páxs. 181 e seguintes.
- ↑ Ćirković, Sima M. Op. cit.
- ↑ Kamusella, Tomasz (2008): The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe. Palgrave Macmillan [1]
- ↑ Téñase en conta que Subiorum significa "dos sorbios", e que en idioma sorbio denomínase serby e, en serbio, srbi.