Saltar ao contido

Festival de Eurovisión 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Eurovisión 2016
Datas
Semi-final 1 10 de maio
Semi-final 2 12 de maio
Final 14 de maio
Anfitrión
Lugar Globen Arena
Estocolmo, Suecia Suecia
Presentador(es) Måns Zelmerlöw
Petra Mede
Participantes
Participantes 42 [1][2]
Países que retornan Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Bulgaria Bulgaria
Croacia Croacia
Ucraína Ucraína
Países que se retiran Portugal Portugal
Romanía Romanía
Votacións
Canción gañadora "1944", Jamala
Ucraína Ucraína [3]
Festival de Eurovisión
◄2015 2017►

O LXI Festival da Canción de Eurovisión celebrouse no Globen Arena da cidade de Estocolmo, Suecia os días 10, 12 e 14 de maio de 2016, logo de que o seu representante Måns Zelmerlöw obtivese a vitoria coa canción «Heroes» na edición de 2015.[4][5] Foi a sexta vez que Suecia organizou un Festival de Eurovisión, sendo a anterior ocasión a edición de 2013. Foi por outra banda a terceira vez de Estocolmo como cidade anfitrioa tras os festivais de 1975 e 2000.[6] O evento foi presentado de novo pola anfitrioa da edición de 2013, Petra Mede, e o gañador da edición anterior Måns Zelmerlöw.

Nesta edición participaron 42 países. Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia e Ucraína regresaron ao festival, e Australia volveu despois de debutar como país invitado na edición pasada; por outra banda, Portugal foi o único país retirado respecto da edición anterior. Nun primeiro momento ía participar Romanía porén, trala expulsión da TVR da Unión Europea de Radiodifusión, o país perdeu o dereito a participar nesta edición.[2]

O festival foi notable por ser a primeira vez desde 1975 na que o procedemento de votación cambiou de xeito considerable: cada país outorgou 1-8, 10 e 12 puntos en dúas ocasións, unha polo xurado profesional e outra polo televoto. Na final, as votacións do televoto de todos os países anunciáronse de forma conxunta, unha vez que os portavoces de todos os países anunciaron os votos do xurado do xeito tradicional. O peso do xurado e televoto foi do 50% respecto ao resultado global respectivamente.[7]

Organización

[editar | editar a fonte]

As datas provisionais do certame foron anunciadas o 16 de marzo en Viena, Austria. As semifinais tiveron lugar o 10 e o 12 de maio de 2016, e a final o día 14 de maio de 2016.

Sede do Festival

[editar | editar a fonte]

Unha vez finalizado o festival de 2015, a televisión sueca SVT comezou cos preparativos para a seguinte edición. O 24 de maio de 2015, a SVT expresou que a primeira opción para albergar o Festival do 2016 era o Tele2 Arena de Estocolmo. Porén, tamén anunciou que se abriría un prazo en semanas sucesivas para recibir propostas doutras cidades e estadios.[8] O Scandinavium en Gotemburgo, ademais do Friends Arena no distrito de Solna, e o Globen Arena en Estocolmo optaron a ser a sede para albergar o Festival. Pola outra banda, o Malmö Arena de Malmö, que acolleu a edición de 2013, anunciou a súa negativa a optar a ser sede para 2016.[9] A decisión final sería comunicada pola SVT a mediados do xullo o principios de agosto.[8]

Cidade Sede Capacidade Información
Estocolmo Friends Arena 65.000 Sede da final do Melodifestivalen 2013, 2014 e 2015.
Tele2 Arena 45.000 Recibiu o Rebel Heart Tour de Madonna ou o True Tour de Avicii.
Globen Arena 16.000 Sede do Festival de Eurovisión 2000.
Gotemburgo Scandinavium 14.000 Sede do Festival de Eurovisión 1985.

O 8 de xullo de 2015, deuse a coñecer o resultado do proceso de licitación e con el a cidade sede do festival, Estocolmo; informándose ademais que o recinto sede sería o estadio Globen Arena que conta cunha capacidade de 16.000 espectadores. Así mesmo, o Holvet albergaría as diferentes delegacións de periodistas dos diversos países, mentres que o Annexet aloxaría ás delegacións dos países participantes e convidados[10]. Esta foi a terceira ocasión en que a capital sueca acolleu o Festival de Eurovisión (tras as edicións 1975 e 2000), e a segunda vez que se celebra no Globen Arena (tras a edición 2000).[5]

A cadea de televisión estatal SVT fixo público o presuposto co que conta para realizar o certame desta edición. O tope máximo imposto pola cadea son 125 millóns de coroas suecas, que ao cambio son aproximadamente 13 millóns de euros.[11]

Países participantes

[editar | editar a fonte]

A lista oficial de participantes deuse a coñecer o 26 de novembro de 2015 sumando en total 43 países inscritos, co cal iguálase o récord de participantes establecido nos festivais de 2008 e 2011. Cabe destacar o retorno de Bosnia e Hercegovina, ao confirmar a BHRT a súa participación recorrendo a patrocinios externos, así como os regresos de Bulgaria, Croacia e Ucraína, e a continuación no concurso de Australia, que debutara na anterior edición nun principio como participante excepcional para celebrar o 60º aniversario do festival. Pola contra, a cadea de televisión lusa RTP anunciou a súa retirada, sendo a terceira ocasión consecutiva na que o país se retira do festival cando este se celebra en territorio sueco. Porén, comprometeuse a retornar para o 2017.[12]

A poucos días de finalizar o festival de 2015, o Gran Ducado de Luxemburgo, por medio da cadea RTL, anunciou un ano máis a súa ausencia no Festival.[13] Pouco despois Andorra fixo o mesmo, seguido por Mónaco; países que están ausentes desde 1993, 2009 e 2006 respectivamente.[14][15]

Existieron rumores acerca do retorno de Eslovaquia, país ausente desde a edición de 2012. Porén, a cadea de televisión RTVS confirmou que non regresarían nesta edición.[16] A TRT, a cadea de Turquía, informou que non regresarían ao festival debido ao actual sistema de votación e a clasificación directa do coñecido como "Big Five".[17] Líbano, pola súa banda, deu a sorpresa este ano afirmando que estaban valorando debutar no certame, unha posibilidade que finalmente non puido concretarse.[18]

Por outra banda, delegacións de Kosovo e China anunciaron a súa intención de participar.[19][20] Porén, a UER descartou un probable debut do primeiro por non ser considerado como un Estado con recoñecemento internacional á vez que a súa empresa de radiotelevisión, a RTK non é un membro activo ou asociado. Respecto á China, a UER respondeu que a posibilidade está aberta e sempre están na busca de novos elementos, existindo a posibilidade dun debut en edicións sucesivas á presente.[21].

Participación de Australia e o futuro de Eurovisión

[editar | editar a fonte]

O 17 de novembro de 2015, na cidade de Glasgow, Escocia, o supervisor executivo do Festival, Jon Ola Sand, anunciou que o Grupo de Referencia da UER, o órgano reitor do Festival de Eurovisión, votou por unanimidade a favor da participación de Australia. A invitación a participar non é só para este ano e esténdese para facelo de xeito continuado e pasando polas semifinais ao igual que o resto de países, coa excepción do Big Five.[22]

Cancións e selección

[editar | editar a fonte]
País e TV Título orixinal da canción Artista Proceso e data de selección
Tradución ao galego Linguas
Albania[23]
RTSH
"Fairytale love " Eneda Tarifa Festivali i Këngës 54, 27-12-2015
Amor de conto de fadas inglés
Alemaña Alemaña[24][25]
NDR
"Ghost" Jamie-Lee Kriewitz Unser Lied für Stockholm , 25-02-2016
Pantasma Inglés
Armenia[26]
AMPTV
"LoveWave" Iveta Mukuchyan[27] Presentación canción, ??-01-2016
(cantante elixido internamente, 13-10-2015)[28]
Onda de amor Inglés
Australia Australia[29]
SBS
"Sound of Silence" Dami Im -
Son do silencio Inglés
Austria Austria[30]
ORF
"Loin d'ici" Zoë Wer singt für Österreich?, 12-02-2016
Lonxe de aquí Francés
Acerbaixán Acerbaixán[31]
Ictimai
"Miracle" Samra -
Milagre Inglés
Bélxica Bélxica[32]
VRT
"What's the pressure?" Laura Tesoro Eurosong 2016, 17-01-2016
Que présa hai? Inglés
Belarús Belarús[33]
BTRC
"Help you fly" Ivan Eurofest 2016, 22-01-2016 [34]
Axudarte a voar Inglés
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina[35]
BHRT
"Ljubav je" Deen, Dalal Midhat y Ana Rucner[36] Presentación canción, 19-02-2016
(cantante elixido internamente, 25-11-2015)
O amor é Bosníaco
Bulgaria Bulgaria[37]
BNT
"If Love Was a Crime" Poli Genova Presentación canción, ??-03-16
(cantante elixido internamente, 19-02-16)
Se o amor fose un crime Inglés, búlgaro
Chipre Chipre[38]
CyBC
"Alter Ego" Minus One[39] Presentación canción, 01-02-2016
O outro eu inglés
Croacia Croacia[37]
HRT
"Lighthouse" Nina Kraljić -
Faro Inglés
Dinamarca Dinamarca[40]
DR
"Soldiers of love" Lighthouse X Dansk Melodi Grand Prix 2016, 13-02-2016
Soldados do amor Inglés
Eslovenia Eslovenia[41]
RTVSLO
"Blue and red" ManuElla EMA 2016, 27-02-2016 [42]
Azul e vermello Inglés
España España[43]
TVE
Sai yay! Barei Objetivo Eurovisión, 01-02-2016
Di hurra! Inglés
Estonia Estonia[44]
ERR
"Play" Jüri Pootsmann Eesti Laul 2016, 05-03-2016[45]
- -
Finlandia Finlandia[46]
YLE
"Sing it away" Sandhja Uuden Musiikin Kilpailu 2016, 27-02-2016[47]
Desquítate cantando Inglés
Francia Francia[48]
France 2
"J'ai cherché" Amir Haddad Elección interna, 29-02-2016
Busquei Francés e inglés
Xeorxia[49]
GPB
"Midnight gold" Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz Elección da Canción, 15-02-2016
(cantante elixido internamente, 15-12-2015)
Ouro de medianoite Inglés
Grecia Grecia[50]
ERT
"Utopian land" Argo[51] Elección da Canción, 03-2016
(cantante elixido internamente, 09-02-2015)
Terra utópica Grego, grego póntico e inglés
Hungría Hungría[52]
MTV
"Pioneer" Freddie A Dal 2016, 27-02-2016
Pioneiro Inglés
Irlanda[53]
RTÉ
"Sunlight" Nicky Byrne Elección Interna, 13-01-2016
Luz do sol Inglés
Islandia Islandia[54]
RÚV
"Hear them calling" Gréta Salóme Söngvakeppni Sjónvarpsins 2016, 20-02-2016
Escóitaos chamar Inglés
Israel[55]
IBA
"Made of Stars" Hovi Star The Next Star, ??-??-2016
Feito de estrelas Inglés
Italia Italia[56]
RAI
"No Degree of Separation" Francesca Michielin[57] Festival de San Remo, 13-02-2016[Nota 1]
(cantante elixido internamente, 14-02-2016)
Ningún grao de separación Inglés, Italiano
Letonia[59]
LTV
"Heartbeat" Justs Supernova 2016, 28-02-2016
Latido Inglés
Lituania Lituania[60]
LRT
"I've Been Waiting for This Night" Donny Montell Eurovizijos 2016, 27-02-2016 [61]
Estiven agardando por esta noite Inglés
Macedonia do Norte República de Macedonia [62]
MKRTV
"Dona" Kaliopi Presentación canción, 07-03-2016
(cantante elixido internamente, 24-11-2015)
- Macedonio
Malta[63]
PBS
"Walk on Water" Ira Losco Malta Eurovision Song Contest 2016, 23-01-2016 [64]
Camiñando sobre a auga Inglés
Moldova[65]
TRM
"Falling stars" Lidia Isac O Melodie pentru Europa, 27-02-2016
Estrelas fugaces Inglés
Montenegro[66]
RTCG
"Real thing" Highway[67] Presentación canción, ??-??-2016
(cantante elixido internamente, 02-10-2015)[68]
Cousa real Inglés
Noruega[69]
NRK
"Icebreaker" Agnete Melodi Grand Prix 2016, 27-02-2016 [70]
Quebraxeos Inglés
Países Baixos Países Baixos[71]
AVROTROS
"Slow Down" Douwe Bob[72] Presentación canción, 02-03-2016 [73]
(cantante elixido internamente, 22-09-2015)[74]
Desacelerar Inglés
Polonia Polonia[75]
TVP
"Color of Your Life" Michał Szpak Elección Interna ??-02-2016[76]
A cor da túa vida Inglés
Reino Unido[77]
BBC
"You're not alone" Joe & Jake Eurovision: You Decide, 26-02-2016
Non estás soa Inglés
República Checa República Checa[78]
ČT
"I Stand" Gabriela Gunčíková Elección Interna ??-02-2016
Estou Inglés
Romanía Romanía[79]
TVR
"Moment of Silence" Ovidiu Anton -
Momento do silencio Inglés
Rusia[80]
RTR
"You Are the Only One" Sergey Lazarev[81] Presentación canción, ??-??-2016
(cantante elixido internamente, 10-12-2015)
Ti es a única Inglés
San Marino[82]
SMRTV
"I Didn't Know" Serhat Presentación canción, ??-??-2016
(cantante elixido internamente, 12-01-2016)
Non sei Inglés
Serbia[83]
RTS
"Goodbye (Shelter)" Sanja Vučić ZAA -
Adeus Inglés
Suecia[84]
SVT
"If I Were Sorry" Frans Melodifestivalen 2016, 12-03-2016[85]
Se eu estivese triste Inglés
Suíza Suíza[86]
SRG SSR
"The last of our kind" Rykka Die Grosse Entscheidungsshow, 13-02-2016[86]
Os últimos da nosa especie Inglés
Ucraína Ucraína[87]
NTU
"1994" Jamala Final Nacional, 20-02-2016[88][90]
- Inglés e tártaro de Crimea
  1. Italia:A banda Stadio e a súa canción "Un giorno mi dirai" foron os gañadores do Festival de San Remo 2016 e tiñan o dereito de representar a Italia en Eurovisión; porén, debido a que declinaron a súa participación, a RAI anunciou a subcampioa Francesca Michielin como a súa representante.[58]

Artistas que regresan

[editar | editar a fonte]

Sorteo de semifinais

[editar | editar a fonte]

Os compoñentes do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido) e o anfitrión Suecia teñen garantido o seu pase á final de Eurovisión 2016 que se celebrará o 14 de maio.

Os outros 37 países terán que gañar este posto nas semifinais. Os dez máis votados de cada semifinal conseguirán o pase á gran final. O sorteo para decidir en que semifinal actuará cada candidatura e en que metade (primeira ou segunda), levarase a cabo o 25 de xaneiro de 2016. Para o sorteo, os participantes serán repartidos en cinco bombos en razón ao seu lugar xeográfico e tendencia nas votacións. Cabe destacar que Israel solicitou a UER participar na segunda semifinal para que a súa participación non coincida coa festividade do Yom Hazikarón, día nacional dos caídos.[91] Do mesmo xeito, Alemaña votará na segunda semifinal debido a razóns de estrita programación.[92]

Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4 Bombo 5 Bombo 6
1.ª semifinal
10 de maio de 2016
2.ª semifinal
12 de maio de 2016
Croacia
Finlandia
Moldova
Armenia
Grecia
Hungría
Rusia
Países Baixos
San Marino
Acerbaixán
Chipre
Malta
Bosnia e Hercegovina
Estonia
República Checa
Montenegro
Islandia
Austria
Letonia
Belarús
Irlanda
Suíza
República de Macedonia
Australia
Lituania
Polonia
Israel
Serbia
Albania
Bulgaria
Dinamarca
Xeorxia
Romanía
Eslovenia
Noruega
Ucraína
Bélxica
Con dereito a voto:
Suecia
Francia
España
Con dereito a voto:
Alemaña
Italia
Reino Unido
  1. Romanía foi expulsada do certame pola UER o 22 de abril, semanas despois do sorteo de semifinais

Semifinais

[editar | editar a fonte]
O ruso Sergey Lazarev resultou vencedor na primeira semifinal .

A primeira semifinal tivo lugar o 10 de maio e a segunda o 12 de maio de 2016. Os clasificados de ambas as semifinais uniranse na final do 14 de maio co país anfitrión, Suecia e os do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido).

Durante unha reunión do Grupo de Referencia da UER en Berlín, acordouse que a partir da presente edición os países do chamado Big Five presentarían as súas cancións na semifinal na que lles correspondese votar, pero mantendo o seu pase directo á Gran Final. Esta norma tamén se aplicará ao país anfitrión, neste caso Suecia.[93]

Primeira semifinal

[editar | editar a fonte]
País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
Primeira metade
01 Finlandia Finlandia Sandhja "Sing It Away" 15 51
02 Grecia Grecia Argo "Utopian Land" 16 44
03 Moldova Lidia Isac "Falling Stars" 17 33
04 Hungría Hungría Freddie "Pioneer" 04 197
05 Croacia Croacia Nina Kraljić "Lighthouse" 10 133
06 Países Baixos Países Baixos Douwe Bob "Slow Down" 05 197
07 Armenia Iveta Mukuchyan "LoveWave" 02 243
08 San Marino Serhat "I Didn't Know" 12 68
09 Rusia Sergey Lazarev "You Are the Only One" 01 342
Segunda metade
10 República Checa República Checa Gabriela Gunčíková "I Stand" 09 161
11 Chipre Chipre Minus One "Alter Ego" 08 164
12 Austria Austria Zoë "Loin d'ici" 07 170
13 Estonia Estonia Jüri Pootsmann "Play" 18 24
14 Acerbaixán Acerbaixán Samra "Miracle" 06 185
15 Montenegro Highway "The Real Thing" 13 60
16 Islandia Islandia Gréta Salóme "Hear them calling" 14 51
17 Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina Deen, Dalal Midhat e Ana Rucner "Ljubav je" 11 104
18 Malta Ira Losco "Walk on Water" 03 209

Segunda semifinal

[editar | editar a fonte]

A Romanía asignóuselle orixinalmente actuar no posto 12º, pero tras ser expulsado do certame por débedas coa UER, aos países que debían actuar tras o posto 13º asignóuselles o posto anterior na orde de saída.[2]

País Intérprete(s) Canción Lugar Pts.
Primeira metade
01 Letonia Justs "Heartbeat" 08 132
02 Polonia Polonia Michał Szpak "Color of Your Life" 06 151
03 Suíza Suíza Rykka "The last of our kind" 18 28
04 Israel Hovi Star "Made of Stars" 07 147
05 Belarús Belarús Ivan "Help you fly" 12 84
06 Serbia Sanja Vučić ZAA "Goodbye (Shelter)" 10 105
07 Irlanda Nicky Byrne "Sunlight" 15 46
08 Macedonia do Norte República de Macedonia Kaliopi "Dona" (Дона) 11 88
09 Lituania Lituania Donny Montell "I've Been Waiting for This Night" 04 222
10 Australia Australia Dami Im "Sound of Silence" 01 330
Segunda metade
11 Eslovenia Eslovenia ManuElla "Blue and Red" 14 57
12 Bulgaria Bulgaria Poli Genova "If Love Was a Crime" 05 220
13 Dinamarca Dinamarca Lighthouse X "Soldiers of love" 17 34
14 Ucraína Ucraína Jamala "1944" 02 287
15 Noruega Agnete "Icebreaker" 13 67
16 Xeorxia Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz "Midnight Gold" 09 123
17 Albania Eneda Tarifa "Fairytale" 16 45
18 Bélxica Bélxica Laura Tesoro "What's the pressure?" 03 247
País Intérprete(s) Canción
Expulsado Romanía Romanía Ovidiu Anton "Moment of Silence"
País Intérprete Canción Lugar Pts.
01 Bélxica Bélxica Laura Tesoro "What's the pressure?" 10 181
02 República Checa República Checa Gabriela Gunčíková "I stand" 25 41
03 Países Baixos Países Baixos Douwe Bob "Slow down" 11 153
04 Acerbaixán Acerbaixán Samra Rahimli "Miracle" 17 117
05 Hungría Hungría Freddie "Pioneer" 19 108
06 Italia Italia Francesca Michielin "No degree of separation" 16 124
07 Israel Hovi Star "Made of stars" 14 135
08 Bulgaria Bulgaria Poli Genova "If love was a crime" 4 307
09 Suecia Frans "If I were sorry" 5 261
10 Alemaña Alemaña Jamie-Lee Kriewitz "Ghost" 26 11
11 Francia Francia Amir Haddad "J'ai cherché" 6 257
12 Polonia Polonia Michał Szpak "Color of your life" 8 229
13 Australia Australia Dami Im "Sound of silence" 2 511
14 Chipre Chipre Minus One "Alter Ego" 21 96
15 Serbia Sanja Vučić "Goodbye (Shelter)" 18 115
16 Lituania Lituania Donny Montell "I've Been Waiting for This Night" 9 200
17 Croacia Croacia Nina Kraljić "Lighthouse" 23 73
18 Rusia Sergey Lazarev "You are the only one" 3 491
19 España España Barei "Say Yay!" 22 77
20 Letonia Justs "Heartbeat" 15 132
21 Ucraína Ucraína Jamala "1944" 1 534
22 Malta Ira Losco "Walk on water" 12 153
23 Xeorxia Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz "Midnight gold" 20 104
24 Austria Austria Zoë "Loin d'ici" 13 151
25 Reino Unido Joe & Jake "You're not alone" 24 62
26 Armenia Iveta Mukuchyan "LoveWave" 7 249

Controversias

[editar | editar a fonte]

Expulsión de Romanía

[editar | editar a fonte]

A UER deu un ultimato á cadea pública romanesa, TVR, para que efectuase o pago da súa débeda acumulada de aproximadamente 15 millóns de euros, baixo risco de perder a subministración de contidos e servizos que esta lle proporciona, entre os que se encontra o Festival de Eurovisión. A rede europea expresou á canle de xeito verbal que a súa participación no certame deste ano podía ser a súa primeira penalización, negando ademais o sinal por satélite. Tamén se puxo en contacto co goberno do país, o Ministerio de Economía e o parlamento romanés para que se comprometese formalmente ao pago o antes posible.

A pesar disto, tras a crise financeira pola que atravesa a cadea estatal e ante o silencio do goberno romanés ao pago da débeda, a UER decidiu o 22 de abril de 2016 a expulsión de Romanía da competición. Este país ía estar representado por Ovidiu Anton e a canción "Moment of silence", estando previsto que actuase no posto 12.º da segunda semifinal, logo de Eslovenia e antes de Bulgaria[94]. A directora xeral da UER, Ingrid Deltenre, expresou o seguinte: "Parécenos lamentable vernos obrigados a tomar esta medida. Estamos decepcionados, porque todos os nosos intentos de resolver este asunto non tiveron ningunha resposta por parte do goberno romanés. Durante as últimas semanas, contactamos co Ministerio de Economía para suxerir que a televisión pública romanesa inicie un proceso de insolvencia, que derive nunha profunda reestruturación da cadea. A UER é unha asociación sen ánimo de lucro que representa a 73 organismos de radiodifusión en 56 países, e o continuo endebedamento da TVR pon en perigo a nosa propia estabilidade financeira".[95]

Con esta medida, Romanía tamén perde o acceso e emisión non só de grandes eventos como Eurovisión, a Eurocopa 2016 ou os Xogos Olímpicos de 2016, senón tamén outras retransmisións deportivas, intercambio de imaxes de informativos, lexislación e normativa europea do sector, coproduccións, formación e reunións profesionais, entre outras vantaxes.[96]

Censura no uso de bandeiras

[editar | editar a fonte]

Para evitar mensaxes de contido político entre o público asistente do Globen Area, o 28 de abril de 2016 a organización do festival (SVT) emitiu un comunicado prohibindo utilizar bandeiras que non sexan de Estados Soberanos, así como calquera tipo de bandeira rexional, provincial ou local. A modo de exemplo, difundiuse unha lista entre as cales se atopaban as de Kosovo, o Estado Islámico, Palestina e o País Vasco. Isto orixinou que o Goberno Vasco protestase ante o embaixador de Suecia en España pola equiparación da ikurriña á bandeira do Estado Islámico (tamén coñecida como organización terrorista ISIS) e propuxo unha posible retirada de España do concurso como forma de protesta; de igual xeito o presidente do Congreso dos Deputados de España, Patxi López, cualificou a prohibición da ikurriña como algo "inadmisible" e a Vicepresidenta do Goberno en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría, afirmou en roda de prensa tras unha reunión do Consello de Ministros, que a ikurriña é unha bandeira "constitucional, legal e lexítima" e que o Executivo "defenderaa onde faga falta"[97][98][99] . Pola súa banda Televisión Española (TVE) solicitou unha explicación inmediata á UER do motivo da decisión adoptada polo país anfitrión.

Por outra banda, o Goberno de Kosovo e Radio e Televisión de Kosovo (RTK) fixeron o propio manifestando a súa desconformidade con esta medida, alegando que son unha nación pacífica, actualmente recoñecida como estado independente por 102 países, dos cales 30 participarán na competencia, considerando incluso a prohibición como un insulto ao seu país e os seus cidadáns; así mesmo, os executivos da canle estatal indicaron que isto lles xera preocupación, máis aínda se se produce a poucos días da reunión co Grupo de Referencia da UER onde se debatería o seu probable debut na edición 2017.[100]

Ás poucas horas, a UER ordenou á SVT que eliminase inmediatamente o documento que incluía os exemplos de bandeiras e que publicase no seu lugar o documento oficial sen os exemplos, rectificando deste xeito o erro cometido e pedindo desculpas ás nacións e territorios que se sentiron ofendidos por parte dos organizadores deste ano, agregando que nos próximos días se realizaría unha conferencia de prensa explicando detalladamente os incidentes ocorridos.[101]

Pese a iso, Palestina emitiu un comunicado de protesta a través do Ministerio de Cultura, indicando que: "A decisión do país organizador debe ser considerada como unha humillación á historia, a cultura e os dereitos do pobo palestino, que ten o dereito a izar a súa bandeira en eventos e festivais internacionais, como o fan todos os países do mundo. Esta decisión vai en contra dos esforzos internacionais para lograr a estabilidade e a xustiza para o noso pobo, que ten o dereito a vivir en paz e con dignidade, sobre todo despois de que Palestina se unise oficialmente ás Nacións Unidas e a súa bandeira se eleve fronte á súa sede"; instando á UER a que ofreza unha desculpa pública.[102]

Finalmente, o 6 de maio, o Grupo de Referencia da UER decidiu relaxar a política de bandeiras e permitir as bandeiras rexionais e provinciais dos artistas participantes (como a bandeira de Laponia pola orixe saami da representante de Noruega, ou a de Gales pola orixe galesa dun dos representantes británicos), así como tomar un enfoque máis tolerante co resto de bandeiras, sempre que a audiencia asistente respecte a "natureza non política" do certame e non obstrúa a visión das cámaras "deliberadamente".[103]

  1. http://www.rtve.es/television/20151126/eurovision-2016-sera-mas-internacional-nunca-43-paises-participantes/1262561.shtml
  2. 2,0 2,1 2,2 "TVR (Romania) no longer entitled to take part in Eurovision 2016" (en inglés). 22 de abril de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  3. "Ukraine wins Eurovision 2016" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2016. 
  4. Storvik-Green, Simon (23 de maio de 2015). "SWEDEN WINS 2015 EUROVISION SONG CONTEST" (en inglés). Eurovision.tv. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Stockholm to host 2016 Eurovision Song Contest" (en inglés). 8 de xullo de 2015. 
  6. Storvik-Green, Simon (26 de maio de 2012). "SWEDEN WINS 2012 EUROVISION SONG CONTEST". EUROVISION.TV. Consultado o 27 de maio de 2012. 
  7. "Biggest change to Eurovision Song Contest voting since 1975" (en inglés). eurovision.tv. 18-02-2016. Consultado o 18-02-2016. 
  8. 8,0 8,1 "Eurovision 2016: Preparations in full swing in Sweden." (en inglés). Esctoday.com. 26 de maio de 2015. 
  9. "El Tele2 Arena de Estocolmo, el recinto favorito para acoger Eurovision 2016" (en español). Eurocritic.es. 25 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2015. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  10. "ESC’16: Stockholm To Host Eurovision 2016" (en inglés). eurovoix. 8 de xullo de 2015. Consultado o 11 de xullo de 2015. 
  11. "Suecia empleará 13 millones de euros en el Festival" (en castelán). formulatv. 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  12. ((cita web|titulo= portugal no estara en eurovision 2016|url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-portugal-no-estara-en-eurovision-2016/ Arquivado 01 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
  13. "Luxemburgo no regresará en 2016" (en inglés). 4 de xuño de 2015. 
  14. "Andorra no regresará en 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  15. "Mónaco no regresará en 2016" (en inglés). 21 de xullo de 2015. 
  16. "Eslovaquia, no regresará a Eurovisión en 2016" (en inglés). 
  17. url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-turquia-confirma-que-no-regresara-a-eurovision/ Arquivado 19 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
  18. "Eurovisión 2016 iguala su récord de participación con 43 países tras la confirmación de Bulgaria y Croacia" (en español). eurovision-spain.com. 26 de novembro de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  19. "Kosovo will debut Eurovision 2016" (en inglés). 1 de xuño de 2015. 
  20. "China will debut Eurovision 2016" (en inglés). 1 de xuño de 2015. 
  21. "EBU denies China or Kosovo debut at 2016 song contest" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  22. "Australia participará en Eurovisión 2016 pasando por las semifinales" (en español). eurovision-spain. 17 de novembro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  23. "Albania: RTSH confirms participation for Eurovision 2016" (en inglés). wiwibloggs.com. 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  24. "Über acht Millionen Zuschauer im Ersten" (en alemán). 24 de maio de 2015. 
  25. "Alemania retira a Xavier Naidoo de la carrera a Estocolmo tras las duras críticas" (en español). eurovision-spain.com. 21 de novembro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  26. "Armenia confirms for Eurovision 2016, denies Iverumours" (en inglés). wiwibloggs.com. 19 de setembro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2015. 
  27. "ESC 2016: Iveta Mukuchyan Representará a Armenia En Eurovisión" (en español). 13 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  28. "Presentación cantante armenio el 13 de octubre" (en inglés). 25 de setembro de 2015. 
  29. "Australia to return to the Eurovision Song Contest!" (en inglés). Eurovision.tv. 17 de novembro de 2015. 
  30. "ORF-Chef Wrabetz zufrieden mit Event: “Tolle Visitenkarte abgeliefert”" (en alemán). 24 de maio de 2015. 
  31. "Azerbaijan: Ictimai confirms participation in Eurovision 2016" (en inglés). 13 de setembro de 2015. 
  32. "De VRT mag volgend jaar opnieuw een artiest naar het Songfestival sturen. Ze kiest daarbij voor een formule op Eén "waarin vijf artiesten centraal staan". Dat is zopas bekendgemaakt." (en neerlandés). 24 de maio de 2015. 
  33. "Belarus: Eurovision 2016 Participation Confirmed" (en inglés). 19 de xullo de 2015. 
  34. url=http://es.esc-plus.com/esc-2016-bielorrusia-abre-el-plazo-de-inscripcion-para-la-preseleccion/ Arquivado 19 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
  35. "Bosnia y Herzegovina: Bosnia vuelve a Eurovision tras 3 años de ausencia". 24 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  36. "ESC 2016: Elección interna de Bosnia Herzegovina". 
  37. 37,0 37,1 "Bulgaria y Croacia elevan a 43 la cifra de participantes en Eurovisión 2016". 26 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  38. "ONE MORE COUNTRY HAS CONFIRMED FOR NEXT YEAR" (en inglés). 11 de setembro de 2015. 
  39. "ESC 2016: Minus One Representarán a Chipre En Eurovisión" (en inglés). 4de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  40. "Bare rolig: Danmark er med i Eurovision til næste år" (en dinamarqués). 20 de maio de 2015. 
  41. "RTVSlO confirma participación de Eslovenia en el Festival de Eurovisión 2016". 14 de setembro de 2015. 
  42. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  43. "TVE confirma la participación de España en el Festival de Eurovisión 2016". 14 de setembro de 2015. 
  44. "Estonia confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  45. "Estonia: Eesti Laul 2016 Final March 5" (en inglés). eurovoix.com. 10 de setembro de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  46. "Finland: Eurovision 2016 Participation Confirmed" (en inglés). 28 de febreiro de 2015. 
  47. "Finlandia UMK 2016 el 27 de febrero" (en inglés). 5 de xuño de 2015. [Ligazón morta]
  48. "France 2 confirms participation in ESC 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  49. "Georgia: 2016 Participation Confirmed" (en inglés). eurovoix.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  50. "ERT's board approves national final for Eurovision 2016" (en inglés). 29 de agosto de 2015. 
  51. "Grecia apuesta por el hip-hop étnico para Estocolmo con la banda Argo". Eurovision-Spain.com. 9 de febreiro de 2016. 
  52. "Hungría confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 25 de maio de 2015. 
  53. "Irlanda confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  54. "Islandia confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 13 de xullo de 2015. 
  55. "Israel: Rising Star To Select Eurovision 2016 Participant" (en inglés). eurovoix.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  56. "Italy: RAI confirms participation in Eurovision 2016" (en inglés). esctoday.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  57. "¡Francesca Michielin con Nessun grado di separazione representará a Italia en Eurovisión 2016!" (en italiano). eurovision-spain. 
  58. "Stadio gana Sanremo 2016 pero no representará a Italia en Eurovisión" (en italiano). eurofestival news. 
  59. "Letonia confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  60. "Lituania confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 13 de xullo de 2015. 
  61. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  62. "F.Y.R. Macedonia: MRT confirms participation, will not use Skopje Fest for its national selection" (en inglés). wiwibloggs.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  63. "Malta: Eurovision 2016 Participation Confirmed". Consultado o 27 de maio de 2015. 
  64. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  65. "Moldavia: Eurovision 2016 Participation Confirmed". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  66. "Montenegro: RTCG confirms preliminary participation in Eurovision 2016". Consultado o 1 de outubro de 2015. 
  67. "EUROVISION 2016: HIGHWAY WILL SING FOR MONTENEGRO" (en inglés). 
  68. "“Highway” to represent Montenegro at Eurovision 2016!". 2 de outubro de 2015. 
  69. "Noruega confirma su participación para Eurovision 2016" (en inglés). 27 de maio de 2015. 
  70. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  71. "TrendingVandaag: AVROTROS blijft keuze inzending" (en inglés). 22 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  72. "The Netherlands: Douwe Bob to Stockholm!" (en inglés). 22 de maio de 2015. 
  73. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  74. "OFFICIAL: Douwe Bob to represent The Netherlands at Eurovision 2016!". 22 de setembro de 2015. 
  75. "Poland: Eurovision 2016 Participation Confirmed" (en inglés). eurovoix.com. 9 de setembro de 2015. Consultado o 9 de setembro de 2015. 
  76. "Polonia Hara Una Eleccion Interna En Febrero" (en español). esct today.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 5 de outubro de 2015. 
  77. "United Kingdom: 2016 Participation Confirmed" (en inglés). eurovoix.com. Consultado o 13 de xuño de 2015. 
  78. "Czech Republic: 2016 Participation Confirmed" (en español). noticias-eurovision14.webnode.es/. Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  79. "SEPTEMBER 15, 2015Let me try all over again: TVR confirms Romania’s participation in Stockholm" (en inglés). wiwibloggs.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  80. http://esctoday.com/105459/russia-rtr-confirms-participation-in-eurovision-2016/
  81. http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=10256
  82. "San Marino participación confirmada de forma preliminar" (en inglés). wiwibloggs.com. 15 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  83. "Serbia confirma su participación" (en inglés). Eurovoix.com. 11 de outubro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2015. 
  84. ""Ingen Melodifestival – men kanske 2016"" (en sueco). 9 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2015. 
  85. "Sveriges Radio. "Alcazar vill leda Melodifestivalen 2016"" (en sueco). 9 de febreiro de 2015. 
  86. 86,0 86,1 "Suiza confirma para Eurovision 2016" (en inglés). eurovoix.com. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  87. "Welcome Ukraine!: Ukraine Turns Back Eurovision 2016" (en inglés). escapenews.org. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  88. "Ukraine starts its search for a worthy candidate" (en inglés). eurovision.tv. 26 de novembro de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2015. 
  89. "Ukraine: Launches Eurovision 2016 Selection Search" (en inglés). eurovoix.com. 18 de novembro de 2015. Consultado o 18 de novembro de 2015. 
  90. Ucrania: Por primeira vez na historia do país no Festival da Canción de Eurovisión, a final nacional será coorganizada por unha cadea de televisión privada, STB, e a televisión pública UA: Pershyi, pertencente á NTU.[89]
  91. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  92. "‘Big Five’ and host country more prominently in the Semi-Finals". 
  93. "Eurovision 2016: Minor tweak or major change?" (en inglés). esctoday.com. 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  94. "La UER expulsa a Rumanía de Eurovisión 2016 por el impago de una millonaria deuda" (en español). eurovision-spain.com. 22 de abril de 2015. Consultado o 22 de abril de 2015. 
  95. "La UER expulsa a Rumanía del Festival de Eurovisión 2016" (en español). rtve.es. 22 de abril de 2016. Consultado o 22 de abril de 2016. 
  96. "La UER podría negar a Rumanía su participación en Estocolmo debido a su deuda" (en español). eurovision.spain. 17 de abril de 2015. Consultado o 18 de abril de 2015. 
  97. http://www.elmundo.es/television/2016/04/29/57230c27e2704eda3c8b4656.html
  98. http://www.elmundo.es/pais-vasco/2016/04/29/57231ecce5fdea00208b45cb.html
  99. "ESC’16: KOSOVO AND SPAIN CHALLENGE FLAG RULES". 
  100. "REAGON ASHPËR MENAXHMENTI I RTK PËR SKANDALIN E EUROVIZIONIT" (en albanés). 
  101. "Eurovisión rectifica tras las explicaciones solicitadas por RTVE y pide disculpas". 
  102. "MAY 2, 2016Palestinian officials add their voices to Eurovision flag controversy PALESTINIAN OFFICIALS ADD THEIR VOICES TO EUROVISION FLAG CONTROVERSY". 
  103. "ESC’16: EBU RELAXES THE FLAG POLICY". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Austria Viena 2015

Festival de Eurovisión

Estocolmo 2016
Sucesor:
Ucraína Kíiv 2017