Saltar ao contido

Falstaff (ópera)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Falstaff
Portada da edición de Ricordi.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos, 6 cadros
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaArrigo Boito
Fontes literariasWilliam Shakespeare, The Merry Wives of Windsor e Henry IV (partes I E II)
Estrea9 de febreiro de 1893
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas 15 minutos[1]
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Localización da partituraArchivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

Sir John Falstaff (barítono)
Ford (barítono dramático)
Fenton (tenor lírico ou lixeiro)
Dr. Cajus (tenor lírico ou lixeiro)
Alice Ford (soprano lírica)
Meg Page (mezzosoprano)
Mrs Quickly (contralto)
Nanetta (soprano lírica ou lixeira)
Bardolfo (tenor lixeiro)
Pistola (baixo)[2]
Sirvientes, xentes de Wilndsor[3]

Falstaff é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boito, que é unha adaptación da obra teatral de William Shakespeare The Merry Wives of Windsor (As alegres comadres de Windsor) e pequenas pasaxes de Henry IV, tamén de Shakespeare. Así, como en Otello, Falstaff presenta un libreto que, ademais de basearse no texto de Shakespeare, respecta e dialoga coas características do dramaturgo inglés. Foi a última ópera de Verdi, escrita cando o compositor xa tiña 77 anos, e a súa segunda ópera cómica das vinte e seis que compuxo. Así como en Macbeth e Otello, esta foi a terceira ópera de Verdi baseada nunha obra de Shakespeare. Foi estreada o 9 de febreiro de 1893 no Teatro alla Scala de Milán cun grande éxito.

Verdi sopesara a posibilidade de escribir unha ópera baseada no Rei Lear, e Arrigo Boito máis tarde tentou interesalo en Antonio e Cleopatra,[4] mais ningún dos proxectos foi levado a termo.

Non acadou a gran popularidade doutras óperas de Verdi que a precederon como Aida e Otello. Falstaff foi admirada polo público e a crítica debido á súa brillante orquestración, ao seu chispeante libreto e á súa refinada invención melódica. Esta ópera está no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.De feito esta ópera aínda se representa con frecuencia por todo o mundo, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. no posto n.º 24 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 14.ª en italiano e a sexta de Verdi, logo de La traviata, Rigoletto, Aida, Nabucco e Il trovatore.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 9 de febreiro de 1893[5]
(Director: Edoardo Mascheroni)[6]
Sir John Falstaff, cabaleiro obeso Barítono Victor Maurel
Mr Ford, cabaleiro rico Barítono Antonio Pini-Corsi
Alice Ford, súa dona soprano Emma Zilli
Nannetta, súa filla soprano Adelina Stehle
Meg Page, dama adiñeirada mezzosoprano Virginia Guerrini
Mrs Quickly, amiga de Alice contralto Giuseppina Pasqua
Fenton, namorado de Nannetta tenor Edoardo Garbin
Dr Cajus, prometido de Nannetta tenor Giovanni Paroli
Bardolfo, secuaz de Falstaff tenor Paolo Pelagelli-Rossetti
Pistola, secuaz de Falstaff baixo Vittorio Arimondi
Pousadeiro personaxe mudo Attilio Pulcini
Robin, paxe de Falstaff personaxe mudo

Orquestración

[editar | editar a fonte]

Verdi incluíu na orquestra para Falstaff:

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 186–187. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. La Guía visual de la Ópera, Espasa, señala barítono.
  3. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  4. Steen, p. 543
  5. Lista de cantantes tomada de Budden, p. 416.
  6. Budden, p. 430

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]