Saltar ao contido

Ferrari 126C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari 126C, Ferrari 126CK
Ferrari 126C2, Ferrari 126C2B
Ferrari 126C3, Ferrari 126C4

Ferrari
Información
País Italia Italia
Fabricante Ferrari
Deseñador Mauro Forghieri
Antonio Tomaini (CK)
Harvey Postlethwaite (C2-C4)
Produción 1975 - 1980
Predecesor 312T5
Sucesor 156/85
Longo mm
Largo mm
Alto mm
Peso
Chasis De fibra de carbono e aluminio, estrutura de niño de abella monocasco
Suspensión Suspensión de dobre pinza, dentro do casco resorte / amortecedor
Motor Ferrari 021 / 031
Potencia 1496 cm³, V6, 120º Turbo
Transmisión Ferrari, de 6 velocidades caixa de cambios secuencial transversal
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos Goodyear
Debut Gran Premio da Arxentina de 1981
Pilotos 27. Gilles Villeneuve
27. Francia Patrick Tambay
27. Italia Michele Alboreto
28. Francia Didier Pironi
28. Mario Andretti
28. Francia René Arnoux
Carreiras 62
Gañadas 10
Poles 10
Voltas rápidas 12
Camp. Cons. 2 (1982, 1983)
Camp. Pilt. 0
* "Scuderia Ferrari Formula 1" [Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari] (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2019. 

O Ferrari 126C foi o coche co que Ferrari competiu na tempada de Fórmula Un de 1981. Foi o primeiro intento dun equipo, cun motor Turbo, nun coche de Fórmula 1, que foi deseñado por Mauro Forghieri e Harvey Postlethwaite e utilizouse entre o 1981 e 1984.

Historia do desenvolvemento e da carreira

[editar | editar a fonte]

O Ferrari 126C foi deseñado para substituír a exitosa pero obsoleta serie 312T en uso desde 1975. O chasis básico era case idéntico ao modelo anterior, pero co máis pequeno motor V6 Turbo adaptado ao efecto solo, agora a aerodinámica necesítase para ser competitivo, e era un mellor paquete global. O coche foi probado por primeira vez durante o Gran Premio de Italia en 1980. Nas probas resultou moito máis rápido que o chasis 312T5 que o equipo segue utilízando e Gilles Villeneuve prefire, aínda que tiña reservas acerca do seu manexo. A falta de fiabilidade do motor turbo deu ao traste cas esperanzas de Villeneuve no campionato de 1981, pero logrou dúas vitorias consecutivas en Mónaco e España, así como varios podios. Debido á problemática de manexo o 126CK amosaba os seus mellores momentos nas pistas rápidas, como Hockenheim, Silverstone, Monza e Österreichring. O coche demostrou ser moi rápido, pero Gilles Villeneuve atopaba o manexo atroz, chamando ó coche "o gran Cadillac vermello". O motor tiña un masivo atraso na entrada do turbo, seguido por unha curva de potencia feroz, o que alteraba o equilibrio do chasis. Xunto á suspensión dura, o coche tendía a deslizarse nas curvas antes de que o efecto solo levara o coche de novo a pista. Isto tivo efectos non desexados, expoñendo aos pilotos a unha maior forza de gravidade que o Williams FW07 ou o Brabham BT49 e facendo que o coche tendese a un desgaste excesivo dos seus pneumáticos. O que fixo del unha experiencia de condución moi difícil. Este foi particularmente o caso en Österreichring, onde un grupo de 6 coches de aspiración natural, coches máis manexables desfilaran detrás de Didier Pironi un gran número de voltas, sen que ningún deles poidese atopar o camiño para adiantalo con facilidade, debido á vantaxe de potencia de Ferrari, no moi rápido circuíto austríaco. O mesmo sucedeu no Jarama ese ano; 4 coches quedaron atrapados detrás de Villeneuve no estreito e revirado circuíto, Villeneuve foi capaz de conter aos 4 coches detrás del na recta principal pola súa vantaxe de potencia, e aínda que facían intento tras intento por pasar a Villeneuve, Villeneuve foi capaz de conter aos 4 coches para lograr a vitoria.

Coa chegada de Harvey Poslethwaite fíxose unha revisión completa do coche para a tempada 1982, as cousas víanse mellor. O motor turbo foi desenvolvido e atopou fiabilidade, mentres que o chasis redeseñouse por completo, co primeiro e xenuíno monocasco campleto de Ferrari. Máis pequeno e áxil, o 126C2 manexabase moito mellor que o seu predecesor. Villeneuve e Didier Pironi acadaron marcas nas probas co novo coche e comezou unha tempada prometedora con varios resultados sólidos. Logo veu a infame carreira en San Marino logo da cal Villeneuve acusou a Pironi de desobedecer as ordes de equipo. As consecuencias da carreira precederon á morte de Villeneuve nun terrible accidente durante a clasificación na seguinte carreira en Bélxica, que deixou a Pironi como líder do equipo. O mesmo Pironi estivo a piques de morrer nun accidente similar en Alemaña, pondo fin á súa carreira no automobilismo, pero isto non detivo a Ferrari para gañar o campionato de construtores dese ano. Os 126C2 desenvolvéronse aínda máis durante a tempada, con novas ás e probas de carrocería, e a potencia do motor aumentada a 650 CV en cualificación e ao redor de 600 CV nas carreiras.

Os fondos planos obrigatorios para os coches foron introducidos para 1983, o que reducía o efecto solo, e o 126C3 foi deseñado con isto en mente. Poslethwaite deseñou un alerón traseiro de gran tamaño, pero eficaz, que recuperaba ao redor do 50% da carga aerodinámica perdida, os enxeñeiros lograron unha compensación adicional que incrementou a potencia do motor aínda máis, ao redor de 800 CV na clasificación e máis de 650 CV para a competición, consideradas xeralmente como as mellores cifras de potencia producidas en 1983. Patrick Tambay e René Arnoux anotaron catro vitorias entre eles e os dous estaban na pelexa polo campionato do mundo ao longo de 1983, pero a falta de fiabilidade custoulles o campionato a ambos. Con todo, Ferrari gañou o título de construtores por segundo ano consecutivo.

A tempada 1984 non foi tan exitosa, McLaren presentou o seu exitoso coche MP4 / 2, que era moito máis efectivo que o 126C4 e dominou todo o ano. Aínda que o 126C4 gañou só unha vez no ano 1984 foi oportunamente no Gran Premio de Bélxica en Zolder, onde Villeneuve morrera en 1982 e foi o italiano Michele Alboreto pilotando o nº 27 (como fixera Villeveuve), que gañou a súa primeira carreira para o equipo. Alboreto tamén anotou a única pole position do equipo na tempada en Zolder. Ferrari finalmente terminou como subcampión no campionato de construtores, con 86 puntos por detrás dos McLaren e 10 puntos de vantaxe sobre o Lotus - Renault.

Os autos da serie 126C gañaron 10 carreiras, tivo 10 pole positions e obtivo 260´5 puntos.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pts. Pos.
1981 126CK Ferrari V6 (t/c) M


USW BRA ARX SMR BEL MON ESP FRA RU ALE AUT NED ITA CAN CPL 34
Gilles Villeneuve Ret Ret Ret 7 4 1 1 Ret Ret 10 Ret Ret Ret 3 DSC
Francia Didier Pironi Ret Ret Ret 5 8 4 15 5 Ret Ret 9 Ret 5 Ret 9
1982 126C2 Ferrari V6 (t/c) G RSA BRA USW SMR BEL MON DET CAN NED RU FRA ALE AUT SUI ITA CPL 74
Gilles Villeneuve Ret Ret DSC 2 NTS
Francia Didier Pironi 18 6 Ret 1 NTS 2 3 9 1 2 3 NTS
Francia Patrick Tambay 8 3 4 1 4 NTS 2 NTS
Mario Andretti 3 Ret
1983 126C2B
126C3
Ferrari V6 (t/c) G BRA USW FRA SMR MON BEL DET CAN RU ALE AUT NED ITA EUR RSA 89
Francia Patrick Tambay 5 Ret 4 1 4 2 Ret 3 3 Ret Ret 2 4 Ret Ret
Francia René Arnoux 10 3 7 3 Ret Ret Ret 1 5 1 2 1 2 9 Ret
1984 126C4 Ferrari V6 (t/c) G BRA RSA BEL SMR FRA MON CAN DET DAL RU ALE AUT NED ITA EUR POR 57´5
Francia René Arnoux Ret Ret 3 2 4 3 5 Ret 2 6 6 7 11 Ret 5 9
Italia Michele Alboreto Ret 11 1 Ret Ret 6 Ret Ret Ret 5 Ret 3 Ret 2 2 4