Nerón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Lucio Domitio Ahenobarbo, nado en Antium (actual Anzio, Italia) o 15 de Nadal do ano 37 e finado en Roma o 9 de xuño do 68. foi o último emperador da dinastía Xulia-Claudia do Imperio Romano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gobernou do 54 ó 68 co nome de Nerón Claudio César Augusto Xermánico. Baixo o asesoramento do militar (amante da súa nai) Sexto Afranio Burro e do filósofo estoico Séneca, os cinco primeiros anos do seu reinado estiveron marcados pola clemencia, aínda que tivo encarcerado o seu irmán (e rival) Británico, a quen mandou envelenar no 55. No 59 mandou asasinar a súa nai por criticar a súa amante, Popea Sabina.
En xullo do 64, un inmenso incendio destrúe dúas terceiras partes de Roma. Nerón acusa os cristiáns e comeza a perseguilos.
No 66 trouxo de Atenas estatuas, figuras e galardóns para redecorar Roma. Gostaba de aparecer en representacións teatrais públicas. Mentres, as lexións romanas chegaban a Armenia, establecendo postos defensivos no Cáucaso pola presión do Imperio Parto.
No 68, os exércitos da Galia (Francia) e Hispania (España), xunto coa Garda Pretoriana, alzáronse contra Nerón, obrigándoo a fuxir de Roma. O Senado declarouno inimigo público e el mesmo rematou coa súa vida o 9 de xuño do 68.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nerón |