Saltar ao contido

Estegosauro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stegosaurus
Rango fósil: 155 Ma-150 Ma
Xurásico superior

Esqueleto montado dun estegosauro.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Thyreophora
Infraorde: Stegosauria
Familia: Stegosauridae
Xénero: Stegosaurus
Marsh, 1877
Especies

O estegosauro[1] (Stegosaurus, do grego "lagarto con tellado") é un xénero de dinosauros tireóforos estegosáuridos, que viviron a finais do período Xurásico, hai aproximadamente entre 156 e 144 millóns de anos, no Kimeridgiano e o Titoniano, no que hoxe é América do Norte e Europa. Debido ás súas distintivas espiñas da cola e placas, Stegosaurus é un dos máis recoñecidos dinosauros, xunto con Tyrannosaurus, Triceratops, Velociraptor e Apatosaurus. O nome de Stegosaurus significa "réptil con tellado" e deriva do antigo grego στέγος, stegos- ("tellado ou teito") e σαῦρος, -sauros ("lagarto"). Polo menos tres especies foron identificadas na porción superior da Formación Morrison no oeste dos Estados Unidos e son coñecidas polo menos por 80 individuos entre todas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.