Olayinka Koso-Thomas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 (86/87 anos) Nixeria |
Cor dos ollos | Castaño escuro |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Campo de traballo | Médico |
Ocupación | médica |
Premios | |
Olayinka Koso-Thomas, nada en Abeokuta en 1937 é unha médica xinecóloga e activista social nixeriana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Koso-Thomas naceu en Nixeria, mais adoptou Serra Leoa como lugar de residencia. Estudou medicina na Leeds Medical School en Inglaterra e un curso de posgraduado na Universidade de Berkeley.
Traballa en favor da abolición da mutilación xenital femenina ou ablación de clítoris, o que provocou que estea ameazada de morte por diversos grupos de fanáticos relixiosos. Membro de diferentes asociacións médicas, presidiu o Comité Interafricano sobre as Prácticas Tradicionais que afectan a saúde das mulleres e da infancia.[1]
En 1998 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional xunto con Fatiha Boudiaf, Rigoberta Menchú, Fatana Ishaq Gailani, Somaly Mam, Emma Bonino e Graça Machel polo "seu traballo en defensa e pola dignidade da muller".[2]
Recibiu o título de Doutora Honoris Causa pola UNAM.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CEIPAZ. "OLAYINKA KOSO-THOMAS". 1325mujerestejiendolapaz.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 4 de xuño de 2020.
- ↑ Nogueira, Charo (6 de abril de 2012). ""Si la tradición no es buena, hay que cambiarla"". El País (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ Gómez-Robledo, Marina (7 de agosto de 2015). ""Es imposible describir el horror de la mutilación genital femenina"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 4 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Muller |