Dismaland
Dismaland | |
---|---|
Tipo | exhibición de arte |
En | Weston-super-Mare |
País | Reino Unido |
51°20′27″N 2°58′58″O / 51.3409, -2.9828 | |
Na rede | |
http://www.dismaland.co.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dismaland foi un proxecto artístico temporal organizado polo artista da rúa Banksy, construído na vila resort de Weston-super-Mare en Somerset, Inglaterra, aberto durante varias semanas ao final do verán e principio do outono de 2015.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Preparado en segredo, a exhibición temporal do "Tropicana", unha piscina pública sen uso, foi unha "versión sinistra de Disneyland" que abriu durante a fin de semana do 21 de agosto de 2015[2] e pechou permanentemente o 27 de setembro de 2015, 36 días despois. Banksy describiuno como un "parque temático non apto para nenos."[3]
Na construción do parque participaron até 58 artistas de 27 países diferentes convidados persoalmente polo autor.[4] Pódense atopar obras inéditas de artistas como Damien Hirst, Jenny Holzer, Mike Ross, Ben Long, Dietrich Wegner e Jimmy Cauty.
O nome elixido para o parque xoga coa verba inglesa Dismal que quere dicir deprimente; e pretende ser unha sátira irónica de Disneyland, cousa que pon de manifesto no seu logo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morris, Steven (18 de agosto de 2015). The Guardian, ed. "Banksy fans flock to Weston-super-Mare after Dismaland show rumours". Consultado o 18 de agosto de 2015.
- ↑ Bristol Post, ed. (17 de agosto de 2015). "Is Banksy about to open a new exhibition in Weston-super-Mare?". Consultado o 18 de agosto de 2015.
- ↑ BBC News (ed.). "Banksy Dismaland show revealed at Weston's Tropicana – BBC News". Consultado o 20 de agosto de 2015.
- ↑ Lourdes Gómez, ed. (21 de agosto de 2015). "Dismaland, el parque menos divertido del mundo". El Confidencial (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dismaland |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)