Max Jacob
(1934) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Max Jacob Alexandre 12 de xullo de 1876 Quimper, Francia |
Morte | 5 de marzo de 1944 (67 anos) Campo de deportação de Drancy, Francia (pt) |
Causa da morte | broncopneumonía |
Lugar de sepultura | Saint-Benoît-sur-Loire (1949–) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | École coloniale (en) Facultade de Dereito de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, crítica literaria, artes visuais e tradución |
Ocupación | pintor, artista, debuxante, litógrafo, pastelista, ilustrador, acuarelista, tradutor, ensaísta, poeta, prosista, escritor, crítico de arte, crítico literario, artista visual |
Período de actividade | 1898 - |
Xénero artístico | Novela |
Movemento | Cubismo |
Alumnos | Pierre Savigny de Belay (pt) |
Pseudónimo literario | Morven le Gaëlique Léon David |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) , |
Max Jacob, nado en Quimper, na Bretaña, o 12 de xullo de 1876 e finado nun campo de concentración de Drancy o 5 de marzo de 1944, foi un escritor, poeta, dramaturgo e pintor francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi amigo de Pablo Picasso. Abandonou os estudos para seguir os cubistas que se instalaron en Montmartre, onde entre outros persoeiros amigou con Apollinaire, Modigliani e Juan Gris. A súa produción inicial foi intensa, malia que moitos dos seus primeiros escritos non se conservan. A súa obra Saint Matorel, de 1909, constitúe a súa primeira creación literaria de relevo no xénero da novela mística. Tamén participou das tendencias do neoimpresionismo na pintura, e do surrealismo e o dadaísmo na literatura. Uha obra destacada de Jacob foi Le siège de Jérusalem, publicada en 1914, coincidindo coa súa conversión ao catolicismo.
Outras obras dignas de mención foron a colección de poemas en prosa Le cornet à dés (1916), La Défense de Tartufe (1919) e Le nom (1926).
De orixe xudía, a segunda guerra mundial colleuno en Saint-Benoit, onde foi apresado e enviado ao campo de concentración de Drancy, onde morreu en 1944. Foi soterrado en 1949 en Saint-Benoît-sur-Loire.
Obra
[editar | editar a fonte]- Historia do rei Kabul I e do pinche Galván[1] (1903)[2]
- Le Christ à Montparnasse
- Saint-Matorel (1911)
- La Côte (1911)
- Œuvres burlesques et mystiques de Frère Matorel (1912)
- Le Siège de Jérusalem‚ grande tentation céleste de Frère Matorel (1914)
- Le Cornet à dés (1916) qui lui apporte la notoriété
- Le Phanérogame (1918)
- La Défense de Tartufe (1919)
- Cinématoma (1920)
- Le Laboratoire central (1921)
- Le Roi de Béotie (1921)
- Le Cabinet noir (1922)
- Art Poétique (1922)
- Filibuth ou o reloxo de ouro[3] (Filibuth ou la Montre en or, 1923)
- Le Terrain Bouchaballe (1923)
- Les Tabar (1924) in Selection 3 12/1924 (pp 209-219)
- Visions infernales (1924)
- L'Homme de chair et l'Homme reflet (1924)
- Les Pénitents en maillots roses (1925)
- Le Fond de l'eau (1927)
- Le Tableau de la Bourgeoisie (1929)
- Rivage (1931)
- Bourgeois de France et d'ailleurs (1932)
- Ballades (1938)
- Derniers Poèmes (1945)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha da obra Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Traducido ao galego por Henrique Harguindey e publicado por Ir Indo en 1999.
- ↑ Traducida por Isabel Soto e publicada pola Editorial Hugin e Munin en 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Max_Jacob |