Jerónimo Rodríguez Villalba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1954 (70 anos) Asunción, Paraguai |
Altura | 1,69 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Centrocampista |
Jerónimo Rodríguez Villalba, nado en Asunción o 20 de xuño de 1954, é un exfutbolista paraguaio, que xogaba como centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en 1954 en Asunción, capital de Paraguai, debutou aos 16 anos no Hayes, co que xogou na Primeira División de Paraguai.[1] Aos 20 anos, tras unha tempada no Cruz Azul mexicano, trasladouse a España, onde fichou polo Sevilla. Co equipo andaluz debutou na Primeira División da man do adestrador Roque Olsen, na sexta xornada da tempada 1975/76, contra o Granada en Los Cármenes. Nas súas dúas tempadas en Sevilla disputou un total de 12 partidos na máxima categoría e un na Copa do Xeneralísimo, marcando un gol en liga fronte ao Sporting de Gijón. Posteriormente xogou no Córdoba, no Algeciras e na AD Ceuta, antes de recalar en 1983 no Compostela.
Debutou co equipo santiagués na Segunda División B, nun partido contra o Huesca, e fíxose rapidamente coa titularidade. Militou durante seis anos no Compos, actuando como capitán nas últimas tempadas, ata a súa retirada en 1989.[1] Trala súa retirada continuou vivindo en Galicia, e adestrou varios equipos modestos, como o Sigüeiro e o Cruces.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "A Jerónimo Villalba ya le gusta más la lluvia de Santiago que el clima soleado de Paraguay". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 7 de marzo de 1991. p. 50.
- ↑ "Villalba: «Somos superiores al Pazos»". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 14 de xullo de 1991. p. 56.
- ↑ "Jerónimo Villalba será el entrenador del Cruces durante la próxima temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 20 de xullo de 1991. p. 45.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).