Saltar ao contido

Manolo Petaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManolo Petaca
Nome orixinalManuel Fernández Rey
Biografía
NacementoSantiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol, futbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata

Manuel Fernández Rey, coñecido como Manolo Petaca, nado en Santiago de Compostela, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xogou ao fútbol como centrocampista no Vista Alegre e no Lalín.[1][2] Dende 1981 compaxinou o labor de xogador do Lalín co de adestrador do equipo xuvenil da SD Compostela.[3]

En 1986 colleu as rendas do primeiro equipo, substituíndo a Dagoberto Moll tralo descenso do equipo á Terceira División.[4] O equipo renovou case completamente o seu cadro de xogadores, mantendo só ao gardameta Paco e ao capitán Villalba, e acabou a tempada no sexto posto. Continuou no banco do equipo compostelán na seguinte tempada, ata que foi destituído o 30 de novembro de 1987, sendo substituído por Arsenio Iglesias.[5] Con todo, regresou só uns meses despois, trala marcha de Arsenio ao Deportivo da Coruña, e ocupou o banco do equipo de Santiago ata o final de tempada.[6]

A continuación regresou ao Vista Alegre, desta vez como adestrador para a tempada 1988/89, pero foi cesado nos primeiros días de 1989, debido aos malos resultados.[7] A continuación adestrou durante tres tempadas ao Flavia, antes de poñerse á fronte do Cacheiras, equipo que mantiña unha colaboración co Compostela.[8] Entre 1993 e 1995 adestrou o Negreira. Foi cesado en abril de 1995, e contratado de novo só un mes despois.[9]

A continuación adestrou durante varios anos ao Atlético Fátima, e pasou brevemente polos bancos do Arousa e o Órdenes, antes de regresar ao Atlético Fátima. Entre 2005 e 2011 adestrou o Escravitude de Padrón.

Fóra do seu traballo en clubs, adestrou durante anos diversas seleccións santiaguesas de categorías inferiores, e en 2001 foi elixido para poñerse á fronte da nova selección feminina de fútbol de Galicia.[10] Nos seguintes anos continuou adestrando nas categorías inferiores da selección feminina.[11][12]

  1. "Porriño Ind., 3 Vista Alegre, 0". El Pueblo Gallego (en castelán) (18831). 8 de setembro de 1976. p. 22. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  2. "Victoria 4-0 del C. D. Lalín sobre el Abella". El Pueblo Gallego (en castelán) (20583). 15 de marzo de 1979. p. 17. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  3. "Manolo Rey, entrenador del Compostela juvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela ed.). 1 de xullo de 1981. p. 32. 
  4. "El Compostela, que rejuveneció la plantilla, trabajará con jugadores de casa para tratar de recuperar la categoría perdida". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de agosto de 1986. p. 38. 
  5. "Arsenio iglesias firmó ayer compromiso como nuevo entrenador del Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de decembro de 1987. p. 46. 
  6. "Petaca sustituye a Arsenio hasta final de temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela ed.). 24 de febreiro de 1988. p. 49. 
  7. "Canosa sustituye a Petaca al frente de la dirección técnica del Vista Alegre". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 1989. p. 43. 
  8. "Manolo Petaca volvió al Compostela, pero entrenando al Cacheiras". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1992. p. 44. 
  9. "Petaca volvió al Negreira". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela ed.). 23 de maio de 1995. p. 58. 
  10. "Siete arousanas irán a Madrid con la selección gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de decembro de 2001. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  11. "El fútbol no es cosa de hombres". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de novembro de 2003. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  12. "Dominio sin premio para Galicia, que se queda a las puertas de la final" (en castelán). 13 de xuño de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]