Heterodontiformes
Heterodontiformes (Heterodontiformes) Tiburóns cornudos Rango fósil: triásico temperán - actualidade [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tiburón de Port Jackson (Heterodontus portusjacksoni) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Os heterodontiformes (Heterodontiformes) son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos,[2] coñecidos vulgarmente na bibliografía como tiburóns cornudos.
A orde inclúe unha soa familia, a dos heterodóntidos (Heterodontidae), cun só xénero actual, Heterodontus, que reúne nove especies.
Características
[editar | editar a fonte]Os heterodontiformes son tiburóns moi primitivos de pequeno tamaño, de tan só 165 cm de lonxitude como máximo. Posúen dúas aletas dorsais, cada unha provista dunha espiña; e presentan aleta anal. Tieñen cinco fendeduras branquiais e os espiráculos son pequenos. Os ollos carecen de membrana nictitante. Os nostrilos están conectados coa boca por un profundo suco. Os dentes anteriores son pequenos e cuspidados, e os posteriores anchos e molariformes (en forma de moa). O morro é moi curto e arredondado.[3]
Historia natural
[editar | editar a fonte]Habitan polo regular entre os 2 e os 150 m de profundidade, en arrecifes, bosques de algas, rochas e cavernas. A maioría son nocturnos, permanecendo pouco activos durante o día. Aliméntanse no fondo. Son agresivos, xa que poden morder se se os agride. Son ovíparos; os ovos están envolvidos nunha gran funda espiral. Na cópula, o macho morde á femia até que esta o acepta.
Distribución
[editar | editar a fonte]Viven en augas temperadas e cálidas do océano Índico e o oeste do Pacífico. Ausentes no Atlántico.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Os heterodontiformes inclúen unha soa familia, Heterodontidae, con tres xéneros extintos e só un actual:[4]
- Familia Heterodontidae
- Xénero Paracestracion †
- Xénero Pseudoheterodontus †
- Xénero Strongyliscus †
- Xénero Heterodontus
Especies actuais
[editar | editar a fonte]Os heterodontiformes inclúen nove especies actuales, todas no xénero Heterodontus:[5]
- Heterodontus francisci - tiburón cornudo durmiñón
- Heterodontus galeatus - tiburón cornudo de crista.
- Heterodontus japonicus - tiburón cornudo xaponés.
- Heterodontus mexicanus - tiburón cornudo mexicano.
- Heterodontus omanensis - tiburón cornudo de Omán.
- Heterodontus portusjacksoni - tiburón de Port Jackson.
- Heterodontus quoyi - tiburón cornudo das Galápagos.
- Heterodontus ramalheira - tiburón cornudo africano.
- Heterodontus zebra - tiburón cornudo cebra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sepkoski, Jack (2002). "A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)". Bulletins of American Paleontology 364: p.560. Arquivado dende o orixinal o 10/05/2012. Consultado o 13/11/2012.
- ↑ Froese, Ranier e Daniel Pauli, eds. Heterodontiformes. FishBase. Versión de 7 de xaneiro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 Froese e Pauli, Op. cit.
- ↑ Mikko's Phylogeny Archive. Heterodontiformes
- ↑ Lista de especies de Heterodontidae Froese, R. e D. Pauly. Eds. 2009. FishBase. World Wide Web electronic publication. www.fishbase.org, versión (10/2009).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heterodontiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Heterodontiformes |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ITIS. Standard Report. Heterodontus Blainville, 1816 (en inglés) Consultada o 13/11/2012.