Mestre Mutenroi
Mestre Mutenroshi ou Sabio Tartaruga (武天老師(むてんろうし)ou 亀仙人 (かめせんにん)?) coñecido na dobraxe galega como Mestre Mutenroy, é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball.
Características
[editar | editar a fonte]Discípulo do Mestro Mutaito, o seu dominio das artes marciais e unha auga estraña que tomou anos atrás dotárono cunha lonxevidade sen límites. É un dos humanos máis poderosos durante a primeira parte da obra e preocúpase de que os seus alumnos orienten as súas técnicas para facelo ben. É o creador da famosa técnica de combate Onda Vital.
Os que o coñecen téñeno por un vello verde, debido á súa afección polas revistas pornográficas e por tocarlle o cu máis ou menos sen querer a Bulma e a outras mulleres. Ten amizade con varias tartarugas, entre elas Umigame. Cando Bulma arranxa o Radar antes da chegada dos Guerreiros do espazo, nese momento a súa forza é de 139 unidades.
Biografía
[editar | editar a fonte]De mozo foi adestrado xunto co mestre corvo polo mestre Mutaito. Tamén adestrou co mestre Karin onde foi o primeiro en tomar a Auga Sagrada e coleccionou unha gran cantidade de artefactos máxicos. Aparece por primeira vez na historia cando Son Goku axuda a Umigame a volver ao mar e recompénsao regalándolle a Nube Kinton. Bulma reclama un regalo para ela, pero el só ten unha nube, polo que lle intercambia a bóla do dragón, por que ensine a súa roupa íntima. Bulma acepta sen decatarse que por culpa de Son Goku non a levaba posta.
Volven encontrarse con el cando Gyumao os envía a buscar o Abano Máxico para apagar o lume da montaña Frypan, pero desfixérase del despois de ensucialo, polo que decide ir a apagar o lume usando un Kame hame Ha, aínda que remata destruíndo toda a montaña. Logo de decatarse que Son Goku é o neto de Son Gohanda, invítao á súa casa para adestrar, e este promételle que irá despois de encontrar as Bólas do Dragón.
Despois de encontrar as bólas do dragón, Son Goku chega á súa casa a adestrar, pero Mutenroy decepciónase de que Bulma volvese á cidade, polo que lle pide a Son Goku que lle traia unha muller bonita como requisito para ser adestrado. A este adestramento súmase Krilín, quen axuda a Son Goku a traer a esa rapaza, Lunch. Despois de 6 meses de adestramento o ancián mestre leva os nenos a participar no 21° Torneo das Artes Marciais.
No Torneo, Mutenroy participa disfrazado como Jackie Chun para probar a forza dos seus discípulos e evitar que gañen o torneo, e se lles suban os fumes á cabeza e deixen de adestrar. No torneo vence Yamcha e Krilín sen moito esforzo pero ten problemas contra Son Goku cando este se converte nun mono xigante, polo que ten que destruír a Lúa cun Kame hame Ha. Gaña o torneo pero gasta todo o diñeiro do premio invitando a comer a Son Goku esa mesma noite.
Mutenroy estivo presente no ataque ao Exército do xeneral Red, o cal foi destruído cando Son Goku venceu a todo o exército antes de que eles chegasen. E logo cando visitaron a Uranai Baba a súa hemorraxia nasal axudoulle a Yamcha a vencer ao Home Invisible.
No 22° Torneo das Artes Marciais tamén participou como Jackie Chun. Neste torneo enfrontáronse os seus discípulos contra os discípulos do seu rival, o mestre corvo. No primeiro combate venceu o Lobo Home, quen quería vingarse del por destruír a lúa, e no segundo combate se enfronta a Ten Shin Han, e logo de probar a súa forza retírase por si só do Tatami sabendo que sería un bo rival para Son Goku.
Logo da aparición de Piccoro Daimaō decide sacrificar a súa vida ao igual que o seu mestre para encerralo usando o Mafuba, pero falla e morre diante de Piccolo. Logo de que Son Goku logre vencer a Piccoro, Mutenroy é revivido xunto a Chaoz e Krilín grazas ás bólas do dragón. Logo disto Mutenroy mantense como un personaxe secundario e non volve pelexar de verdade.
Jackie Chun
[editar | editar a fonte]Jackie Chun (ジャッキー チュン Jakkī Chun?) é a identidade falsa que empregou o mestre para participar no 21° e 22° Campionato Mundial das Artes Marciais. O seu obxectivo era que os seus alumnos non gañaran o torneo para que a fama non se lles subise á cabeza e se decatasen de que sempre hai alguén mellor. No 21º Torneo quedou campión, derrotando a Son Goku na final. No 22º Torneo, rendeuse ante Ten Shin Han porque viu o forte que era e pensou que sería o opoñente indicado para Son Goku. E no 23º Torneo rexeitou presentarse ó torneo, xa que pensaba que os seus alumnos e os demais participantes nese torneo, como Piccoro, o superaran amplamente.