Saltar ao contido

Fatana Ishaq Gailani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFatana Ishaq Gailani
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Reino de Afganistán Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
Premios

Fatana Ishaq Gailani, nada en 1954, é unha activista afgá en favor dos dereitos humanos, especialmente dos dereitos das mulleres.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gailani residiu nun campo de refuxiados de Paquistán desde 1978, primeiro pola súa oposición ao goberno comunista e posteriormente ao talibán. En 1993 creou o Consello de Mulleres Afgás,[2][3] polo que recibiu diversas ameazas de morte por parte do réxime talibán. O consello ten como obxectivo principal proporcionar medios educativos e sanitarios aos nenos, nenas e mulleres afgás nos campos de refuxiados, informando as mulleres sobre os seus dereitos no marco das tradicións culturais e relixiosas do seu país.

En 1998 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional xunto con Fatiha Boudiaf, Rigoberta Menchú, Somaly Mam, Emma Bonino, Graça Machel e Olayinka Koso-Thomas polo "seu traballo en defensa e pola dignidade da muller".[4]

  1. Gilani, Mrs. Fatana Ishaq, Gailani; Afghan Bios
  2. afghanistanwomencouncil.org
  3. Afghanistan Women Council (AWC) Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine.; unodc.org
  4. Nogueira, Charo (6 de abril de 2012). ""Si la tradición no es buena, hay que cambiarla"". El País (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]