Comunidade autónoma
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.
Características
[editar | editar a fonte]A estrutura do Estado Español en Comunidades Autónomas recóllese na Constitución española de 1978. O artigo 2 recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o Estado. Esta disposición baséase na premisa da unidade indisoluble do estado español, que aparece citada como patria común de todos os españois. Non obstante, dende diversos sectores nacionalistas[1] ou de esquerdas[2] este segundo artigo constitucional é presentando coma un punto excluínte e de discordia ao negar o dereito de autodeterminación aos pobos que a día de hoxe están baixo a tutela do Estado, tendo especial relevancia aqueles considerados nacións.
O texto da Constitución establece os poderes que poden ser asumidos polas Comunidades Autónomas e aqueles que só se lle poden atribuír ó Estado.
A división política e administrativa de España ten a forma de 17 comunidades autónomas, ademais de Ceuta e Melilla, cuns estatutos de autonomía que lles outorgan o rango de Cidades autónomas.
A promulgación da Constitución Española de 1978, que recolle o dereito de autonomía das nacionalidades e rexións que compoñen o estado español, supuxo un cambio total con respecto ao réxime anterior, que se baseaba en plans centralizados tradicionais. Isto daba resposta a un problema que xa xurdira repetidamente na historia de España como resultado das diferentes identidades sobre as que se construíu a unidade do estado español. Unha parte significativa da povoación nega aínda hoxe que concorde con esta unidade do estado español mentres non se recoñeza totalmente a existencia de soberanía nacional das nacións do estado minorizadas.
Tras a ratificación da Constitución Española, e como resultado da posta en funcionamento dos principios contidos no Título VIII, no curso duns poucos anos completouse o proceso de instauración das 17 Comunidades Autónomas e foron aprobados os seus estatutos. Foron tamén dotadas do seu propio órgano de goberno e institucións representativas.
Comunidades Autónomas de España
[editar | editar a fonte]
As dúas cidades autónomas son:
Comunidades autónomas por superficie
[editar | editar a fonte]Lista de comunidades autónomas españolas ordenadas por superficie.
Lugar | Nome | Superficie en Km² |
Porcentaxe |
---|---|---|---|
1 | Castela e León | 94.223 | 18,6% |
2 | Andalucía | 87.268 | 17,2% |
3 | Castela-A Mancha | 79.463 | 15,7% |
4 | Aragón | 47.719 | 9,4% |
5 | Estremadura | 41.634 | 8,2% |
6 | Cataluña | 32.114 | 6,3% |
7 | Galicia | 29.574 | 5,8% |
8 | Comunidade Valenciana | 23.255 | 4,6% |
9 | Rexión de Murcia | 11.313 | 2,2% |
10 | Principado de Asturias | 10.604 | 2,1% |
11 | Navarra | 10.391 | 2,1% |
12 | Comunidade de Madrid | 8.028 | 1,6% |
13 | Illas Canarias | 7.447 | 1,5% |
14 | País Vasco | 7.234 | 1,4% |
15 | Cantabria | 5.321 | 1 % |
16 | A Rioxa | 5.045 | 1,0% |
17 | Illas Baleares | 4.992 | 1 % |
18 | Ceuta | 19 | 0 % |
19 | Melilla | 12 | 0 % |
T o t a l | 505.988 | 100% |
Comunidades autónomas por poboación
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Lista de comunidades autónomas españolas ordenadas por poboación (datos do padrón municipal de habitantes, INE á data 01/01/2013).
Lugar | Nome | Poboación | Porcentaxe | Densidade |
---|---|---|---|---|
1 | Andalucía | 8 394 209 | 17,85 % | 96,83 hab./km² |
2 | Cataluña | 7 465 619 | 15,98 % | 234,83 hab./km² |
3 | Comunidade de Madrid | 6 409 216 | 13,75% | 809,00 hab./km² |
4 | Comunidade Valenciana | 4 998 464 | 10,84 % | 220,05 hab./km² |
5 | Galicia | 2 761 730 | 5,92 % | 94,52 hab./km² |
6 | Castela e León | 2 517 157 | 5,42 % | 27,15 hab./km² |
7 | País Vasco | 2 174 474 | 4,63 % | 301,99 hab./km² |
8 | Illas Canarias | 2 105 851 | 4,51 % | 285,59 hab./km² |
9 | Castela-A Mancha | 2 094 957 | 4,48 % | 26,62 hab./km² |
10 | Rexión de Murcia | 1 459 671 | 3,12 % | 129,95 hab./km² |
11 | Aragón | 1 338 495 | 2,85 % | 28,21 hab./km² |
12 | Illas Baleares | 1 110 399 | 2,36 % | 222,97 hab./km² |
13 | Estremadura | 1 101 303 | 2,35 % | 26,58 hab./km² |
14 | Principado de Asturias | 1 067 457 | 2,35 % | 101,99 hab./km² |
15 | Navarra | 638.390 | 1,36 % | 61,79 hab./km² |
16 | Cantabria | 589.651 | 1,26 % | 111,47 hab./km² |
17 | A Rioxa | 319.003 | 0,68 % | 59,67 hab./km² |
18 | Ceuta | 84.504 | 0,17 % | 4.335,58 hab./km² |
19 | Melilla | 83.762 | 0,17 % | 6.380,16 hab./km² |
T o t a l | 47 190 493 | 100 % | 93,51 hab/km² |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O PNV advirte que a unidade non se impón
- ↑ "A anomalía democrática da constitución española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09/06/2019. Consultado o 21/06/2009.