Barduck
Barduck (バーダック Bādakku?) é un personaxe ficticio do universo de Dragon Ball. Aparece por primeira vez no especial de televisión O pai de Goku, aínda que logo aparece en varios recordos no manga e no anime. É un membro dos Guerreiros do espazo de rango menor e pai de Son Goku e Raditz. O seu poder de pelexa é de 10 000 (cada vez que loitaba ó máximo, o seu poder aumentaba). A pesar de ser un guerreiro de clase baixa, o seu poder é superior ó da maioría de guerreiros de clase alta. Na transformación Ōzaru, o seu poder multiplícase por 10, xa que consegue un dominio perfecto desta transformación. Contiña ó igual que o seu neto, Son Gohanda un elevado poder oculto no seu interior. O seu nome provén da palabra en inglés para Arctium lappa, Burdock.
Biografía
[editar | editar a fonte]Barduck era o líder dun equipo de catro saiyans (Panpukin, Selypar, Tooma e Toteppo) que conquistaban planetas para Freezer. Pai de Kakarotto, quen no futuro sería coñecido como Goku, dende que este nacera os seus sentimentos debatéronse entre o amor que espertaba espontaneamente o seu fillo nel e a vergonza social que representaba ser o pai do guerreiro do espazo máis débil que existira nunca.