NRK
NRK | |
---|---|
Tipo | negocio, empresa estatal, radiodifusora pública e empresa produtora |
Data de fundación | 1933 |
Director/a | Thor Gjermund Eriksen, Vibeke Fürst Haugen, Hans-Tore Bjerkaas, John G. Bernander, Einar Førde, Bjartmar Gjerde, Torolf Elster, Hans Jacob Ustvedt, Kaare Fostervoll, Toralv Øksnevad e Olav Midttun |
Nº de empregados | 3.400 (2020) |
Organización subsidiaria | Radio Norway International, NRK Drama e NRK aktivum |
Premios | Premio de lingua de signos do Consello da Lingua |
Sede | NRK Marienlyst |
País | Noruega |
Na rede | |
https://www.nrk.no/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
NRK (Norsk Rikskringkasting) é a compañía pública de radio e televisión de Noruega, é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión. O seu financiamento procede principalmente das cotas dos televidentes e das vendas de programas e DVD.
Historia
[editar | editar a fonte]A NRK fundouse o 24 de xuño de 1933 seguindo o modelo da BBC, o 1 de xullo comezou a emitir regularmente, eliminándose progresivamente todas as licenzas de radio privadas que se converteron en parte da NRK[1]. Durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial os transmisores de radio da NRK utilizáronse para transmitiren propaganda nazi cara a Escocia, Irlanda do Norte e Escandinavia. O goberno no exilio reorganizou a NRK dirixida por Toralv Øksnevad que transmitía a través do servizo exterior da BBC cara a Noruega e que redifundían ducias de emisoras clandestinas en toda Noruega, o anuncio de Dette er London! (Aquí Londres) converteuse nunha voz de chamada para a resistencia norueguesa, nun momento no que se condeaba coa pena de morte a escoita de emisións estranxeiras. Tamén desde Boston por onda curta e dirixido por Gunnar Nygård transmitiu a NRK no exilio programas dirixidos aos mariñeiros noruegueses espallados por todo o mundo.
En 1948 comezou a funcionar o servizo exterior de radio, Utenlandssendingen por onda curta transmitindo en noruegués e inglés e que estivo en activo ata o 1 de xaneiro de 2002. En 1950 a NRK foi un dos fundadores da UER, en 1954 comezou as transmisións de televisións que se fixeron regulares desde 1960. En 1975 deixou de ter o monopolio sobre as estacións de radio e en 1984 estableceu a súa segunda canle de radio.
Canles
[editar | editar a fonte]Radio
[editar | editar a fonte]
|
|
a Accesible en FM nalgunhas partes do país |
c En cooperación coa SVT e a YLE, |