Saltar ao contido

Guillerme de Tiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillerme de Tiro

Guillerme de Tiro escribindo a súa crónica. Biblioteca Nacional de Francia, Mss.fr. 2631.
Nome orixinal(fr) Guillaume de Tyr Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoCa. 1130
Xerusalén
Morte29 de setembro de 1185 (?)
?
Archbishop of Tyr (en) Traducir
1175 – 1184
← Frederic de la Roche (pt) TraducirJoscius (en) Traducir →
Chancelor of kingdom of Jerusalem (en) Traducir
1174 – 1183
← Ralph (en) TraducirLambert (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Q89547790Historia rerum in partibus transmarinis gestarum
Actividade
Ocupaciónhistoriador, escritor, sacerdote e arcebispo
ProfesoresHilarius (en) Traducir, Pedro Lombardo (pt) Traducir, Maurício de Sully (pt) Traducir e Adam of Balsham (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX961213
Mapa dos Estados dos Cruzados en 1165

Guillerme de Tiro, nado contra 1130 en Xerusalén, e finado o 29 de setembro porbabelmente no ano 1185, foi arcebispo de Tiro,[1] e historiador das Cruzadas e, en xeral, da Idade Media.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xuventude

[editar | editar a fonte]

Guillerme naceu en Xerusalén contra o ano 1130, na segunda xeración de nenos nacidos dos fillos dos cruzados no novo reino de Xerusalén. Seus pais probabelmente eran franceses ou italianos de orixe, posibelmente normandos de Sicilia. Tiña un irmán que foi mercador no reino e, sen dúbida, a súa familia non pertencía á nobreza. Educouse en Xerusalén, sobre todo en latín,[2] pero quizais tamén en grego, pera e en árabe,[3] e é posíbel que un dos seus compañeiros de estudo fose o futuro rei Balduíno III de Xerusalén. Entrou na Igrexa sendo moi xove, e cara a 1146 viaxou a Europa para completar seus estuios. Estudou artes liberais e teoloxía en París e en Orleáns durante uns dez anos. Con Pedro Lombardo estudou teoloxía, e despois continuou estudos de dereito civil e canónico en Boloña.

Vida relixiosa e política en Xerusalén

[editar | editar a fonte]

Á súa volta a Terra Santa en 1165 foi nomeado cóengo da catedral de Acre e, en 1167, arquidiácono da catedral de Tiro, polo rei Amalarico I de Xerusalén. En 1168 foi enviado en misión diplomática polo mesmo rei á corte do emperador bizantino Manuel I Comneno co fin de acordar un tratado para levar a cabo unha campaña conxunta contra o Exipto do Califato fatimí. En 1169 visitou Roma para responder das acusacións vertidas na súa contra polo arcebispo de Tiro Federico; non se coñecen os cargos, pero quizais teñan que ver cos seus grandes ingresos como arquidiácono. Seguramente logrou a absolución grazas á súa amiztade co rei.

Ao volver de Roma en 1170 fi nomeado titor do fillo e herdeiro de Amalarico, Balduíno IV. Descubriu que o príncipe sufría de lepra, aínda que o diagnóstico só foi seguro cando o nenoo chegou á pubertade. Nesta época comezou a escribir a súa historia do reino baixo o patrocinio de Amalarico. Pero o rei morreu pronto (1174) a Balduíno IV sucedeuno. Raimundo III de Trípoli, como rexente, nomeou a Guillerme chanceler de Xerusalén e arquidiácono de Nazaret. O 6 de xuño de 1175 foi nomeado arcebispo de Tiro, un cargo de gran relevancia no reino.

En 1179 Guillerme foi un dos delegados de Outremer que asistiu ao Terceiro Concilio de Letrán. Ningúno destes delegados conseguiu convencer ao papa da necesidad dunha nova Cruzada. O papa Alexandre III encargou a Guillerme unha misión diplomática ante o emperador Manuel, e desde alí volveu a Xerusalén en 1180.

Gullerme considerábase a si mesmo como o futuro patriarca latino de Xerusalén cando o enfermo patriarca morrese, pero na súa ausencia a corte se dividira en dúas faccións: en 1180, o rei e a súa mai, Inés de Courtenay, frearon un intento de Raimundo III de Trípoli e Bohemundo III de Antioquía de casar a súa irmá viúva, Sibila de Xerusalén, con Balduíno de Ibelín, un nobre da súa facción. Sibila, en cambio, foi desposada cun nobre recentemente chegado de Poitou, Guido de Lusignan, cuxo irmán máis vello, Amalarico de Lusignan, fora xa unha figura importante da corte. Este feito parece que distanciou aínda máis ás dúas facciónes cortesás.

Cando finalmente, o 6 de outubro de 1180, morreu o patriarca, iniciouse unha loita pola súa sucesión entre Guillerme e Heraclio de Cesarea. Ambos o dous tiñan unha formación similar, aínda que Guillerme xogara un papel político maior como titor e chanceler. Parece que, seguindo o precedente da elección patriarcal de 1157, o rei delegou na súa nai Inés, casada con Rexinaldo de Sidón. Inés elixiu a Heraclio, pois Guillerme era máis próximo a Raimundo de Trípoli. Como sinalouo Bernard Hamilton, non hai razóns para crer os rumores de que Heraclio era o amante de Inés, pois tales rumores só reflicten o anoxo da facción derrotada.

Guillerme seguiu sendo arcebispo de Tiro e chanceler do reino, e o rei e Raimundo reconciliáronse. Posibelmente Heraclio excomungou a Guillerme en 1184, pero este feito pode ser unha invención dun escritor do século XIII.[4] En calquera caso, a grande influencia de Guillerme reduciuse col acceso ao trono de Balduíno V de Xerusalén en 1185, ao mesmo tempo que tamén Guillerme ía pedendo saúde. A data da súa morte foi o 29 de setembro, aínda que non se coñece o ano. En maio de 1185 había un novo chanceler e, en outubro de 1186, un novo arcebispo de Tiro, polo que 1185 parece o ano máis posíbel.

Ilustración da tradución ao francés antigo da obra de Guillerme de Tiro Histoire d'Outremer

O propio Guillerme referiu que escribiu unha relación sobre o Concilio de Letrán ao que asistiu, así como unha Historia ou Gesta orientalium principum, que trataba sobre a historia da Tierra Santa desde a época de Mahoma até 1184. Pero ningunha das dúas chegou aos nosos días.

A súa obra magna é unha Crónica inacabada en 23 libros. Empeza coa conquista de Siria polo califa Omar, pero a maior parte trata sobre a chegada da Primeira Cruzada e a posterior historia política do reino de Xerusalén. Aínda que usou obras anteriores, como as crónicas da Primeira Cruzada de Fulquerio de Chartres, e outras fontes, a súa obra é, en si, unha valiosa fonte primaria. Foi traducida e divulgada por toda Europa á morte de Guillerme.

Descoñécese o nome que lle deu Guillerme, aínda que un grupo de manuscritos leva por título Historia rerum in partibus transmarinis gestarum (RHC) e outro Historia Ierosolimitana.[5] O texto foi impreso por primeira vez en Basilea en 1549 por Nicholas Brylinger. Tamén foi publicado nos Gesta Dei per Francos de Jacques Bongars en 1611 e na Recueil des historiens des croisades editada por Auguste-Arthur Beugnot e Auguste Le Prévost en 1844.

A versión de Bongars foi reimpresa na Patrologia Latina de Jacques Paul Migne en 1855. A edición crítica máis recente, baseada en seis dos manuscritos que chgaron a nós, publicouse en 1986 co nome de Willelmi Tyrensis Archiepiscopi Chronicon no Corpus Christianorum por R. B. C. Huygens, con anotacións de Hans E. Mayer e Gerhard Rösch.[6]

A edición RHC foi traducida ao inglés por Emily A. Babcock e August C. Krey en 1943 como "A History of Deeds Done Beyond the Sea" aínda que, en ocasións, como recoñecen os propios autores, a tradución é incompleta ou inexacta.[7]

  1. William of Tyre, "A History of Deeds Done Beyond the Sea", Vol. 1, trans. Emily Babcock & A .C. Krey, Bk. XIII, Ch. 23 & Bk. XIII, Ch. 26.
  2. Hans E. Mayer, "Guillaume de Tyr à l'école" (Mémoires de l'Académie des sciences, arts et belles-lettres de Dijon 117, 1985–86), p. 264.
  3. R. B. C. Huygens, ed., Introduction to Willemi Tyrensis Archiepiscopi Chronicon, Corpus Christianorum, Continuatio Medievalis, vol. 38 (Turnhout: Brepols, 1986), p. 2.
  4. Edbury & Rowe 1988.
  5. Huygens, Chronicon, pp. 32–34.
  6. Huygens, Chronicon, pp. 87–91. Os manuscritos usados por Huygens teñen, ben unha procedencia francesa —Bibliothèque nationale de France lat. 17801 ("N"), Bibliothèque de la faculté de médecine de Montpellier 91 ("M"), e Bibliothèque nationale de France lat. 6066 ("P")—, ou ben unha procedencia inglesa, Corpus Christi College, Cambridge 95 ("C"), British Library Royal 14 C.X ("B"), e Magdalene College F.4.22 ("W"). Tamén foron utilizados o manuscrito Vatican lat. 2002 ("V") e un fragmento relacionado con el ("Fr"). Outros dous manuscritos, Bibliothèque nationale de France lat. 17153 ("L") e Vatican Reginensis lat. 690 ("R") non se incluíron na edición de Huygens. Huygens, Chronicon, pp. 3–31.
  7. Babcock and Krey, p. 44.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • A History of Deeds Done Beyond the Sea, trad. de E. A. Babcock e A. C. Krey, Nova York, Columbia University Press, 1943.
  • Willemi Tyrensis Archiepiscopi Chronicon, ed. R. B. C. Huygens, Turnholt, 1986.
  • Edbury, Peter W. & Rowe, John G. (1988): William of Tyre: Historian of the Latin East. Cambridge University Press.
  • Hamilton, Bernard (2000): The Leper King and his Heirs. Cambridge University Press.
  • Huygens, R. B. C. (1962): "Guillaume de Tyr étudiant," Latomus 21, pp. 811-829.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]