Prochlorococcus
Prochlorococcus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Prochlorococcus é un xénero de cianobacterias oceánicas moi miúdas (0.6 µm) e cunha pigmentación por clorofila b, que é pouco habitual. Estas bacterias pertencen ao picoplancto fotosintético e son probablemente os organismos fotosintetizadores máis abundantes da Terra. Os microorganismos do xénero Prochlorococcus' están entre os principais produtores primarios do océano e responsables do 50% do osíxeno atmosférico[1]. A análise de 12 secuencias xenómicas desta especies mostran que hai 1100 xenes en común en tódalas liñas e que o tamaño medio do xenoma é de 2000 xenes[1]. Contrapóñase isto ao feito de que en algas eucariotas hai arredor de 10000 xenes[2].
Descuberta
[editar | editar a fonte]Malia que se tiñan dado varias análises anteriores onde se informaba de cianobacterias de pequeno tamaño con clorofila-b nos océanos[3][4], Prochlorococcus identifícaa no ano 1986[5] Sallie W. (Penny) Chisholm do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Robert J. Olson do Woods Hole Oceanographic Institution e outros colaboradores do mar dos Argazos empregando a citometría de fluxo. O primeiro cultivo do Prochlorococcus fíxose primeiro no mar dos Argazos no 1988 e despois no mar Mediterráneo. O nome de Prochlorococcus foi asignado por se pensar de primeiras que había unha relación co Prochloron e outras bacterias que conteñen ca clorofila-b, as que se designan como proclorófitos. Arestora sábese que os coñecidos como proclorófitos son parte, dentro do subgrupo das cianobacterias, de tres grupos de filoxenéticos separados.
A única especies descrita ata o de agora do xénero é Prochlorococcus marinus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Munn, C. Marine Microbiology: ecology and applications Second Ed. Garland Science, 2011.
- ↑ Kettler GC, Martiny AC, Huang K; et al. (2007). "Patterns and Implications of Gene Gain and Loss in the Evolution of Prochlorococcus". PLoS Genetics 3 (12): e231. PMC 2151091. PMID 18159947. doi:10.1371/journal.pgen.0030231.
- ↑ P. W. Johnson & J. M. Sieburth (1979). "Chroococcoid cyanobacteria in the sea: a ubiquitous and diverse phototrophic biomass". Limnology and Oceanography 24 (5): 928–935. doi:10.4319/lo.1979.24.5.0928.
- ↑ W. W. C. Gieskes & G. W. Kraay (1983). "Unknown chlorophyll a derivatives in the North Sea and the tropical Atlantic Ocean revealed by HPLC analysis". Limnology and Oceanography 28 (4): 757–766. doi:10.4319/lo.1983.28.4.0757.
- ↑ S. W. Chisholm, R. J. Olson, E. R. Zettler, J. Waterbury, R. Goericke & N. Welschmeyer (1988). "A novel free-living prochlorophyte occurs at high cell concentrations in the oceanic euphotic zone". Nature 334 (6180): 340–343. doi:10.1038/334340a0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- L. Campbell, H. A. Nolla & D. Vaulot (1994). "The importance of Prochlorococcus to community structure in the central North Pacific Ocean". Limnology and Oceanography 39 (4): 954–961. doi:10.4319/lo.1994.39.4.0954.
- Jagroop Pandhal, Phillip C. Wright & Catherine A. Biggs (2007). "A quantitative proteomic analysis of light adaptation in a globally significant marine cyanobacterium Prochlorococcus marinus MED4". Journal of Proteome Research 6 (3): 996–1005..
- Steve Nadis (2003). "The cells that rule the seas: the ocean's tiniest inhabitants, notes biological researcher Sallie W. Chisholm, hold the key to understanding the biosphere — and what happens when humans disrupt it". Scientific American: 52f. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2013.
- Melissa Garren (2012). "The sea we’ve hardly seen". TEDx Monterey: 52f. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2013.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- M. D. Guiry. "Prochlorococcus S.W. Chisholm, S.L. Frankel, R. Goericke, R.J. Olson, B. Palenik, J.B. Waterbury, L. West-Johnsrud & E.R. Zettler 1992: 299". AlgaeBase.
- The Most Important Microbe You've Never Heard Of: NPR A historia do Prochlorococcus
- Información xenómica de Prochlorococcus marinus: National Center for Biotechnology Information.